Saltar ao contido

Castro de Traxeito


Castro de Traxeito
ParroquiaLaíño
ConcelloDodro
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15033006
Cronoloxía
Estado actualsen escavar
Extensión estimada0,7 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

O castro de Traxeito[1] é un poboado castrexo situado nunha pequena plataforma nas saias do monte Meismadela, en Traxeito, (Laíño, Dodro).

Ten forma case circular, alongándose un pouco no sur. A croa é circular con afloramentos no centro, o parapeto está formado por grandes pedras, aínda visibles; e os foxos foron cegado. Conserva algún muro de pedra.

Está recollido no inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia co código GA15033006.