Clara Clemens
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xuño de 1874 Elmira, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 19 de novembro de 1962 (88 anos) San Diego, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | cemiterio de Woodlawn |
Relixión | Ciência Cristã (pt) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, biógrafa, escritora |
Período de actividade | 1906 - |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Piano e voz |
Familia | |
Cónxuxe | Ossip Gabrilowitsch |
Pais | Mark Twain e Olivia Langdon Clemens |
Irmáns | Jean Clemens Susy Clemens |
Clara Langhorne Clemens Samossoud,[1] anteriormente Clara Langhorne Clemens Gabrilowitsch, nada en Elmira (Nova York) o 8 de xuño de 1874 e finada en San Diego (California) o 19 de novembro de 1962,[1] foi unha cantante estadounidense, filla do escritor Samuel Clemens, máis coñecido como Mark Twain. Foi contralto de concerto[2] e, como única filla supervivente do seu pai, xestionou a súa herdanza e preservou o seu legado despois da súa morte. Casou dúas veces, a primeira co pianista ruso-estadounidense Ossip Gabrilowitsch, e logo (despois da morte de Gabrilowitsch) con Jacques Samossoud. Escribiu biografías de Gabrilowitsch e do seu pai. Ao final da súa vida converteuse en científica cristiá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Clara foi a segunda das tres fillas nadas do matrimonio de Samuel Clemens e a súa muller Olivia Langdon Clemens en Elmira, Nova York.[3][4] A súa irmá máis vella, Susy, morreu cando Clara tiña 22 anos. O seu único irmán, Langdon, morreu sendo aínda un bebé antes de que ela nacese. A súa irmá máis nova foi Jean. Clara tivo un grave accidente de pequena, cando baixaba nunha zorra acabou sendo lanzada contra un gran carballo. Isto provocou unha grave lesión na perna que case provocou a súa amputación.[5]
Inicio da súa carreira
[editar | editar a fonte]Pasou o período comprendido entre setembro de 1897 e maio de 1899 vivindo en Viena cos seus pais.[6][7] Mentres estivo alí, educou a súa voz co propósito de pasar aos escenarios de concerto. A súa voz era caracterizada por ser infrecuentemente doce e atractiva.[8] Tamén estudou piano en 1899 con Theodor Leschetizky.[9] En decembro de 1900, foi invitada pola xente de Hartford para actuar no gran concerto ofrecido pola Boston Symphony Orchestra.[3] Estudou durante varios anos con mestres de Europa, antes de realizar o seu debut profesional en Florencia.[10] O seu debut nos Estados Unidos, asistido pola violinista Marie Nichols,[10] como contralto de concerto tivo lugar na tarde do 22 de setembro de 1906 no Norfolk Gymnasium.[11] en Norfolk (Connecticut) onde en 1905 arrendou Edgewood,[12] Clemens empregou os ingresos do concerto para mercar unha ventá conmemorativa para a súa nai na Igrexa Episcopal da Transfiguración de Norfolk.[13] Charles Edmund "Will" Wark (1876-1954), un pianista clásico oriúndo de Cobourg (Ontario, Canadá), converteuse no pianista acompañante de Clemens dende o inverno de 1906 ata xa entrado 1908.[2][14] Clemens e Nichols tamén seguiron actuando xuntas, incluíndo unha serie de concertos en Londres e París en 1908.[15] O 30 de maio, Clemens debutou en Londres nun concerto benéfico, recadando cartos para as rapazas estadounidenses que asistían ás universidades de Oxford e Cambridge.[2][16]
Accidente e matrimonio
[editar | editar a fonte]Ás 10 da mañá do 20 de decembro de 1908 en Danbury (Connecticut), Clemens foi de paseo en zorra co concertista de piano ruso Ossip Gabrilowitsch, que quedaba con seu pai na súa residencia, Innocence at Home,[17] en Redding. Cando pasaban por Redding Glen, o cabalo asustouse por un xornal axitado polo vento e desbocouse, saíndo do control do condutor Gabrilowitsch. No cumio dun outeiro, ao carón dunha caída duns 18 metros, a zorra envorcou, lanzando a Clemens. Gabrilowitsch saltou ao chan e colleu ao cabalo pola cabeza, parándoo cando estaba a piques de caer polo desnivel, arrastrando a Clemens co seu vestido, que quedara enganchado na zorra. Téndose torcido só o nocello dereito, Gabrilowitsch devolveu a Clemens á súa casa, ilesa excepto polo impacto do accidente.[17] O biógrafo de Twain, Michael Shelden, dubida de que a historia deste acto heroico fora certa e facilitou un motivo polo que a historia puido ter aparecido na prensa, isto foi, para silenciar os rumores de que Clara podía estar mantendo un romance con Charles E. Wark, o seu anterior acompañante, un home casado.[18]
