Circuíto Gilles Villeneuve
Circuíto Gilles Villeneuve | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
![]() | |
Datos | |
Inauguración | 1978 |
Outros nomes | Circuíto da Illa de Notre-Dame (1978–1982) |
Carreiras | FIA Fórmula 1 Gran Premio do Canadá (1978–1986, 1988–2008, 2010–presente) FIA World Sportscar Championship Champ Car World Series NASCAR Xfinity Series NASCAR Canadian Tire Series Grand Am Rolex Sports Car Series |
Localización | ![]() |
Capacidade | 100.000 espectadores |
Circuíto (2002–presente) | |
Lonxitude km | 4´361 |
Curvas | 14 |
Récord tempo | 1:13.078 |
Récord piloto | ![]() |
Récord equipo | Mercedes |
Récord ano | 2019 |
Circuíto (1996–2001) | |
Lonxitude km | 4´421 |
Curvas | 13 |
Récord tempo | 1:17.205 |
Récord piloto | ![]() |
Récord equipo | Williams - BMW |
Récord ano | 2001 |
Circuíto (1994–1995) | |
Lonxitude km | 4´450 |
Curvas | 20 |
Récord tempo | 1:28.927 |
Récord piloto | ![]() |
Récord equipo | Benetton-Ford B194 |
Récord ano | 1994 |
Circuíto (1988–1993) | |
Lonxitude km | 4´430 |
Curvas | 17 |
Récord tempo | 1:21.500 |
Récord piloto | ![]() |
Récord equipo | Benetton-Ford B193 |
Récord ano | 1993 |
Circuíto (1978–1987) | |
Lonxitude km | 4´410 |
Curvas | 19 |
Récord tempo | 1:25.443 |
Récord piloto | ![]() |
Récord equipo | Williams-Honda FW11 |
Récord ano | 1986 |
Coordenadas | Coordenadas: 45°30′02″N 73°31′21″O / 45.500555555556, -73.5225 |
Vista do Circuíto | |
![]() |
O Circuíto Gilles Villeneuve é un circuíto de carreiras semiurbano utilizado para o Gran Premio do Canadá de Fórmula 1 previamente albergou o World Sportscar Championship da FIA, as Champ Car World Series, as Canadian Tire Series da NASCAR, as Xfinity Series da NASCAR e a Rolex Sports Car Series da Grand-Am. Atópase localizado na Île Notre-Dáme, unha illa situada no Río San Lourenzo e que é parte de Montreal, na provincia francófona do Quebec. O circuíto debe o seu nome ao piloto canadense Gilles Villeneuve.
O Gran Premio do Canadá de Fórmula Un, que tivo lugar durante 30 anos no circuíto Gilles Villeneuve, foi eliminado do calendario da Fórmula Un de 2009 e substituído coa primeira edición do Gran Premio de Abu Zabi. O 27 de novembro de 2009, funcionarios do Quebec e organizadores do Gran Premio do Canadá anunciaron un acordo coa Formula One Administration e asinaron un novo contrato de cinco anos que abarca as tempadas 2010-2014.[1][2]
A edición 2011. Tivo lugar o 12 de xuño ás 1:00 pm (17:00 GMT) e foi o Gran Premio máis longo da historia do Campionato Mundial, debido a un longo atraso pola choiva.[3]
Durante a sesión de cualificación en 2014, os organizadores do Gran Premio anunciaron que acordaran unha extensión de 10 anos para manter o Gran Premio do Canadá no circuíto Gilles Villeneuve ata 2024.[4]
Circuíto[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/01/Circuit_Gilles_Villeneuve_Hairpin.jpg/220px-Circuit_Gilles_Villeneuve_Hairpin.jpg)
Orixinalmente chamado Circuíto da Île Notre-Dáme,[5] o circuíto foi construído e terminado en 1978. No que demostrou ser o evento principal da sede ao longo das décadas, o Gran Premio do Canadá de Fórmula Un fomaba parte do Campionato Mundial desde 10 anos antos, e disputábase con anterioridade en Mosport Park preto de Toronto en 8 ocasións e en 1968 e 1970, no circuíto de Mont-Tremblant no Quebec. Debido ás preocupacións pola seguridade en Mosport que arruinaron o evento de 1977, decidiuse trasladar a carreira para o novo circuíto de Montreal. En 1982, foi renomeado en honra do piloto canadense de Fórmula Un Gilles Villeneuve, pai de Jacques Villeneuve, a raíz da súa morte a principios de ano.[6] O circuíto está situado nunha parte da cidade de Montreal coñecida como Parque Jean-Drapeau. O parque leva o nome do alcalde de Montreal que foi responsable da organización da Expo 67.
