Saltar ao contido

Catástrofe natural

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Catástrofe»)

Avalancha.

Fenómenos naturais, como a chuvia e o vento, convértense en catástrofe natural ou desastres naturais cando superan un límite de normalidade (threshold, en inglés), medido xeralmente a través dun parámetro, que varía dependendo do tipo de fenómeno (escala de Richter para movementos sísmicos, escala Saffir-Simpson para furacáns etc.).

Os efectos dunha catástrofe natural poden amplificarse debido a unha mala planificación dos asentamentos humanos, falta de medidas de seguridade, plans de emerxencia, sistemas de alerta, precariedade social e económica... Un exemplo clásico son os terremotos, que derruban edificios e casas, deixando atrapadas a persoas entre os cascallos, rompendo tubaxes de gas que poden incendiarse e queimar aos feridos baixo o monte de cascallos.

A actividade humana en áreas con alta probabilidade de catástrofes naturais está cualificada como de alto risco. Zonas de alto risco sen instrumentación nin medidas axeitadas para responder á catástrofe natural ou reducir os seus efectos negativos cualifícanse como de zonas de alta vulnerabilidade).

Os principais institutos que abordan esta disciplina son o International Institute for Applied Systems Analysis (IIASA) de Austria, o ProVention Consortium, o Earth Institute da Universidade de Columbia, o Centro Nacional de Prevención de Desastres (CENAPRED Arquivado 16 de setembro de 2007 en Wayback Machine.) en México, e a Universidade de Kobe no Xapón, así como a ONU e o OCHA (Cooperación para Axuda Humanitaria), o ISDR (Estratexia Internacional para a Redución de Desastres), así como oficinas especiais no Banco Mundial, a CEPAL e o BID.

Tipos de catástrofes naturais

[editar | editar a fonte]

A continuación descríbense os catástrofes máis recorrentes no planeta:

Avalancha

[editar | editar a fonte]

Unha avalancha é un deslizamento brusco de material, mestura de xeo, rocha, lama e vexetación ladeira abaixo. As avalanchas poden ser de pedras ou de po. As avalanchas son o maior perigo durante o inverno nas montañas, poden percorrer quilómetros, e provocar a destrución total da ladeira e todo o que atope ao seu paso. En Montroc, Francia, en 1999, 300.000 m³ de neve deslizáronse por unha pendente de 30º alcanzando unha velocidade de 100 km/h. Matou a 12 persoas que vivían en chalés próximos enterrándoos baixo 100.000 toneladas de neve a 5 metros de profundidade. O alcalde de Chamonix foi acusado de homicidio sen premeditación.

Unha vaga de calor é unha catástrofe caracterizada pola calor extrema ou infrecuente no lugar onde acontece. As vagas de calor son estrañas e precisan combinacións especiais de fenómenos atmosféricos para ter lugar, e poden incluír inversións de temperatura, ventos catabáticos, e outros fenómenos. A peor vaga de calor da Historia recente foi a Vaga de calor europea de 2003.

Corremento de lodo

[editar | editar a fonte]

Un corremento de lodo é o deslizamento de lodo ou lama debido á chuvia caída sobre chans de pobre drenaxe. As causas poden ser a deforestación, a carencia de vexetación ou as coladas de lama orixinadas nas pendentes dos volcáns chamados lahares. Algúns corrementos de lodo son masivos e poden arrasar grandes áreas. O 10 de xaneiro de 2005, á 13:20 en La Conchita, un corremento de lodo enterrou catro barrios da cidade baixo 9 metros de terra. O balance foi de 10 persoas mortas e 14 feridos. Das 166 casas existentes, 15 foron destruídas e 16 quedaron inhabitables.

Corremento de terra

[editar | editar a fonte]
Corremento de terra.

Un corremento de terra é un catástrofe estreitamente relacionado coas avalanchas, pero en troques de arrastrar neve, levan terra, rochas, árbores, casas etc.