Clemens fora presentada a Gabrilowitsch en 1899 en Viena por Theodor Leschetizky que estaba tamén ensinando a Gabrilowitsch.[9] Ao mediodía do 6 de outubro de 1909 casou con Gabrilowitsch na sala de debuxo de Stormfield, a casa de Clemens co Rev. Dr. Joseph H. Twitchell presidindo a cerimonia.[19][20][a] Seu pai dixo que o compromiso non era novo, tendo sido "feito e desfeito dúas veces seis anos atrás".[20] Tamén dixo que o matrimonio fora repentino porque Gabrilowitsch acabara de recuperarse dunha operación cirúrxica que sufrira no verán e que estaban a piques de dirixirse á súa nova casa en Berlín onde el comezaría a súa tempada europea.[20]
A súa irmá, Jean Clemens, afogou na bañeira o 24 de decembro de 1909 logo de sufrir un ataque epiléptico.[21] O 21 de abril de 1910, seu pai morreu e deixoulle toda a súa herdanza nun testamento datado o 17 de agosto de 1909 que prevía pagos trimestrais de interese para mantelo "libre de calquera control ou interferencia de calquera marido que ela puidera ter".[22] O 9 de xullo, Clemens anunciou que estaba dando case a totalidade da biblioteca de seu pai, composta por en torno a 2500 libros, á Mark Twain Free Library.[23]
O 19 de agosto de 1910 naceu a súa única filla en Stormfield, Connecticut[24]. Nina Gabrilowitsch, foi a última descendente lineal coñecida de Mark Twain, finada o 16 de xaneiro de 1966 nun hotel dos Ánxeles. Era alcólica, e na súa habitación atopáronse botes de pílulas e botellas de alcol.[25]
Vida posterior
[editar | editar a fonte]O 23 de abril de 1926, interpretou o papel protagonista nunha dramatización de Xoana de Arco escrita por seu pai, no teatro de Walter Hampden.[1][26][27] Esta adaptación e a súa interpretación non foron moi ben recibidas pola crítica.[26] Foi producida de novo en 1927, comezando o 12 de abril para unha serie de representacións especiais de mañá e de tarde no Edyth Totten Theatre.[28][29]
Gabrilowitsch foi director da Detroit Symphony Orchestra dende 1918 ata 1935, cando caeu enfermo. Ingresou no Henry Ford Hospital o 25 de marzo de 1935, e permaneceu alí ata o 28 de setembro de 1935, momento no cal foi levado convalecente á súa casa.[9][30] Posteriormente morreu na súa casa o 14 de setembro de 1936 aos 58 anos.[9]
O 11 de maio de 1944, Clara e Jacques Samossoud, un director de orquestra nado en Rusia 20 anos menor que ela, casaron na súa casa en Hollywood.[31] Clara morreu aos 88 anos en San Diego (California).[1]
Clara explorou as relixións orientais durante algúns anos, e finalmente volveuse científica cristiá, aínda que hai algunhas dúbidas sobre a súa seriedade e compromiso con ela. Escribiu un libro sobre o tema: Awake to a Perfect Day, publicado por Citadel Press, NYC, 1956[32][33] Despois de opoñerse inicialmente á publicación da obra de seu pai Letters from the Earth en 1939, cambiou de opinión pouco antes de morrer en 1962, e permitiu que foran publicadas.[33] Tamén publicou as biografías de seu pai (My Father, Mark Twain en 1931) e o seu primeiro marido (My Husband: Gabrilowitsch en 1938).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Mrs. Jacques Samossoud Dies; Mark Twain's Last Living Child". The New York Times (en inglés) (San Diego: UPI): 30. 21 de novembro de 1962. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Twain's Daughter Talks about Him". The New York Times (en inglés) (Londres): C3. 14 de xuño de 1908. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 "Heard About Town". The New York Times (en inglés): 4. 25 de decembro de 1900. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ Youngblood, Wayne (2006). Mark Twain Along the Mississippi (en inglés). Gareth Stevens. p. 60. ISBN 0-8368-6435-2.