O circuíto atópase na Île Notre-Dáme, unha illa artificial situada no Río San Lourenzo construída orixinalmente para a Expo. Tamén a veciña Illa de Santa Helena fora ampliada artificialmente para o recinto ferial e un remanente importante da feira, a Biosfera pode ser vista regularmente durante a cobertura televisiva dos eventos de carreiras.
Case a metade da pista, da curva pechada ata logo da zona de boxes, descorre xunto á Conca olímpica , unha enorme cubeta rectangular, creada para a competición de remo e piragüismo dos Xogos Olímpicos de Montreal de 1976.
As barreiras están colocadas moi preto da pista e moitos experimentados pilotos quedaron atrapados por elas. Unha parte especialmente famosa do circuíto é o muro no exterior da saída da última chicana antes da recta de saída/chegada. En 1999 o muro, que leva pintado o lema Bienvenue au Québec ( "Bienvenidos a Quebec") dándolle o alcume "Mur du Québec" (Muro de Quebec), terminou a carreira de tres campións do mundo de Fórmula Un, Damon Hill, Michael Schumacher e Jacques Villeneuve xunto có campión da FIA GT Ricardo Zonta. Desde entón, o muro alcumouse "O Muro dos Campións". Nos últimos anos o campión do mundo en 2009 Jenson Button (2005) e 4 veces campión do mundo Sebastian Vettel (2011) tamén foron vítimas do muro.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/58/Circuit_Gilles_Villeneuve_Famous_Wall.jpg/220px-Circuit_Gilles_Villeneuve_Famous_Wall.jpg)
Os cambios realizados en 2005 nos bordos da chicana final foron discutidos entre os pilotos no período previo ao Gran Premio. Os bordos fixéronse máis altos e máis difíciles de ver para os pilotos, o que a fai aínda máis difícil.
O 23 de xuño de 2006, Canadian Press informou de que a cidade de Montreal concedera os dereitos exclusivos para organizar carreiras nos dous fins de semana permitidas na pista a Normand Legault, o promotor do Gran Premio do Canadá de Fórmula Un. O acordo era desde o ano 2007 a 2011, cunha opción para 2012 a 2016. Legault decidiu substituír a carreira da Champ Car coas carreiras da Rolex series da Grand American Road Racing Association e as Nationwide Series da NASCAR, respectivamente.
O 10 de xuño do 2007 foi un dos días máis críticos deste circuíto con moitas saídas e co grande accidente protagonizado polo piloto de BMW-Sauber Robert Kubica que se saíu da pista a máis de 300 km/h ao chocar na parte traseira dun Toyota e saír disparado cara a barra de protección e rebotar nela, facendo que o seu auto se desintegrara mentres cruzaba alén da pista. O peor accidente no circuíto foi o día 13 de xuño de 1982, cando morreu Riccardo Paletti nun tráxico accidente ao iniciar a carreira.
As carreiras de NASCAR afectaron o deseño do circuíto. Aumentouse o pit lane, xa que unha rúa de boxes da NASCAR debe acomodar un mínimo de 43 coches.
O circuíto acondiciónase ano a ano para a fin de semana do Gran Premio. Como parte do Parque Jean-Drapeau, o circuíto está aberto ao público, entre as carreiras, para camiñar, correr, andar en bicicleta, patinaxe en liña, e pilotaxe.[7] Durante os poucos días do Gran Premio, a illa de Notre Dáme é un dos lugares máis ruidosos de Montreal. Noutras épocas do ano, é unha das máis tranquilas, atópase no medio dun río, nunha illa chea de vexetación e animais, corredores e ciclistas. Con todo, o 4 de xuño de 2009, a administración da illa de Notre Dáme prohibiu o acceso dos ciclistas de competición no circuíto, o que xustificaron como medida de seguridade para evitar as lesións que se produciron entre 2008 e 2009. Foron reportadas un total de 27 lesións. A prohibición dos ciclistas xa se levantou debido ás protestas.
