Saltar ao contido

Chevelle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chevelle
OrixeGrayslake, Illinois,
Período1995 - presente
Xénero(s)hard rock, metal alternativo, rock alternativo, post-grunge, nu metal
Selo(s) discográfico(s)Squint Entertainment, Epic Records
MembrosPete Loeffler
Sam Loeffler
Antigos membrosMatt Scott
Joe Loeffler
Dean Bernardini
Na rede
getmorechevelle.com
IMDB: nm3172263 Facebook: chevelle Twitter: chevelleinc Instagram: getmorechevelle MySpace: chevelle Youtube: UCTi7MZD2HjG9J8DBl6qXvNA Twitch: chevelleofficial Souncloud: chevelle-1 Spotify: 56dO9zeHKuU5Gvfc2kxHNw iTunes: 519486 Last fm: Chevelle Musicbrainz: 8456e9f7-debf-4579-a86c-33a325a35d2d Songkick: 480448 Discogs: 404027 Allmusic: mn0000091549 Deezer: 1328 Genius: Chevelle Editar o valor em Wikidata

Chevelle é unha banda estadounidense de rock formada en Grayslake, Illinois, no ano 1995. O grupo estaba formado orixinalmente por dous irmáns, Pete Loeffler (voces e guitarra) e Sam Loeffler (batería e percusión), xunto con Matt Scott (baixo e coros). Scott foi substituído polo irmán de Sam e Pete, Joe Loeffler, en 1996. Cando Joe deixou a banda en 2005, Geno Lenardo substituíuno como baixista de xira ata que o seu lugar foi ocupado polo cuñado de Pete e Sam, Dean Bernardini. Bernardini marchou en 2019, e en 2021 Kemble Walters uniuse como baixista de xira.

O primeiro álbum de estudio da banda, Point #1, foi publicado en 1999 a través dun pequeno selo chamado Squint Entertainment. O segundo traballo de Chevelle, Wonder What's Next (2002), foi certificado dobre platino pola RIAA despois de estrearse no número 14 da lista de álbums dos Estados Unidos Billboard 200. This Type of Thinking (Could Do Us In) (2004), o seu terceiro álbum de estudio, estreouse no número 8 e foi certificado platino.[1] Chevelle publicou dende entón seis álbums máis: Vena Sera (2007), Sci-Fi Crimes (2009), Hats Off to the Bull (2011), La Gárgola (2014), The North Corridor (2016), e NIRATIAS (2021). A banda tamén lanzou dous álbums ao vivo, dos DVDs e dous recompilatorios. En 2021 Chevelle levaba vendidos máis de 6 millóns de álbums.[2]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Point #1 1999 Squint Entertainment
Wonder What's Next 2002 Epic Records
This Type of Thinking (Could Do Us In) 2004 Epic Records
Vena Sera 2007 Epic Records
Sci-Fi Crimes 2009 Epic Records
Hats Off to the Bull 2011 Epic Records
La Gárgola 2014 Epic Records
The North Corridor 2016 Epic Records
NIRATIAS 2021 Epic Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gold & Platinum". RIAA (en inglés). Consultado o 2024-06-03. 
  2. "Despite Six Million Albums Sold Chevelle's Pete Loeffler Says "We Haven't Made Any Money Off Of Record Sales"". Theprp.com (en inglés). 2021-03-17. Consultado o 2024-06-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]