Caterina Cornaro (ópera)
Caterina Cornaro | |
---|---|
Retrato de Caterina Cornaro por Tiziano. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos cun prólogo |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Giacomo Sacchero |
Estrea | 12 de xaneiro de 1844 |
Teatro da estrea | Teatro San Carlo |
Lugar da estrea | Nápoles |
Música | |
Compositor | Gaetano Donizetti |
Personaxes | |
Caterina Cornaro (soprano) |
Caterina Cornaro ossia La Regina di Cipro (en galego Catalina Cornaro ou A raíña de Chipre) é unha traxedia lírica ou ópera nun prólogo e dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Giacomo Sacchèro, baseado no libreto de Jules-Henri Vernoy de Saint-Georges para a ópera La reine de Chypre (1841) de Halévy. Baséase na vida de Caterina Cornaro (1454-1510), raíña de Chipre de 1474 a 1489. Estreouse no Teatro San Carlo de Nápoles o 12 de xaneiro de 1844.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece con só 1 representación no período 2005-2010.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 12 de xaneiro de 1844 (Director: - ) |
---|---|---|
Caterina Cornaro, nobre veneciana | soprano | Fanny Goldberg |
Matilde, dama de Caterina | mezzosoprano | Anna Salvetti |
Gerardo, prometido de Caterina | tenor | Gaetano Fraschini |
Lusignano, rei de Chipre | barítono | Filippo Coletti |
Mocenigo, membro do Consello dos Dez | baixo | Nicola Benevento |
Andrea Cornaro, pai de Caterina | baixo | Marco Arati |
Strozzi, compañeiro de Mocenigo | tenor | Anafesto Rossi |
Un cabaleiro do rei | tenor | Domenico Ceci |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |