José Manuel Albares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Manuel Albares Bueno 22 de marzo de 1972 (52 anos) Madrid, España |
Ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación | |
12 de xullo de 2021 – ← Arancha González Laya | |
Embaixador de España en Francia | |
5 de febreiro de 2020 – 12 de xullo de 2021 ← Fernando Carderera Soler – Victorio Redondo Baldrich → | |
Secretario xeral de Asuntos Internacionais, Unión Europea, G20 e Seguridade Global | |
21 de xuño de 2018 – 29 de xaneiro de 2020 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Deusto Escola Diplomática |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Participou en | |
16 de xaneiro de 2023 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2023 |
Familia | |
Cónxuxe | Hélène Davo |
José Manuel Albares Bueno, nado en Madrid en 1972, é un diplomático español que o 12 de xullo de 2021 foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación do Goberno de España, do segundo goberno de Pedro Sánchez, na XIV lexislatura.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación e carreira profesional
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia humilde de Usera, en Madrid.[2][3] Con catorce anos, conseguiu unha bolsa para facer o bacharelato nun centro de elite preto de Boston. Tras un ano no colexio americano de Tánxer, volveu a Boston onde se graduou como primeiro da súa promoción.[3]
Ao volver a España, licenciouse en Dereito na Universidade de Deusto con diploma de especialidade xurídico-económica.[3][4] Ten un diploma do XXXIII Curso de Defensa Nacional do CESEDEN e ten unha diplomatura en xestión cultural no exterior pola Universidade Carlos III en colaboración coa Escuela Diplomática.[5]
É diplomático de carreira e foi Cónsul en Bogotá, e conselleiro da Representación Permanente de España perante a OCDE.[4]
Carreira política
[editar | editar a fonte]Asesor en materia de relacións internacionais de Pedro Sánchez durante a primeira etapa deste como líder do Partido Socialista Obreiro Español, Sánchez nomeouno conselleiro dentro Gabinete da Presidencia do Goberno, trala súa chegada á Presidencia do Goberno en xuño de 2018, no cargo de secretario xeral de Asuntos Internacionais, Unión Europea, G20 e Seguridade Global, con rango de subsecretario.[6] Albares, que abandonou o seu posto como conselleiro cultural na embaixada española en París ao asumir o cargo, tomou posesión o 21 de xuño.[7]
Posteriormente, foi nomeado embaixador do Reino de España ante República francesa en febreiro de 2020 e ante o Principado de Mónaco en maio de 2020.[8][9]
Ministro de Asuntos Exteriores
[editar | editar a fonte]O 10 de xullo de 2021 foi proposto polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para substituír a Arancha González Laya como ministro de Asuntos Exteriores de España, tomando posesión do cargo ante o rei Filipe VI o 12 de xullo de 2021.[10][11]
Durante os seus primeiros días á fronte do Departamento de Exteriores, conseguiu rebaixar as tensións con Marrocos e recompor as relacións despois de que España permitise, por razóns humanitarias, que o líder saharauí, Brahim Gali, fose tratado nun hospital de Logroño.[12] Proba diso foron as declaracións do rei de Marrocos, Mohamed VI quen asegurou, en agosto de 2021, que quería «inaugurar unha etapa inédita» nas relacións entre os dous países.[13]
Compareceu por primeira vez na Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados o 30 de agosto de 2021, para dar conta das súas primeiras decisións á fronte do Departamento, as liñas xerais que vai desenvolver e a crise de Afganistán. Na súa comparecencia, revelou que o 15 de xullo de 2021 o seu Departamento, a través da Embaixada en Afganistán, alertou e recomendou á colonia española en devandito país para que o abandonase, o que permitiu que, cando estalou a crise afgá, soamente quedasen, ademais do persoal diplomático e de seguridade, cinco nacionais.[14] Tamén anunciou que o Goberno non tiña intención de recoñecer ao novo goberno talibán e que seguirían sacando xente de Afganistán por outros medios.[14]