Características[editar | editar a fonte]
- Capacidade espectadores: 100.000
- Lonxitude do circuíto: 4´361 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 70 voltas = 305´270 quilómetros. 13 curvas en total.
- Configuración aerodinámica: media/baixa. Velocidade máxima estimada 326 km/h con DRS, 316 km/h sen DRS
- Aceleración a fondo: 60% do tempo de volta.
- Tempo de freado: 17% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: kg por volta.
- Cambio de marchas por volta:
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: moi alto
- Desgaste dos pneumáticos: medio/baixo
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: 18´8 segundos (media)
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´28 segundos.
- Marca volta: Rubens Barrichello – Ferrari, 1.13.622 en 2004
Trazados do circuíto[editar | editar a fonte]
-
O trazado de 4.361 metros utilizado de 2002 a presente
Marcas de volta[editar | editar a fonte]
A medida que o circuíto Gilles Villeneuve serve como sede de diferentes series de carreiras, é posible comparar directamente os tempos de volta nas carreiras das diferentes series.
En 2002, o piloto de Fórmula Un Juan Pablo Montoya logrou a pole position do Gran Premio do Canadá cun tempo de 1:12.836. Varias semanas máis tarde, durante a inauguración da Champ Car Gran Premio de Montreal, Cristiano da Matta estableceu a pole cun tempo de 1:18.959.
En 2006, a última vez que a Champ Car e a F1 correron na mesma pista, a Fórmula Un foi de 5 a 7 segundos máis rápido que a Champ Car. A pole na Fórmula Un foi establecida por Fernando Alonso nun tempo de 1:14.942, mentres que Sébastien Bourdais fixo a pole en 1:20.005 na Champ Car. A volta rápida da carreira de Fórmula Un foi 1:15.841 de Kimi Räikkönen, mentres que a volta rápida de Sébastien Bourdais foi de 1:22.325 na carreira da Champ Car.
A mellor volta rápida xamais feita ao redor do circuíto estableceuna Ralf Schumacher cun tempo de 1:12.275 no conxunto da sesión de cualificación para o Gran Premio do Canadá de 2004. Como se estableceu nesta ocasión durante a cualificación, non se recoñece como unha marca oficial.
Categoría | Piloto | Coche | Volta rápida | Ano |
---|---|---|---|---|
Fórmula 1 | Rubens Barrichello | Ferrari F2004 | 1:13.622 | 2004 |
Champ Car | Dario Franchitti | Lola B2/00-Honda | 1:20.238 | 2002 |
Group C | Mauro Baldi | Mercedes-Benz C11 | 1:28.725 | 1990 |
Daytona Prototype | Scott Pruett | Riley Mk XX-BMW | 1:32.620 | 2010 |
Grand Touring | Scott Russell | Chevrolet Corvette C6.R | 1:39.353 | 2010 |
NASCAR Nationwide Series | Alex Tagliani | Chevrolet Impala | 1:40.865 | 2012 |
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Montréal[editar | editar a fonte]
Nº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneu. | Tempo | Lonxitude pista | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1978 | ![]() |
Ferrari | Ferrari | M
|
1:57:49,196 h | 4,500 km | 70 | 160,414 km/h | 8. outubro | ![]() |
2 | 1979 | ![]() |
Williams | Ford | G | 1:52:06,892 h | 4,410 km | 72 | 169,926 km/h | 30. setembro | |
