Charlie Bell
(2005) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1979 (45 anos) Flint, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Flint Southwestern Academy (en) Universidade Estatal de Míchigan | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 191 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 91 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2001 - 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2005 | 2005 FIBA Americas Championship (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Charlie Will Bell III, nado en Flint (Míchigan) o 12 de marzo de 1979, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense. Con 1'91 metros de estatura e 88 quilos de peso xogaba habitualmente nas posicións de base ou escolta. Comezou a xogar ao baloncesto no instituto Flint Southwestern Academy, na súa cidade natal, onde era unha estrela a nivel local, rematando como máximo anotador absoluto. Daquela tiña varias ofertas de diferentes universidades de toda América do Norte, mais chegado o momento de decidirse escoller ficar preto do seu fogar, elixindo os Spartans da Universidade de Míchigan State.
Tras acabar o seu período universitario ingresou na NBA[1] da man dos Phoenix Suns e Dallas Mavericks, aínda que sen moito éxito, polo que decidiu trasladarse a Europa, onde foi campión e máximo anotador da LEGA e máximo anotador e nomeado no quinteto ideal da ACB. Despois da súa carreira europea, marchou en 2005 de Lugo cara Milwaukee, Wisconsin, para permanecer na NBA até 2011, ano que xogou nos Golden State Warriors.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Universidade e comezos na NBA
[editar | editar a fonte]Charlie Bell, despois do seu éxito carreira no instituto de Flint Southwestern, chegou á Universidade de Michigan State atopándose con que non era o único xogador chegado de Flint, senón que os seus compañeiros Morris Peterson, Mateen Cleaves e Antonio Smith tamén compartían a mesma orixe. Cedo se fixeron bos amigos, escollendo o seu número para o equipo do seguinte xeito:
- #12 Mateen Cleaves
- #13 Antonio Smith
- #14 Charlie Bell
- #15 Morris Peterson
Os seus anos universitarios foron excelentes, levaron a Michigan State ao máis alto, gañando o campionato nacional NCAA no ano 2000 e a outras dúas finais máis consecutivas. Debido a isto o equipo foi alcumado como "The Flintstones", un xogo de palabras entre o nome da súa cidade e o nome orixinal de Os Picapedra. Así, convertéronse nunha lenda da universidade, na cal xa xogara xente como Magic Johnson, tatuándose os catro no ombreiro dereito FLINT, na honra á súa cidade e á súa impresionante etapa en Míchigan.
A nivel individual Charlie conseguiu en catro anos consecutivos o título de mellor xogador defensivo, converténdose ademais nun dos tres xogadores da historia de Michigan State en rematar a súa carreira con máis de 1.000 puntos (1.468), 500 rebotes (624) e 300 asistencias (371) xunto co escolta Steve Smith ex xogador dos San Antonio Spurs e Magic Johnson ex xogador de Los Angeles Lakers. Ademais, é ata a actualidade un dos dous únicos xogadores capaces de lograr unha tripla-dupla nun partido defendendo a camiseta de Michigan State xunto co propio Magic Johnson. Foi titular en 136 dos 140 partidos que disputou e tivo como compañeiros a actuais estrelas NBA como Jason Richardson e Zach Randolph. Ademais, na súa etapa universitaria coñeceu a que acabaría sendo a súa esposa, Kenya Howard (agora Kenya Bell), estudante de enxeñería e candidata a Miss América, coa que logo tivo dous fillos, Casey e Charlie.
Despois disto, en 2001, chegaría o Draft da NBA onde tanto Bell como os seus compañeiros sairían bastante mal parados a excepción de Jason Richardson, que asinaría cos Golden State Warriors e Morris Peterson, que faría o propio cos Toronto Raptors. Outro membro do equipo, Randolph, chegaría tamén a ser escollido, mais nun número moi alto e pasando a ter un papel moi secundario nos Portland Trail Blazers. Cleaves deu voltas dun equipo a outro da NBA, mais sen chegar a asentarse e Charlie Bell, sen ser elixido e tras probar nos Phoenix Suns e Dallas Mavericks e na nova liga ABA sen éxito, decidiuse a emprender unha aventura por Europa.[2]
Europa
[editar | editar a fonte]Percorrendo Italia
[editar | editar a fonte]Trala súa marcha da NBA, Charlie Bell chegaría á Benetton de Treviso da LEGA, un dos grandes máis grandes do continente e non facía dez anos campión de Europa. Alí foi compañeiro de xente do nivel de Tyus Edney, mais en principio o seu papel só foi o de "can de presa": defender e asfixiar á estrela do equipo rival. Con todo, o seu adestrador Mike D'Antoni, actual adestrador dos New York Knicks e elixido Adestrador do Ano da NBA en 2004, deuse conta inmediatamente de que podía sacar moito máis partido a Bell, así que decidiulle dar a chave do equipo, decisión que logo resultaría ser un acerto. Charlie liderou xunto a Jorge Garbajosa e Edney á Bennetton para gañar un título da LEGA e xogar unha Final Four europea. O propio D'Antoni declarou:
Sei que pasou problemas polo seu nocello, pero é un xogador que me encanta. En Treviso era el o que tiraba do noso equipo. A min deume un campionato e en xeral xogou moi ben. É un fenómeno.
