Cayo Lara
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1952 (72 anos) Argamasilla de Alba, España (pt) |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
29 de novembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electo en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Federal coordinator of United Left (en) | |
14 de decembro de 2008 – 4 de xuño de 2016 ← Gaspar Llamazares – Alberto Garzón → | |
Mayor of Argamasilla de Alba (en) | |
13 de xuño de 1987 – 12 de xuño de 1999 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, labrego |
Partido político | Izquierda Unida Partido Comunista de España |
Participou en | |
14 de decembro de 2018 | Q68809228 |
Cayo Lara Moya, nado en Argamasilla de Alba (Cidade Real) en 1952, é un político español, membro do Partido Comunista de España e coordinador xeral de Izquierda Unida.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Agricultor de profesión, foi un dos impulsores do sindicato COAG. Foi alcalde de Argamasilla de Alba entre 1987 e 1999. Dende 2000 é coordinador xeral de IU de Castela-A Mancha. Como tal foi nunha ocasión, en 2007, candidato á presidencia da Xunta de Comunidades, sen obter escano. Destacou na rexión pola súa loita en defensa dunha lei electoral máis democrática e contra a especulación urbanística, en apoio do alcalde de Seseña fronte ao construtor Francisco Hernando, coñecido como El Pocero.
Liderado de Esquerda Unida estatal
[editar | editar a fonte]Na IX Asemblea Federal de Esquerda Unida, en novembro de 2008, foi candidato a coordinador xeral, avalado polo PCE e outros sectores, obtendo un 43 % dos votos dos delegados e sendo elixido membro do Consello Político Federal. Na xuntanza dese órgano celebrada o 14 de decembro de 2008, foi elixido como o sucesor de Gaspar Llamazares á fronte da organización, cun 55 % dos votos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Gaspar Llamazares |
Coordinador xeral de IU 2008 - |
Sucesor: no cargo |