Os corrementos de terra poden estar provocados por terremotos, erupcións volcánicas ou inestabilidade do substrato na zona circundante. Os corrementos de barro ou lama son un tipo especial de corrementos causados pola auga que penetra no terreo polas chuvias fortes, modificando o terreo e provocando o deslizamento. Isto ocorre con certa regularidade en California durante os períodos de chuvias.

Enfermidades

[editar | editar a fonte]
Virus da gripe.

As enfermidades convértense en catástrofe cando o axente infeccioso adquire unha difusión a nivel de epidemia ou pandemia. Entre as diferentes epidemias que sufriu a humanidade están a peste negra, as vexigas e a SIDA. A gripe española de 1918 foi terrible, matando de 25 a 40 millóns de persoas. A peste negra, ocorrida no século XIV, matou arredor de 20 millóns de persoas, un terzo da poboación europea. Os vexetais e animais tamén poden verse afectados polas epidemias e pandemias.

Erupción límnica

[editar | editar a fonte]

Unha erupción límnica é unha repentina liberación de gas asfixiante ou inflamábel dun lago. Tres lagos teñen esta característica, o Lago Nyos, no Camerún, o Lago Mono, en California e o Lago Kivu, entre Ruanda e a República Democrática do Congo. En 1986 unha erupción límnica de 1,6 millóns de toneladas de CO2 do Lago Nyos asfixiou a 1.800 persoas nun radio de 32 quilómetros. En 1984, un escape de gas dióxido de carbono tivo lugar no Lago Mono, matando a 37 persoas dos arredores. Non se ten constancia de erupcións no Lago Kivu, con concentracións de metano e dióxido de carbono, mais crese que teñen lugar cada 1.000 anos.

Erupción volcánica

[editar | editar a fonte]
Erupción do Monte Santa Helena.

Os volcáns son aberturas ou gretas na codia terrestre a través da cal pode saír lava, gases, ou poden estoupar lanzando ao aire grandes bloques de terra e rochas. Esta catástrofe natural está producida pola erupción dun volcán, desde pequenas erupcións diarias como as de Kilauea, en Hawai, ou as extremadamente infrecuentes erupcións de supervolcáns en lugares como o Lago Toba. Grandes erupcións recentes son a do Monte Santa Helena e o Krakatoa, acontecidas en 1980 e 1883, respectivamente.

As situacións de frío extremo son perigosas para os humanos e para o gando. No ano 2003 morreron case 30.000 reses debido a un período de excesiva neve e frío, en Mongolia. Cando a temperatura cae, o gasto calorífico increméntase para manter a temperatura corporal. O frío en combinación con outras inclemencias do tempo é especialmente mortífero.

Treboada de Saraiba.

Unha treboada de saraiba é unha catástrofe natural onde a treboada produce grandes cantidades de saraiba que danan a zona onde cae. As treboadas de saraiba son especialmente devastadoras en granxas e campos de cultivo, matando gando, arruinando colleitas e danando equipos sensibles. Unha treboada destas características feriu Múnic (Alemaña) o 31 de agosto de 1986, esnaquizando árbores e causando danos por millóns de dólares. O Lago dos esqueletos foi nomeado así logo de que unha treboada de saraiba matara entre 300 e 600 persoas.

Fame Negra

[editar | editar a fonte]

A fame negra é unha situación que ocorre en países ou zonas xeográficas que non posúen alimentos abondos nin recursos para abastecer a poboación, elevando a taxa de mortalidade debido á fame e a desnutrición.

Afundimento de terra

[editar | editar a fonte]

Un afundimento de terra é unha depresión localizada na superficie terrestre producida polo derrubamento dalgunha estrutura interna, como unha cova. Suceden sen previo aviso e afectan aos edificios situados enriba e próximos.

Furacán Iván.

Un furacán é un sistema ciclónico a baixa presión que se forma sobre os océanos. Está causado pola evaporación da auga que ascende do mar converténdose nunha treboada. O efecto Coriolis fai que a treboada xire, converténdose nun furacán se supera os 110 km/h. En diferentes partes do mundo os furacáns son coñecidos como ciclóns ou tifóns. O furacán máis destrutivo foi o Furacán Andrew, que varreu o sur de Florida en 1992.

