Celso Vila Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1912 ![]() Ourense, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
![]() |
Celso Vila Rodríguez, nado en Ourense o 13 de novembro de 1912, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre no Viso (Cudeiro). Pertenceu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e á Federación de la Juventud Socialista Unificada de Galicia. Foi secretario xeral da FETE da UGT. Colaborou en Escuela del Trabajo. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 estivo preso cinco días. Ingresou na Agrupación Socialista de Ourense en xaneiro de 1936.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.[1] Estivo agochado até xullo de 1939. Foi xulgado en Ourense por rebelión militar e declarado en rebeldía. Cruzou a fronteira portuguesa por Vilardevós o 18 de xullo de 1939, pasou a Trabancas e posteriormente chegou a Lisboa onde embarcou como súbdito cubano no barco Colonial o 30 de setembro rumbo a México; a onde arribou o 19 de outubro de 1939. Foi sancionado polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas da Coruña con 8 anos de inhabilitación especial para o desempeño de cargos públicos.[2] En México formou parte do Grupo Socialista Galego e da Alianza Nazonal Galega, da que foi secretario de mocidades.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7.
- ↑ BOE, 13-9-1942, 3595-3596.
- ↑ Vila Rodríguez, Celso, ficha no sitio web da Fundación Pablo Iglesias (en castelán).