Castro do Croado
Castro do Croado | |
---|---|
Parroquia | Cereixo |
Concello | Vimianzo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15092022 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | Idade de Ferro |
Extensión estimada | 0,8 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O Castro do Croado ou Cruado é un castro galaico, situado na parroquia de Cereixo, no concello da Vimianzo.
Descrición
[editar | editar a fonte]O Croado domina a paisaxe da parroquia. A súa coroa (de aí o nome Croado ou Cruado, de Coroado) destaca reforzada pola vexetación que aflora sobre a fortificación do asentamento.
De planta ovalada, posúe unhas dimensións de 125 × 80 metros, ocupando unha superficie aproximada de 0,8 hectáreas. Conserva ben restos da súa muralla perimetral, acompañada de parapeto e foxo, que acolle socalcos dispostos de maneira concéntrica.
Aparece incluído no Inventario do patrimonio cultural do Concello de Vimianzo e goza do grao de protección integral[1] e tamén foi un dos dez castros de Vimianzo identificados na obra O poboamento castrexo na rexión occidental da provincia da Coruña, de Xerardo Agrafoxo[2]. Está incluído no PXOM de Camariñas.
Tradición oral
[editar | editar a fonte]Hai unha antiga lenda no castro do Croado que os veciños aínda lembran hoxe en día. O dito di: “Cruado, Cruado, quen me dera o teu reinado”. Cóntase que no lugar ocorren sucesos de difícil explicación. Segundo a tradición popular nese monte os mouros gardaron un tesouro nun caldeiro e aquel que intentou atopalo sufriu estraños accidentes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Inventario do patrimonio cultural do Concello de Vimianzo" (PDF). Consultado o 2016-08-15.
- ↑ "Cultura castrexa". Concello de Vimianzo. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Castro do Croado na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.