Así Charlie comezou a ser recoñecido como unha estrela a nivel europeo e en 2002-03 asinaría coa Kinder de Bologna, un dos equipos europeos máis laureados da historia. Porén, lesionouse gravemente en decembro, pasando o resto da tempada practicamente en branco, o que o levou en agosto de 2003 a ser contratado polo Mabo Livorno, un equipo de segunda fila da Lega Italiana. Con todo, Charlie acabou a tempada cunha media de 24 puntos por partido e 20 de valoración, sendo incluído no quinteto ideal da liga e axudando a acadar o obxectivo do equipo, a permanencia. Con todo, non renovou ao final da tempada e decidiu cambiar de competición, aterrando na liga ACB.
Chegada a Lugo
[editar | editar a fonte]Así en 2004, con 25 anos, Charlie Bell chegaría a Galicia, asinando polo C.B. Breogán de Lugo, denominado ese ano por motivos de patrocinio Leite Río Breogán, equipo dirixido por Moncho López. Con todo, Bell sufriría unha nova lesión a comezos de tempada e a súa permanencia no equipo semellaba complicada. Porén, antes incluso de estar recuperado, Charlie Bell volvería a xogar, e aínda que coxo realizaría verdadeiras fazañas, anotando 37 puntos ao Real Madrid ou 30 ao Tau Cerámica Baskonia. Unha vez recuperado, o seu nivel de xogo sobe aínda máis, logrando anotacións de 40 puntos fronte ao Pamesa Valencia ou 41 puntos fronte ó Fórum Valladolid, sendo o seu tope de anotación de 43 puntos fronte ao Caja San Fernando.
Así, conseguiría ser nomeado tres veces xogador da semana (xornadas 15, 19 e 24) e outras tres veces xogador do mes (xaneiro, febreiro e marzo). Ademais, ao final da tempada liderou a clasificación en tiros de tres, cunha media do 44,49% de acerto, e colocándose primeiro na clasificación de anotadores, rematando a temporada cunha media de 27,0 puntos por encontro, sendo a media máis alta dun xogador dende 1990.[3] Grazas ao rendemento de Charlie Bell, o equipo comezou a gañar, soñando con entrar durante algúns momentos con entrar nos playoffs polo título, aínda que finalmente non o consegue. Charlie Bell acabou finalmente a tempada cunha media de 27 puntos por partido, 3 rebotes, 2 asistencias e 22,8 puntos de valoración de media. Foi elixido no quinteto ideal e estivo preto de ser MVP, quedando cuarto nas votacións. Ademais gañou o galardón de "Gigante del año" (do castelán: Xigante do ano) que a revista "Gigantes" entrega cada ano ao mellor xogador da liga ACB. Na cidade de Lugo é lembrado como un heroe, sendo alcumado polos habitantes locais coma "O xenio de Flint".
Volta á NBA
[editar | editar a fonte]A seguinte tempada, Charlie é contratado polos Milwaukee Bucks por dous anos. Cun comezo de tempada dubitativo, a partir de febreiro e marzo goza de máis minutos e comeza a despuntar. Traballando dende a defensa e gañando máis autoridade no ataque convertese nun dos ídolos dos afeccionados de Milwaukee pola súa loita e entrega. O 28 de marzo do 2006, Bell xogou na NBA o seu mellor partido ata o momento conseguindo o súa primeira tripla-dupla, liderando aos Bucks a gañar 132 a 110 contra os Phoenix Suns, con 19 puntos, 13 asistencias e 10 rebotes.