Impacto astronómico

[editar | editar a fonte]
Asteroide 243 Ida.

Os impactos astronómicos son causados pola colisión de grandes meteoroides, asteroides ou cometas coa Terra e poden ser os responsábeis de extincións masivas. A magnitude do catástrofe é inversamente proporcional á frecuencia coa que suceden, porque os impactos pequenos son moito máis numerosos que os grandes.

Lume forestal.

Os lumes forestais son catástrofe naturais que destrúen prados, bosques, causando grandes perdas na vida salvaxe (animal e vexetal) e en ocasións humanas. Os lumes forestais adoitan producirse por un relampo, neglixencias ou incluso provocados, queimando en calquera dos casos miles de hectáreas.

Inundación

[editar | editar a fonte]
Río Skawa desbordado, Polonia, 2001

Unha inundación é un catástrofe natural causado pola acumulación de chuvias e auga nun lugar concreto. Pode producirse por chuvia continua, unha fundición rápida de grandes cantidades de xeo, ou ríos que reciben un exceso de precipitación e se desbordan, e en menos ocasións pola destrución dunha presa. Un río que provoca inundacións a miúdo é o Huang He na China, e unha inundación particularmente forte foi a Gran Inundación de 1993.

Trombas de auga preto das Bahamas.

Unha tromba de auga ou tromba mariña é un fenómeno que ocorre en augas tropicais en condicións de chuvia. Fórmanse na base de nubes tipo cúmulo e chegan ata a superficie do mar onde recollen a marusía da auga. As trombas de auga son perigosas para os barcos, os avións e estruturas terrestres. No Triángulo das Bermudas prodúcense a miúdo.

Unha seca é un modelo meteorolóxico duradeiro consistente en condicións climatolóxicas secas e escasa ou nula precipitación. Durante este período, as colleitas e as reservas de auga minguan moito, polo que poder provocar a maiores unha fame negra. Poden durar anos e prexudican áreas onde os habitantes dependen da agricultura para sobrevivir.

Terremoto

[editar | editar a fonte]
Terremoto de San Francisco en 1906.

Un terremoto é un movemento brusco das placas tectónicas da codia terrestre. Na superficie, manifestase por un movemento do chan, e pode danar enormemente a estruturas mal construídas. Os terremotos máis poderosos poden destruír ata as construcións mellor deseñadas. Ademais, poden provocar catástrofes secundarios como erupcións volcánicas ou tsunamis.

Unha treboada é un exemplo de tempo extremo caracterizado pola presenza de raios, abundante chuvia, fortes ventos, saraiba e en ocasións neve ou tornados.

Treboada de po

[editar | editar a fonte]
Treboada de area.

Treboada eléctrica

[editar | editar a fonte]
Treboada eléctrica.

Treboada solar

[editar | editar a fonte]

Unha treboada solar é unha explosión violenta na atmosfera do Sol cunha enerxía equivalente a millóns de bombas de hidróxeno. As treboadas solares teñen lugar na coroa e a cromosfera solar, quecendo o gas a decenas de millóns de graos e acelerando os electróns, protóns e ións pesados a velocidades próximas a da luz. Producen radiación electromagnética en todas as lonxitudes de onda do espectro electromagnético, desde sinais de radio ata raios gamma. As emisións das treboadas solares son perigosas para os satélites en órbita, misións espaciais, sistemas de comunicación, redes de subministración eléctrica e todo tipo de aparato electrónico.

Tornado

Un tornado é un catástrofe natural resultado dunha treboada. Os tornados son correntes violentas de vento que poden soprar ata 500 km/h. Poden aparecer en solitario ou en grupos ao longo da liña da fronte tormentosa. O tornado máis veloz rexistrado atravesou Moore, Oklahoma o 3 de maio de 1999. O tornado alcanzou rachas de máis de 500 km/h.

Tsunami do océano Índico en 2004.

Un tsunami é unha onda xigante de auga que alcanza a beira do continente cunha altura superior a 15 metros. O termo co que se designa dito fenómeno vén das palabras xaponesas traducidas como porto e onda. Os tsunamis poden ser causados por sismos submarinos como o Terremoto do Océano Índico de 2004, ou por derrubamentos como o acontecido na Baía Lituya, Alasca. O tsunami producido polo terremoto do océano Índico no ano 2004, foi un dos máis mortíferos da historia.