3 | 1980 | ![]() |
Williams | Ford | G | 1:46:45,530 h | 4,410 km | 70 | 173,494 km/h | 28. setembro | |
4 | 1981 | ![]() |
Ligier | Matra | M
|
2:01:25,205 h | 4,410 km | 63 | 137,290 km/h | 27. setembro | |
5 | 1982 | ![]() |
Brabham | BMW | G | 1:46:39,577 h | 4,410 km | 70 | 173,655 km/h | 13. xuño | |
6 | 1983 | ![]() |
Ferrari | Ferrari | G | 1:48:31,838 h | 4,410 km | 70 | 170,661 km/h | 12. xuño | |
7 | 1984 | ![]() |
Brabham | BMW | M
|
1:46:23,748 h | 4,410 km | 70 | 174,086 km/h | 17. xuño | |
8 | 1985 | ![]() |
Ferrari | Ferrari | G | 1:46:01,813 h | 4,410 km | 70 | 174,686 km/h | 16. xuño | |
9 | 1986 | ![]() |
Williams | Honda | G | 1:42:26,415 h | 4,410 km | 69 | 178,225 km/h | 15. xuño | |
10 | 1988 | ![]() |
McLaren | Honda | G | 1:39:46,618 h | 4,390 km | 69 | 182,152 km/h | 12. xuño | |
11 | 1989 | ![]() |
Williams | Renault | G | 2:01:24,073 h | 4,390 km | 69 | 149,707 km/h | 18. xuño | |
12 | 1990 | ![]() |
McLaren | Honda | G | 1:42:56,400 h | 4,390 km | 70 | 179,114 km/h | 10. xuño | |
13 | 1991 | ![]() |
Benetton | Ford | P | 1:38:51,490 h | 4,430 km | 69 | 185,520 km/h | 2. xuño | |
14 | 1992 | ![]() |
McLaren | Honda | G | 1:37:08,299 h | 4,430 km | 69 | 188,805 km/h | 14. xuño | |
15 | 1993 | ![]() |
Williams | Renault | G | 1:36:41,822 h | 4,430 km | 69 | 189,667 km/h | 13. xuño | |
16 | 1994 | ![]() |
Benetton | Ford | G | 1:44:31,887 h | 4,450 km | 69 | 176,244 km/h | 12. xuño | |
17 | 1995 | ![]() |
Ferrari | Ferrari | G | 1:44:54,171 h | 4,430 km | 68 | 172,297 km/h | 11. xuño | |
18 | 1996 | ![]() |
Williams | Renault | G | 1:36:03,465 h | 4,421 km | 69 | 190,541 km/h | 16. xuño | |
19 | 1997 | ![]() |
Ferrari | Ferrari | G | 1:17:40,646 h | 4,421 km | 54 | 184,404 km/h | 15. xuño | |
20 | 1998 | ![]() |
Ferrari | Ferrari | G | 1:40:57,355 h | 4,421 km | 69 | 181,296 km/h | 7. xuño | |
21 | 1999 | ![]() |
McLaren | Mercedes | B | 1:41:35,727 h | 4,421 km | 69 | 180,155 km/h | 13. xuño | |
22 | 2000 | ![]() |
Ferrari | Ferrari | B | 1:41:12,313 h | 4,421 km | 69 | 180,850 km/h | 18. xuño | |
23 | 2001 | ![]() |
Williams | BMW | M
|
1:34:31,522 h | 4,421 km | 69 | 193,630 km/h | 10. xuño | |
24 | 2002 | ![]() |
Ferrari | Ferrari | B | 1:33:36,111 h | 4,361 km | 70 | 195,682 km/h | 9. xuño | |
25 | 2003 | ![]() |
Ferrari | Ferrari | B | 1:31:13,591 h | 4,361 km | 70 | 200,777 km/h | 15. xuño | |
26 | 2004 | ![]() |
Ferrari | Ferrari | B | 1:28:24,803 h | 4,361 km | 70 | 207,165 km/h | 13. xuño | |
27 | 2005 | ![]() |
McLaren | Mercedes | M
|
1:32:09,290 h | 4,361 km | 70 | 198,755 km/h | 12. xuño | |
28 | 2006 | ![]() |
Renault | Renault | M
|
1:34:37,308 h | 4,361 km | 70 | 193,573 km/h | 25. xuño | |
29 | 2007 | ![]() |
McLaren | Mercedes | B | 1:44:11,292 h | 4,361 km | 70 | 175,799 km/h | 10. xuño | |
30 | 2008 | ![]() |
BMW Sauber | BMW | B | 1:36:24,447 h | 4,361 km | 70 | 189,987 km/h | 8. xuño | |
31 | 2010 | ![]() |
McLaren | Mercedes | B | 1:33:53,456 h | 4,361 km | 70 | 195,079 km/h | 13. xuño | |
32 | 2011 | ![]() |
