Saltar ao contido

Alberto Garzón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaExcelentísimo Señor Editar o valor en Wikidata
Alberto Garzón

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alberto Carlos Garzón Espinosa​ Editar o valor en Wikidata
9 de outubro de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Logroño, España Editar o valor en Wikidata
Minister for Consumer Affairs (en) Traducir
13 de xaneiro de 2020 – 20 de novembro de 2023
← Salvador IllaPablo Bustinduy →
Deputado no Congreso dos Deputados
Representa: Izquierda Unida

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Málaga

Electo en: Q69822173 Traducir
Deputado no Congreso dos Deputados
20 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Málaga

Deputado no Congreso dos Deputados
12 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Federal coordinator of United Left (en) Traducir
5 de xuño de 2016 –
← Cayo Lara
Deputado no Congreso dos Deputados
7 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
29 de novembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016

Circunscrición electoral: Málaga

Datos persoais
ResidenciaRivas-Vaciamadrid Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Málaga (pt) Traducir
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Sevilla Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, economista, ministro Editar o valor en Wikidata
Partido políticoIzquierda Unida
Partido Comunista de España
Mixed Parliamentary Group (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsEduardo Garzón Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Páxina webagarzon.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm4553684 Facebook: alberto.garzon.espinosa Twitter: agarzon Instagram: agarzoniu Telegram: AlbertoGarzon BNE: XX4824937 Dialnet: 2703481 Editar o valor en Wikidata

Alberto Carlos Garzón Espinosa, nado en Logroño o 9 de outubro de 1985, é un economista e político español ligado á Izquierda Unida. Dende xaneiro de 2020 até novembro de 2023 foi o ministro de Consumo do goberno de España, presidido por Pedro Sánchez.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi investigador na Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, así como membro do colectivo Economía crítica y crítica de la economía. Militante de Izquierda Unida, dende as eleccións xerais de 2011 en España é deputado no Congreso dos Deputados pola dita formación.

Membro da Unión de Juventudes Comunistas de España e militante de Izquierda Unida dende 2003, Garzón é licenciado en Economía pola Universidade de Málaga, cun mestrado en Economía Internacional e Desenvolvemento pola Universidade Complutense de Madrid[1] Tamén é membro de ATTAC (organización que promove o control democrático dos mercados financeiros).[2]

O 2 de outubro de 2011 foi elixido para encabezar a lista de Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía por Málaga para as Eleccións xerais de España,[3] resultando elixido deputado,[4] sendo o deputado máis novo do congreso nesa lexislatura.

O 29 de novembro de 2011, Garzón e mais o seu compañeiro de filas Cayo Lara convertéronse nos primeiros deputados españois en renunciar ao sistema de pensións privado que se lles concede aos membros do Congreso.[5]

En 2019, tanto nas eleccións xerais de abril coma nas de novembro, Garzón foi cabeza de lista de Unidas Podemos pola circunscrición de Málaga, sendo elixido en ambas ocasións deputado.

Após as eleccións xerais de novembro, formouse en España un goberno de coalición (o primeiro da historia) entre o PSOE e Unidas Podemos, presidido por Pedro Sánchez. Garzón pasou a ocupar o cargo de ministro de Consumo o 13 de xaneiro de 2020, día en que prometeu o cargo.

  • La crisis financiera. Guía para entenderla y explicarla (2009; canda a Juan Torres López)
  • La crisis de las hipotecas basura. ¿Por qué se cayó todo y no se ha hundido nada? (Editorial Sequitur & ATTAC España, 2009; canda a Juan Torres López)
  • ¿Están en peligro las pensiones públicas? (Editorial Attac España, 2010; canda a Juan Torres López e Vicenç Navarro)
  • Hay alternativas (Editorial Sequitur & Attac España, 2011; canda a Juan Torres López e Vicenç Navarro)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]