Ciro Pollini
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xaneiro de 1782 ![]() Alagna, Italia ![]() |
Morte | 1 de febreiro de 1833 ![]() Verona, Italia ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Residencia | Italia ![]() |
Formación profesional | Doutor en Medicina, Botánica |
Educación | Universidade de Pavia ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica ![]() |
Ocupación | Médico, cirurxián, filósofo, botánico, profesor de botánica |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Pollini ![]() |
Abreviatura do autor en zooloxía | Pollini ![]() |
Ciro Pollini, nado o 27 de xaneiro de 1782 en Alagna, Ducado de Milán, Sacro Imperio Romano-Xermánico (hoxe na provincia de Pavia, Italia), e finado o 1 de febreiro de 1833 en Verona, Reino Lombardo-véneto, Imperio austríaco, foi un médico, cirurxián, filósofo, botánico e profesor de botánica italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de onter o seu doutoramento en Medicina na Universidade de Pavia en 1802, Pollini prefiriu dedicarse aos estudos de Botánica. Trasladouse a Milán e, en 1805 foi nomeado suplente do profesor Vitma,[1] na cátedra de Botánica e Agricultura,[2]A suplencia conferíase especificando que sería outorgada por mérito, pero non co dereito de ocupar a vacante cando faltase o titular.[3] Á morte de Vitman, o 5 de marzo de 1806, Pollini continuou co seu posto temporal e presentou unha petición para obter a cátedra que, con todo, foi asignada en marzo de 1807 a Paolo Sangiorgio, licenciado en Farmacia en Pavia, que pasoo a ser profesor no Liceo e director do Xardín Botánico de Brera,[4] mentres que Pollini foi nomeado profesor de botánica e agricultura no Liceo de Verona.[5]
En 1808 Pollini foi un dos fundadores da Sociedade Literaria de Verona.[6] Entre outras cousas dedicouse ao estudo da flora presente no Monte Baldo e das enfermidades das oliveiras na zona de Verona. Publicou diversos textos e está considerado como o autor da maior obra dedicada á flora do Véneto.[7]
Durante a súa curta carreira describiu numerosas novas especies vexetais, especialmente das failias das Asteraceae, Poaceae, Leguminosae e Orchidaceae.[6]
Morreu en Verona o 1 de febreiro de 1833, dun ataque cardíaco, aos 51 anos.
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- 1810. Elementi di botanica compilati da Ciro Pollini dottore in filosofia medicina e chirurgia ... con molte tavole in rame disegnate dall'autore volume 1. e 2. Verona: Tipografía Moroni.
- 1816. Viaggio al Lago di Garda e al Monte Baldo in cui si ragione delle cose naturali etc. Verona.
- 1822. Flora Veronensis quam in prodromum Floræ Italiæ Septentrionalis exhibet Cyrus Pollinius tomus primus, sendus et tertius. Verona: tipografía e edición da Sociedade Tipográfica.
- 1827. Osservazioni meteorologiche del signor Gio. Federico Mayer, atte in Verona nell'anno 1827. Per commissione dell'Accademia d'agricoltura, commercio e arti. (Con G. F. Mayer) e Osservazioni agrarie del signor Ciro dottor Pollini, fatte in Verona nell'anno 1827.
- 1833. Sulla nuova dottrina medica italiana o browniana riformata. Lettera al dottor Pietro Carpanelli.
- 1833. Catechismo agrario. 5ª ed. Revisada e ampliada do primeiro impreso da Academia de Agricultura, Comercio e Artes de Verona. Ed. Milano: Tip. di G. Silvestri, 1854. (Contén noticia necrolóxica do autor).
Honores
[editar | editar a fonte]- A el está dedicado o Instituto "Ciro Pollini" de Mortara, provincia de Pavia.
- En 1819 foi nomeado membro da Academia de Ciencias de Turín.
Epónimos
[editar | editar a fonte]- (Asteraceae) Leontodon pollinii Welw. ex Rchb.[10]
- (Caryophyllaceae) Silene]] pollinii Nyman[11]
- (Leguminosae) Genista pollinii Spreng. ex Pollini[12]
- (Orchidaceae) Orchis polliniana Spreng.[13]
- (Primulaceae) Primula polliniana Moretti[14]
- (Rosaceae) Rosa polliniana Spreng.[15]
- (Coccoidea), Pollinia pollinii, que el mesmo descubriu nas oliveiras do lago de Garda. [7][16]
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]- A abreviatura Pollini emprégase para recoñecer a Ciro Pollini como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[16]
- A abreviatura Pollini emprégase para recoñecer a Ciro Pollini como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fulgenzio Vitman (1728-1806) foi sacerdote e botánico. Fundou en 1777 o Orto botanico di Brera (Xardín botánico de Brera).
- ↑ A cátedra era do Ginnasio di Brera (Liceo ou Instituto de secundaria de Brera).
- ↑ Enrico Banfi & Agnese Visconti 2013.
- ↑ Enrico Banfi & Agnese Visconti 2013, pp. 180-187.
- ↑ "Nomina dei Professori dei tre Licei convitti". Bollettino delle leggi del Regno d'Italia. parte prima: 149–151. 1807.
- ↑ 6,0 6,1 Giuseppe Biadego 1899, p. 144.
- ↑ 7,0 7,1 Ciro Pollini (1782-1833) Museo de Histori natural de Verona.
- ↑ Pl. Min. Cogn. Pug. 2: 10, farrago. 1815 (IK)
- ↑ Mém. Acad. Imp. Sci. St.-Pétersbourg, Sér. 6, Sci. Math. 2: 304. 1833 (IK)
- ↑ Fl. Germ. Excurs. 853 (IK)
- ↑ Syll. Fl. Eur. 232. 1855 (IK)
- ↑ Fl. Veron. ii. 458. 1814 (IK)
- ↑ Pl. Min. Cogn. Pug. 2: 78. 1815 (IK)
- ↑ Primul. Ital. 12. (IK)
- ↑ Pl. Min. Cogn. Pug. 2: 66. 1815 (IK)
- ↑ 16,0 16,1 Pollini – Ciro (Cyrus) Pollini (1782-1833) no IPNI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Enrico Banfi; Agnese Visconti (2013). "L'orto di Brera alla fine della dominazione Asburgica e durante l'età Napoleonica." (pdf). Atti della società italiana di Scienze Naturali (Milán) II (154): 173–264.
- Giuseppe Biadego (1899). Società Editrice Dante Alighieri, ed. La dominazione austriaca e il sentimento popolare a Verona dal 1814 al 1847 (pdf). Roma.
- Saccardo, Pier Andrea (1869). Della storia e letteratura della flora veneta. Milán: Valentines e Mues.
- Giulio Sandri (1834). P. Libanti, ed. Elogio del dottor Ciro Pollini.
- "Nomina dei Professori dei tre Licei convitti". Bollettino delle leggi del Regno d'Italia. parte prima: 149–151. 1807.