Saltar ao contido

Cimosano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cimosano.
Número CAS: 9010-72-4.
Fórmula:(C6H10O5)x

O cimosano ou zimosano (zymosan) é un polisacárido insoluble formado por unidades de glicosa unidas por enlace glicosídico β-1,3 obtido dos lévedos. É un beta-glucano. Únese ao receptor de tipo Toll TLR 2.[1] O TLR2 coopera co TLR6 e o CD14 en resposta ao cimosano.

Os preparados de zymosan A obtéñense a partir da parede celular de lévedos e consisten en complexos de proteína e carbohidrato. Utilízase para inducir unha inflamación estéril experimental. En macrófagos, as respostas inducidas polo zymosan A inclúen a indución de citocinas proinflamatorias, mobilización do araquidonato, fosforilación de proteínas, e formación de inositol fosfato. O zymosan A tamén eleva os niveis de ciclina D2, o que suxire un papel para esta última na activación de macrófagos e da súa proliferación. Potencia os danos agudos hepáticos despois dunha inxección de galactosamina, o que suxire que certos tipos de células non pertencentes ao parénquima hepático distintas das células de Kupffer están implicadas na acción deste composto.[2]

  1. Sato M, Sano H, Iwaki D; et al. (2003). "Direct binding of Toll-like receptor 2 to zymosan, and zymosan-induced NF-kappa B activation and TNF-alpha secretion are down-regulated by lung collectin surfactant protein A". J. Immunol. 171 (1): 417–25. PMID 12817025. 
  2. http://www.sigmaaldrich.com/catalog/search/ProductDetail/SIGMA/Z4250

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • MeshName - Zymosan [1]