Castro de Subiña
Castro de Subiña | |
---|---|
Parroquia | Serantes |
Concello | Oleiros |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15058003 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | ? ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Subiña, tamén chamado Vixía de Subiña ou Atalaia de Subiña, é un castro situado na parroquia de Serantes, no concello coruñés de Oleiros.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Consta dun recinto fortificado a través de dúas estruturas circulares concéntricas. As súas dimensións son duns 140 metros de diámetro, o recinto principal ten uns 75 metros de diámetro no eixo norte-sur e 65 metros no eixo este-oeste.
Está defendido na súa metade norte por un muro de ata 3 metros de altura exterior. Sobre el hai un parapeto de 1,5 metros que descende cara ao sur. O segundo recinto, concéntrico respecto do anterior, atópase defendido por un terraplén duns 2,5 metros de altura. O acceso a ambos recintos realízase pola parte meridional.
Conservación
[editar | editar a fonte]Obras recentes de construción de varias vivendas unifamiliares afectaron parcialmente ó terraplén da plataforma exterior.
Actualmente a vexetación impide acceder ós restos do castro.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.