Despois de que a súa anterior amarga experiencia na NBA, agora Bell goza dun certo éxito cos Bucks, cos que chegou a xogar os playoffs polo título na súa primeira tempada. Pese a ter xogado moi pouco ao principio, rematou a tempada con 8,4 puntos, 2,2 asistencias, e 2,0 rebotes en 21,7 minutos por partido. En playoffs, a súa media subiu ata os 9,2 puntos, sendo o seu tope anotador 29 puntos contra Miami Heat.
A tempada 2006-07 parecía propicia para que Charlie Bell comezase a tomar parte nos quintetos titulares tras a saída de T.J. Ford a Toronto, mais o gran rendemento do escolta Maurice Williams na posición de "point guard" (base) non permitiu que comezase o ano coma titular. De tódolos xeitos as súas boas actuacións e a presenza dalgún xogador exterior lesionado fixeron que tivera que actuar tanto de base, como de escolta e mesmo aleiro. Tras unha vintena de partidos Bell pasou a ser titular, condición que non abandonaría ata final da tempada, cunhas medias bastante superiores ás da tempada anterior (13,5 puntos, 2,9 rebotes e 3,0 asistencias). Xa na seguinte tempada, o 17 de setembro de 2007, converteuse nun axente libre restrinxido, asinando un contrato por 18 500 000 dólares por cinco anos con Miami Heat. Aínda que Bell declarou que non quería xogar en Milwaukee, a franquía de Wisconsin decidiu igualar a oferta tres días despois. Así en 2008 e 2009, de novo cos Bucks, Bell comezou a xogar menos minutos (aínda que máis que cando chegou en 2005), baixou as súas medias a 8,4 puntos, 1,9 rebotes e 2,2 asistencias. O 22 de xuño de 2010, Bell, xunto a Dan Gadzuric, foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio de Corey Maggette.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Lenda | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
PX | Partidos xogados | PT | Partidos titular | MPP | Minutos por partido | %TC | Porcentaxe de tiros de campo |
%3P | Porcentaxe de tiros de 3 | %TL | Porcentaxe de tiros libres | RPP | Rebotes por partido | APP | Asistencias por partido |
ROU | Roubos de balón por partido | TPP | Tapóns por partido | PPP | Puntos por partido | Negra | Máximo de carreira |
Tempada regular
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2001–02 | Phoenix | 5 | 0 | 8.4 | .273 | .000 | 1.000 | .8 | .4 | .0 | .0 | 1.6 |
2001–02 | Dallas | 2 | 0 | 1.0 | .000 | .000 | .000 | .5 | .0 | .0 | .0 | .0 |
2005–06 | Milwaukee | 59 | 6 | 21.7 | .439 | .423 | .708 | 2.0 | 2.2 | 1.0 | .1 | 8.4 |
2006–07 | Milwaukee | 82 | 64 | 34.7 | .437 | .352 | .780 | 2.9 | 3.0 | 1.2 | .1 | 13.5 |
2007–08 | Milwaukee | 68 | 5 | 23.9 | .381 | .341 | .805 | 2.5 | 3.1 | .8 | .0 | 7.6 |
2008–09 | Milwaukee | 70 | 23 | 25.5 | .414 | .363 | .825 | 1.9 | 2.2 | .7 | .1 | 8.4 |
2009–10 | Milwaukee | 71 | 39 | 22.7 | .381 | .365 | .716 | 1.9 | 1.5 | .6 | .2 | 6.5 |
2010–11 | Golden State | 19 | 0 | 9.0 | .279 | .286 | .500 | .9 | .7 | .3 | .0 | 1.7 |
Carreira | 376 | 137 | 24.9 | .412 | .361 | .769 | 2.2 | 2.3 | .8 | .1 | 8.5 |
Playoffs
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2005–06 | Milwaukee | 5 | 0 | 21.6 | .395 | .455 | 1.000 | .6 | 1.4 | .6 | .4 | 9.2 |
2009–10 | Milwaukee | 3 | 0 | 2.7 | .000 | .000 | .000 | .0 | .0 | .0 | .0 | .0 |
Carreira | 8 | 0 | 14.5 | .378 | .417 | 1.000 | .4 | 0.9 | .4 | .2 | 5.8 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Quinteto ideal 2004-2005". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 09 de abril de 2010.
- ↑ "Estatísticas de Charlie Bell". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2008. Consultado o 09 de abril de 2010.
- ↑ "Máximos anotadores 2005". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 09 de abril de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1979
- Nados no condado de Genesee, Míchigan
- Escoltas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores do Pallacanestro Treviso
- Xogadores do Virtus Bologna
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores do Juvecaserta Basket