Castro de Santa Marta
Aparencia
Castro de Santa Marta | |
---|---|
Parroquia | Baíña |
Concello | Baiona |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA36003002 |
Cronoloxía | |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Santa Marta é un castro situado na península de Santa Marta, na parroquia de Baíña, concello pontevedrés de Baiona.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Consta dun recinto fortificado situado sobre unha península que constitúe unha defensa natural.
Está organizado mediante aterrazamentos. Non hai indicios visibles da existencia de edificios nin defensas, excepción feita do terraplén da croa, de difícil datación. Está parcialmente alterado por obras de construción. Sobre a croa hai unha capela de orixe medieval cuxa contorna foi recentemente axardinada, e no extremo oposto á praia hai un peirao.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catálogo do patrimonio cultural. PXOM de Baiona. Novembro do 2007.