Megatsunami

[editar | editar a fonte]

Un megatsunami é un tsunami que excede en inmensas proporcións o tamaño medio destes. O megatsunami máis grande rexistrado pola ciencia é o acontecido na Baía de Lituya en Alasca que superou os 500 metros de altura.

Onda brava

[editar | editar a fonte]

Chamada o terror dos mares, a onda brava ou onda errante é unha xigantesca onda mariña que pode ser xerada por un sinistro nas correntes mariñas, un tifón ou unha grande treboada. A súa perigosidade comeza cando estas alcanzan barcos xa que a súa forza é capaz de afundilos se son pequenos.

Consideracións finais

[editar | editar a fonte]

Frecuentemente xorde a pregunta na comunidade científicas sobre canto ten de natural unha catástrofe natural, é dicir, que a actividade humana pode ser en parte responsábel polo acelerado ritmo de quecemento do planeta (véxase tamén Protocolo de Kyoto e IPCC). Tamén se discute sobre o factor económico, que fai máis vulnerábeis aos máis pobres.

No gráfico pódese apreciar unha tendencia de incremento dos rexistros de catástrofes naturais ao longo de dúas décadas.[1]

  1. At Risk Traducido como: Vulnerabilidad - El entorno social, político y económico de los catástrofes. Piers Blaikie, Terry Cannon, Ian Davis, Ben Wisner. Primera edición 1995. Colombia ISBN 958-601-664-1

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Wister MJ. Setzer CJ, Barry BE. Mercer RR, Grady MA. Inhalation Studies of St. Helens Volcanic Ash in Animals: Respiratory Mechanics, Airway Reactivity and Deposition. Environmental Research 1985;36:230-240.
  • Maldonado DG. Efectos de la ceniza volcánica sobre el aparato respiratorio. Memorias de un Simposio. Centro de Documentación de la Representación de OPS/OMS en el Ecuador. Catálogo 570.
  • Yano E, Yokoyama Y, Higashi H, Nishii S, Maeda K, Koisumi A. Health effects of volcanic ash: a repeat study. Arch Environ Health. 1990 Nov-Dic. 45 (6): 367-73.
  • Zevallos JL, Meli R, Vilchis A, Barrios L. The effects of volcanoes on health: preparedness in México. World Health Stat Q. 1996; 49(3-4):2004-8.
  • Neukirch F, Pin I, Knani J y colaboradores. Prevalence of asthma and asthma-like symptoms in te Frenc cities. Respir Med 1995 Nov: 89(10): 685-92.
  • Fishiwick D, Bradshaw L, Kemp T y col. Respiratory questionnaire responses: How they change with timw. N. Z. Med J 1997. Aug. 22,110 (1050): 305-07.
  • Bradshaw L, Fishiwick D, Kemp T y col. Under the volcano: fire ash and asthma? N. Z. Med J 1997 Mar 28; 110(1040): 90-1.
  • Seaman J, Leivesley S, Hogg C. Erupciones volcánicas en: Epidemiología de Desastres Naturales. México DF. Harla, S.A. de C.V. 1989: 141-155.
  • Seaman J, Leivesley S, Hogg C. Enfermedades transmisibles e o seu control despois de catástrofes naturais. En: Epidemioloxía de Desastres Naturales. México D.F: Harla, S.A. de C.V. 1989:39-58.
  • Organización Panamericana de la Salud, 1981. Los efectos del desastre sobre la salud y un enfoque de socorro. En: Publicación Científica N. 443.
  • Administración sanitaria de emergencias con posterioridad a los desastres naturales. Washington, D.C.: Organización Panamericana de la Salud, 1981: 59-76.
  • Beaglehole R, Bonita R, Kjellstrom ED. Epidemiología Ambiental y Laboral. En: Epidemiología Básica. Washington, D.C.: Organización Panamericana de la Salud, 1996: 123-137.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]