Centenario (moeda)
Aparencia
O Centenario amoedouse por primeira vez en 1921 como moeda de cuño corrente para conmemorar o primeiro Centenario da Independencia Mexicana. En 1931 suspendeuse a súa cuñaxe e houbo de esperar até 1943 para poder tornar a amoedar a moeda. O anverso presenta un antigo escudo nacional e o seu reverso amósanos o monumento do Anxo da Independencia cos volcáns Iztaccíhuatl e Popocatépetl ao fondo.
Esta moeda ten un contido de ouro puro de 1,20565 onzas, e unha pureza de 0,900, polo que é unha das moedas de máis calidade de todo o mundo.
Nesta moeda baséase o deseño orixinal das moedas serie Liberdade.
Cantidade de Centenarios amoedados[1]
[editar | editar a fonte]Ano | Cantidade amoedada |
---|---|
1921 | 180.000 |
1922 | 463.000 |
1923 | 432.000 |
1924 | 439.000 |
1925 | 716.000 |
1926 | 600.000 |
1927 | 606.000 |
1928 | 538.000 |
1929 | 458.000 |
1930 | 372.000 |
1931 | 137.000 |
1943 | 89.000 |
1944 | 593.000 |
1945 | 1.012.000 |
1946 | 1.588.000 |
1947 | 309.000 |
1949-1972* | 3.975.654 |
1996* | ? |
2000-2009* | 302.000 |
- *Con data de 1947.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cuñaxe de moedas e medallas en metais finos. Banco de México.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Familia del Centenario". Banco de México.