McLaren | Mercedes | P | 4:04:39,537 h | 4,361 km | 70 | 74,864 km/h | 12. xuño | |
33 | 2012 | ![]() |
McLaren | Mercedes | P | 1:32:29.586 h | 4,361 km | 70 | 198,028 km/h | 10. xuño | |
34 | 2013 | ![]() |
Red Bull | Renault | P | 1:32:09,143 h | 4,361 km | 70 | 198,760 km/h | 9. xuño | |
35 | 2014 | ![]() |
Red Bull | Renault | P | 1:39:12,830 h | 4,361 km | 70 | 184,613 km/h | 8. xuño | |
36 | 2015 | ![]() |
Mercedes | Mercedes | P | 1:31:53,145 h | 4,361 km | 70 | 199,337 km/h | 7. xuño | |
37 | 2016 | ![]() |
Mercedes | Mercedes | P | 1:31:05,296 h | 4,361 km | 70 | 201,082 km/h | 12. xuño | |
38 | 2017 | ![]() |
Mercedes | Mercedes | P | 1:33:05,154 h | 4,361 km | 70 | 196,767 km/h | 11. xuño | |
39 | 2018 | ![]() |
Ferrari | Ferrari | P | 1:28:31,377 h | 4,361 km | 68 | 200,997 km/h | 10. xuño | |
40 | 2019 | ![]() |
Mercedes | Mercedes | P | 1:29:07,084 h | 4,361 km | 70 | 205,527 km/h | 9. xuño | |
- | 2020 | Canceladas debido a Pandemia de COVID-19 | |||||||||
- | 2021 | ||||||||||
41 | 2022 | ![]() |
Red Bull Racing | RBPT | P | 1:36:21.757 h | 4,361 km | 70 | 190,076 km/h | 19. xuño | |
42 | 2023 | ![]() |
Red Bull Racing | Honda RBPT | P | 1:33:58.348 h | 4,361 km | 70 | 194,910 km/h | 18. xuño | |
43 | 2024 | ![]() |
Red Bull Racing | Honda RBPT | P | 1:45:47.927 h | 4,361 km | 70 | 173,123 km/h | 9. xuño |
Récords
Piloto: Lewis Hamilton/Michael Schumacher (ambos 7), Nelson Piquet (3)
Nacionalidade: Alemaña/Reino Unido ambos (10), Brasil (5)
Construtor: Ferrari (11), McLaren (9), Williams (7)
Motor: Ferrari (11), Mercedes (10), Renault (6)
Pneus.: Goodyear (16), Pirelli (10), Bridgestone (8)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto Gilles Villeneuve |
- Circuit Gilles Villeneuve
- en Páxina oficial
- Circuíto Gilles Villeneuve Historia e estatísticas
- Estatísticas da páxina oficial da F1
- Unha volta en Montreal co Honda de Alex Wurz
- Montreal – requisitos técnicos
- Trackpedia guide to driving Gilles Villeneuve Arquivado 25 de xuño de 2007 en Wayback Machine.
- BBC's circuit guide
- Ciro Pabón's Racetracks puntos de vista 3D e voltas virtuais de todos os circuítos de F1, incluíndo este, a través de Google Earth
- Spectator testimonial of the Circuit Gilles Villeneuve
- NASCAR Busch Series on Play-Montreal
- Parc Jean-Drapeau
- Circuíto Gilles Villeneuve en Google Maps (Pistas actuais de Fórmula 1)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Canada returns to F1 championship – f1-live.com, November 27, 2009
- ↑ Montreal Grand Prix Is Back On for 2010 – The New York Times, 27 de novembro de 2009
- ↑ "Button scores tenth win in longest race ever". F1 Fanatic. Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ [1] Arquivado 05 de agosto de 2014 en Wayback Machine. – Motor racing-Canadian GP organizers announce 10-year extension
- ↑ Automobile Year, 1978/79, page 235
- ↑ Peter Higham, The Guinness Guide to International Motor Racing, 1995, Page 362
- ↑ "Circuit Gilles Villeneuve". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 5 de setembro de 2011.