Fanoi, Abadín
Fanoi | |
---|---|
Sinal en Fanoi. | |
Concello | Abadín[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°22′25″N 7°29′16″O / 43.373586111111, -7.48785 |
Área | 16,06 km² |
Poboación | 110 hab. (2019) |
Densidade | 6,85 hab./km² |
Entidades de poboación | 22[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María Madanela de Fanoi[2] é unha parroquia do concello lugués de Abadín que limita coas parroquias de Labrada, Romaríz, Galgao, Quende, Fraiás, Cabaneiro e Abadín.
Pertence o arciprestado de Mondoñedo, ten 12 entidades de poboación, 12 lugares e 155 veciños, sendo a densidade media de 9,7 hab./km² no 2004. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 121 habitantes, sendo 61 homes e 60 mulleres.
Xeografía
[editar | editar a fonte]As entidades (e o seu número de habitantes) son A Barqueira (3), Os Beos (10), Caboxo (43), As Cavadas (abandonado), O Celeirote (20), Fanoi Vello (3), Os Fornos (9), Goela (4), A Irexa (7), Membribe (3), O Paxariño (4) e Regorredeiro (15). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son Os Arantes, Caboxo de Abaixo, Caboxo de Arriba, O Cal, O Castelo da Portela, Cima de Vila, As Laguceiras, Lidín, A Porta de Bouza, Tezán, O Vilar Novo e A Zurreira.
Ten unha superficie de 16,06 km², e está situada a 510 msnm. Os cumios máis altos son a Pena da Auga (831 m) e Pena Labrada (803 m).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Existe un vestixio arqueolóxico, supostamente un altar de sacrificios situado no Castelo da Portela, dise que é un monumento megalítico encravado na pedra.
A igrexa parroquial de Santa María Madalena foi construída nos primeiros anos do século XVII. Ten unha nave rectangular, capela maior cadrada e sancristía acaroada na cabeceira, con cuberta de xisto a dúas augas. Frontis con porta alintelada e espadana dun só corpo e un só van. O templo foi despoxado dos antigos retablos barrocos e imaxinería que contiña, contando con varias tallas de traza popular.
Ao cruceiro de Fanoi accédese dende o núcleo de Abadín, tomando dirección a Fanoi, polo ramal sinalizado. Está realizado en granito. Cruz con remates florenzados coa figura de Cristo no anverso; capitel con anxos os lados e volutas nas esquinas, unidos por cadeas; fuste poligonal coa figura de Santo Antón portando o Sagrado Corazón, cáliz e os atributos da Paixón; con base tronco-piramidal con inscrición.
Na aldea de Fanoi Vello atópase o cruceiro de Prados. A el accédese dende o núcleo de Abadín, dirección Fanoi, polo ramal sinalizado, e a 1,9 km encóntrase o cruceiro na marxe dereita da estrada. Está realizado en granito, e é de pequenas dimensións. Cruz con remates florenzados coa figura arcaizante de Cristo no anverso; capitel sinxelo de forma cóncava; fuste poligonal con inscricións na parte superior e base tronco-piramidal na que se le unha inscrición coa data de 1797.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Fanoi
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Fanoi no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
Os Arantes | A Barqueira | Os Beos | Caboxo de Abaixo | Caboxo de Arriba | O Cal | As Cavadas | O Celeirote | Cima de Vila | Fanoi Vello | Os Fornos | Goela | A Irexa | As Laguceiras | Lidín | Membribe | O Paxariño | A Porta de Bouza | Regorredeiro | Tezán | O Vilar Novo | A Zurreira |
Parroquias de Abadín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2022-01-12.