Christiaan Barnard
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
(1968) | |
Nome orixinal | (en) Christian Barnard |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (af) Christiaan Neethling Barnard 8 de novembro de 1922 Beaufort West (Unión Surafricana) |
Morte | 2 de setembro de 2001 (78 anos) Paphos, Chipre |
Causa da morte | asma |
Educación | Universidade de Cidade do Cabo Universidade de Minnesota (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Cirurxía e transplantology (en) |
Ocupación | cirurxián, médico, escritor |
Empregador | Universidade de Cidade do Cabo |
Profesores | Vladimir Demikhov (pt) |
Familia | |
Irmáns | Marius Barnard |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Obálky knih, Medvik >>>:Barnard, Christiaan Neethling, 1922-2001, |
Christiaan Neethling Barnard, nado en Beaufort West o 8 de novembro de 1922 e finado en Paphos o 2 de setembro de 2001, foi un médico surafricano. Efectuou o primeiro transplante de corazón o 3 de decembro de 1967.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Medicina na Universidade de Cidade do Cabo, e tras realizar a residencia no Hospital Groote Schuur de Cidade do Cabo in Cape, converteuse no médico dunha pequena poboación rural, Ceres, da provincia do Cabo Oriental, onde casou en 1948 cunha enfermeira. En 1951 volveu a Cidade do Cabo e traballou en dous hospitais. En 1956 especializouse en cirurxía cardiovascular na Universidade de Minnesota.
Xa de volta en Suráfrica, no Hospital Groote Schuur, realizou numerosos experimentos de transplantes de corazón en animais. O 3 de decembro de 1967 realizou o primeiro transplante de corazón en humanos, a operación fíxoa un equipo de trinta persoas e durou nove horas. O operado, Louis Washkanski, sobreviviu 18 días antes de morrer dunha pneumonía inducida polas medicinas inmunodepresoras que tiña que tomar. Barnard continuou realizando operacións de transplante de corazón, e xa a segunda operación, realizada a Philip Blaiberg o 2 de xaneiro de 1968, foi un éxito, ao sobrevivir á operación máis de 19 meses, e estimulou o realización de transplantes noutros países.