Saltar ao contido

Century Media Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Century Media»)
Century Media Records
Tiposelo discográfico
Data de fundación1988
Organización matrizSony Music
Organización subsidiariaOlympic Recordings e InsideOut Music
SedeDortmund
PaísEstados Unidos de América e Alemaña
Na rede
https://www.centurymedia.com/
Facebook: centurymedia Twitter: centurymedia Instagram: centurymedia MySpace: centurymediaeurope Youtube: UCnK9PxMozTYs8ELOvgMNKFA Souncloud: centurymedia Allmusic: mn0000243419 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Century Media Records é un selo discográfico independente alemán formado en 1988. Conta con oficinas en Alemaña, os Estados Unidos, Australia, Francia, Italia, Suecia, Finlandia e o Reino Unido.

Century Media fundouna Robert Kampf en Dortmund no ano 1988 e te lanzado a carreira de bandas como Divine Heresy, Eyehategod, Nevermore, Moonspell, Diecast, Suicide Silence, Winds of Plague, Iced Earth, God Forbid, Lacuna Coil, In This Moment, Warbringer e Shadows Fall. O selo especializouse en varios estilos do heavy metal. Varios artistas foron licenciados a Century Media para o mercado estadounidensen Europa. Century Media tamé é o fogar de lendarias bandas como Napalm Death, Celtic Frost e Trouble. De 1995 ata 2007, Marco Barbieri foi o presidente do selo.

A banda máis popular do selo é Lacuna Coil. Shadows Fall experimentou o seu maior éxito durante o seu tempo coa discográfica. A icónica banda de hardcore punk Sick of It All tamén forma parte da etiqueta. O álbum do 2001 de Lacuna Coil, Comalies, converteuse no primeiro de Century Media en entrar na lista Billboard 200, chegando ao posto 178 dous anos despois do seu lanzamento. O seu cuarto traballo, Karmacode, mellorou ese logro, vendendo 490.000 copias dende a súa edición e acadando o número 28 das listas da Billboard. Foi tamén número 1 na lista Top Independent Albums Chart. O álbum de Shadows Fall do 2004, The War Within, marcou un novo hito para o selo cunha estrea no top 20 da lista Billboard 200, estreándose tamén no número 1 da lista Independent Albums, vendendo ao redor das 300.000 copias dende a súa edición. Outros artistas destacados da etiqueta que tamén fixeron a súa aparición na Billboard 200 son In This Moment, Arch Enemy, Stuck Mojo, Nightrage, Behemoth, Strapping Young Lad, Suicide Silence e God Forbid. A banda finesa Sentenced foi premiada o 14 de agosto do 2008 polo seu DVD Buried Alive, publicado por Century Media. En abril do 2009 o selo anunciou que ampliaría o seu contrato de distribución con EMI, que estivera distribuíndo o seu material nos Estados Unidos dende 1997, e en Europa dende 2005, incluíndo nese novo contrato Australasia.

Century Black

[editar | editar a fonte]

Dende mediados ata finais dos anos 90, Century Media tivo un selo irmán chamado Century Black, centrado na edición e re-edición de álbums de black metal difíciles de atopar nos Estados Unidos (normalmente publicados inicialmente por pequenas etiquetas como Malicious Records ou Candlelight Records). Cara ao ano 2000 Century Black desapareceu, xa que moitas das bandas do selo pasáronse a outras discográficas, cambiaron o seu estilo ou pasaron a formar parte do selo principal.

Abacus Records

[editar | editar a fonte]

Abacus Records foi unha etiqueta de Century Media creada no ano 2002, que asinou contratos principalmente con bandas de metalcore. O 24 de xullo do 2007 informouse de que Abacus Records pechara.

Controversia con Spotify

[editar | editar a fonte]

En agosto do ano 2011 Century Media decidiu retirar a todos os seus artistas de Spotify, un servizo musical de streaming en liña, citando este feito como "un intento de protexer os intereses dos seus artistas". Na actualidade os músicos asociados á discográfica seguen sen poder ser escoitados en Spotify.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]