Alianza Nazonal Galega
Alianza Nazonal Galega | |
---|---|
Tipo | organización política |
Ideoloxía | oposición ao franquismo |
Data de fundación | 1943 |
[ editar datos en Wikidata ] |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Alianza Nazonal Galega foi un organismo unitario do exilio galego creado en México en 1943.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Creouse o 6 de decembro de 1943 en Cidade de México. Estaba integrada por representantes da UXT e CNT, republicanos, galeguistas e socialistas. Fundada por Ramón Troncoso Fernández, xunto con Marcial Fernández Vázquez, Uxío Souto e outros exiliados. Ramón Troncoso foi o secretario de solidariedade e finanzas e director do periódico Galicia que editaba a institución. Celso Vila Rodríguez foi o secretario de mocidades.
A Alianza defendía a restauración republicana e o estatuto de autonomía. Porén, a división entre as distintas faccións era patente e foi agravada coa constitución do Consello de Galiza en 1944. Tanto a ANG como a CRG de México rexeitaban a constitución do Consello e do pacto de Galeuzca, ao mesmo tempo que non recoñecían a representatividade de Castelao, Antón Alonso Ríos, Elpidio Villaverde e Ramón Suárez Picallo.