En canto a política xeral, reclamou á oposición que tratase á política exterior como unha «política de Estado» e respecto da reestruturación que levou a cabo no Ministerio nada máis tomar posesión do cargo, afirmou que un dos seus obxectivos era potenciar a política sobre o norte de África, o Sahel e Iberoamérica, destacando sobre esta última que considera «a todos os países de Iberoamérica igualmente importantes, independentemente do seu tamaño ou peso económico».[15]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casado con Hélène Davó, quen entre 2012 e 2016 foi a xuíza de enlace en materia terrorista entre España e Francia, labor polo que foi condecorada polo ministro español do Partido Popular, Rafael Catalá.[4][16] Teñen catro fillos.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Encomenda de número da Orde de Isabel a Católica e a Gran Cruz da Orde do Mérito por servizos distinguidos do Perú.[5]
- Premio á "Personalidade española en Francia 2020" da Cámara Oficial de Comercio de España en Francia.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Castro, Andrés Gil, Irene (2021-07-10). "Albares, el 'sherpa' de Pedro Sánchez que corona la cima de Exteriores". eldiario.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ Iglesias, Leyre; Suanzes, Pablo R. (4 de decembro de 2018). "Los tres hombres del presidente que renegociaron Gibraltar en 41 horas". elmundo.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Mármol, Iolanda (27 de xaneiro de 2019). "José Manuel Albares, el 'sherpa' que brilla a la sombra de Pedro Sánchez". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Fernández, Victoria (25 de xuño de 2018). "El hombre que susurra a Pedro Sánchez en asuntos europeos". elespanol.com (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Europa Press (10 de xullo de 2021). "José Manuel Albares, próximo a Sánchez, sustituye a Laya en Exteriores tras su desgaste por la crisis de Marruecos". heraldo.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ Redacción (14 de xuño de 2018). "Pedro Sánchez ficha al diplomático José Manuel Albares como consejero de Asuntos Internacionales". europapress.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ "Tomas de posesión de altos cargos de Presidencia del Gobierno". lamoncloa.gob.es (en castelán). 21 de xuño de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ "BOE.es - BOE-A-2020-1677 Real Decreto 254/2020, de 4 de febrero, por el que se designa Embajador de España en la República Francesa a don José Manuel Albares Bueno.". boe.es (en castelán). 5 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ "BOE.es - BOE-A-2020-4972 Real Decreto 517/2020, de 12 de mayo, por el que se designa Embajador de España en el Principado de Mónaco a don José Manuel Albares Bueno.". boe.es (en castelán). 13 de maio de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ Redacción (12 de xullo de 2021). "La remodelación del Gobierno de Sánchez se hace efectiva tras la toma de posesión ante el Rey". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ "Real Decreto 140/2020, de 28 de enero, por el que se dispone el cese de don José Manuel Albares Bueno como Secretario General de Asuntos Internacionales, Unión Europea, G20 y Seguridad Global.". boe.es (en castelán). 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ Sobero, Yolanda (20 de maio de 2021). "¿Quién es Brahim Gali y por qué está en el centro de la crisis migratoria de Ceuta?". rtve.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ González, Ricard (20 de agosto de 2021). "El rey de Marruecos expresa su deseo de abrir una nueva etapa “inédita” en la relación con España". elpais.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ 14,0 14,1 Calero, Angie (30 de agosto de 2021). "José Manuel Albares: «España se ha convertido en sinónimo de esperanza para cientos de afganos»". abc.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ Redacción (30 de agosto de 2021). "Albares reclama a la oposición que la política exterior sea "política de Estado"". europapress.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ Cruz Lapeña, Silvia (17 de xaneiro de 2020). "HÉLÈNE DAVO, LA MUJER DEL NUEVO EMBAJADOR ESPAÑOL EN PARÍS QUE ASESORA A MACRON SOBRE TERRORISMO". revistavanityfair.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021.