- ↑ 5,0 5,1 Clemens, Clara (1931). "The Father of Three Little Girls". My Father Mark Twain (en inglés). Nova York e Londres: Harper & Brothers Publishers. pp. 5, 14.
- ↑ "What is Doing in Society". The New York Times (en inglés): 7. 13 de decembro de 1898. ISSN 0362-4331.
- ↑ "Twain's Farewell to Vienna". The New York Times (en inglés) (Viena, publicado o 11 de xuño de 1899): 19. 30 de maio de 1899. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "Some Women". The New York Times (en inglés): 20. 26 de febreiro de 1899. ISSN 0362-4331.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 "Gabrilowitsch, 58, Dead in Detroit". The New York Times (en inglés) (Detroit): 29. 15 de setembro de 1936. ISSN 0362-4331. Consultado o 22 de abril de 2008.
- ↑ 10,0 10,1 "Mark Twain's Daughter to Sing". The New York Times (en inglés): 9. 19 de setembro de 1906. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "Miss Clemens in Concert". The New York Times (en inglés) (Winsted, Conn.): 9. 23 de setembro de 1906. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "Mark Twain Ill of Gout". The New York Times (en inglés) (Winsted, Conn.): 7. 20 de agosto de 1905. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "Window to Mrs. Clemens". The New York Times (en inglés): 1. 22 de xuño de 1907. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "Bissell Theatre Party; Mrs. Sanford Bissell Entertains for Her Debutante Daughter, Miss Doris". The New York Times (en inglés): 7. 7 de febreiro de 1908. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "Miss. Clemens Sails to Sing in Europe". The New York Times (en inglés): 9. 17 de maio de 1908. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "To Help American Girls". The New York Times (en inglés) (Londres, publicado o 31 de maio de 1908): C3. 30 de maio de 1908. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ 17,0 17,1 "Saves Miss. Clara Clemens". The New York Times (en inglés) (Danbury, Conn.): 1. 21 de decembro de 1908. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ Shelden, M.: Mark Twain: Man in White. Random House, 2010
- ↑ "Mark Twain's Daughter Here". The New York Times (en inglés): 2. 17 de abril de 1910. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 "Miss. Clemens Weds Mr. Gabrilowitsch". The New York Times (en inglés) (West Redding, Conn.): 9. 7 de outubro de 1909. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "Miss. Jean Clemens Found Dead in Bath". The New York Times (en inglés) (Redding, Conn.): 1. 25 de decembro de 1909. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "Mark Twain's Will Filed". The New York Times (en inglés) (Redding, Conn.): 1. 4 de maio de 1910. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "Twain Books for Library". The New York Times (en inglés) (Redding, Conn.): 1. 10 de xullo de 1910. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "Daughter Born to Mrs. Gabrilowitsch". The New York Times (en inglés). Redding, Conn. 20 de agosto de 1910. p. 7. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "Nina Clemens Gabrilowitsch 1910-1966" (en inglés). Mark Twain Online. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2009. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ 26,0 26,1 Atkinson, J. Brooks (24 de abril de 1926). "The Play". The New York Times (en inglés): 21. ISSN 0362-4331. Consultado o 23 de abril de 2008.
- ↑ "Clara Clemens in Role". The New York Times (en inglés): 18. 12 de abril de 1926. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "Theatrical Notes". The New York Times (en inglés): 25. 25 de marzo de 1927. ISSN 0362-4331. Consultado o 23 de abril de 2008.
- ↑ "Clara Clemens in "Joan of Arc."". The New York Times (en inglés): 26. 15 de abril de 1927. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "Gabrilowitsch on Mend". The New York Times (en inglés) (Detroit): N8. 29 de setembro de 1935. ISSN 0362-4331. Consultado o 22 de abril de 2008.
- ↑ "Kin of Mark Twain Wed in Hollywood". The New York Times (en inglés) (Hollywood, Calif.): 17. 12 de maio de 1944. ISSN 0362-4331.
- ↑ Gottschalk, Stephen (2005). "Rolling Away the Stone: Mary Baker Eddy's Challenge to Materialism" (en inglés). Indiana University Press: 86. ISBN 0-253-34673-8.
- ↑ 33,0 33,1 Gelb, Arthur (24 de agosto de 1962). "Anti-Religious Work by Twain, Long Withheld, to Be Published". The New York Times (en inglés): 23. ISSN 0362-4331. Consultado o 9 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clara Clemens |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ward, Geoffrey C.; