Saltar ao contido

Castromaior, Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castromaior
Padrón, lugar de Castromaior.
ConcelloAbadín[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°20′00″N 7°32′00″O / 43.33333333, -7.53333333
Área11,93 km²
Poboación145 hab. (2023)
Densidade12,15 hab./km²
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Castromaior é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Limita coas parroquias de Candia, Goás e Aldixe; e a de Corvelle (no concello de Vilalba).

Pertence ó arciprestado de San Simón e ten 145 habitantes distribuídos en 9 entidades de poboación (2023)[2]: A Arnela (2), O Barral (29), Billetes (13), Celme (16), Egoeiras (17), Fontefeal (13), Fraga (6), As Paredes (36) e Roxoa (13), sendo a súa densidade media de 12,15 hab/km2. A superficie da parroquia é de 11,93 km2. Isto supón unha diminución da poboación con respecto a 2014 cando tiña 170 habitantes, sendo 73 homes e 97 mulleres.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

A orixe do topónimo é o latín castrum, que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.[3][4]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Hórreo no Barral.
  • O Pazo da Roxoa é unha propiedade privada que non está aberta ás visitas. Está situado na ladeira dun outeiro que baixa cara ao val, con arborado abundante na leira e arredores. Ten planta rectangular con corpos engadidos na parte posterior. Na fachada principal hai unha porta de arco de medio punto, gran lápida de pedra e 2 escudos con data de 1510; o patín central é de cachotería e 4 columnas de pedra. Fonte de 2 canos con mascaróns, cerca do pazo. Capela na parte traseira. Cruceiro á entrada. Muros de cantería granítica. Cuberta de lousa a catro augas.
  • Igrexa parroquial de San Xoán de Castromaior, situada na aldea do Barral. A Igrexa está emprazada sobor dun antigo castro, construída no século XVI e reformada posteriormente. De planta rectangular, cuberta de lousa a dúas augas. Sancristía acaroada na cabeceira. Fachada coa porta de entrada de arco escarzano, arquivolta en aresta e moldura exterior sinxela; tímpano adlintelado e mochetas con decoración xeométrica; e con espadana dun só van. O muro lateral ten unha frecheira. No interior destaca o retablo maior barroco do século XVIII, dous retablos laterais de traza popular e un arco sepulcral co escudo de Xoán Montenegro, do 1622.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]
Igrexa parroquial de San Xoán.

Lugares de Castromaior

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Castromaior no concello de Abadín (provincia de Lugo)

A Arnela | O Barral | Billetes | Bioces | A Canteirada | Celme | Egoeiras | Entrelorríos | Fontefeal | Fontemuín | Fosas | Fraga | O Grandón | As Paredes | O Pazo | A Pedreira | Rega do Foxo | Roma | Roxoa | Sever | Suarriba | A Tarroeira

Parroquias de Abadín

[editar | editar a fonte]
As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bartolomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madanela) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madanela) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. "Instituto Galego de Estatística (IGE)". Nomenclátor estatístico de Galicia. Consultado o 28 febreiro 2025. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castro.
  4. "Entrada castro en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2018. Consultado o 30 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]