Cholado
Aparencia
O cholado ou raspao é un bebida de xeo con froita fresca e leite condensado que é tradicional de Jamundí, na rexión de Valle del Cauca, en Colombia. Prepárase con xeo esmagado, froita en anacos, leite condensado, xarope de froita e sérvese cun biscoite de wafle, ás veces coroado con nata batida e queixo relado. As froitas máis comúns que se empregan na preparación do cholado inclúen banana, mazá, kiwi, amorodo, papaia, ananás, manga e guanábana.[1]
A orixe desta bebida é o concello vallecaucano de Jamundí, onde se adoita comer nos días calorosos e se lle atribúen propiedades para mellorar a resaca.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Colombia |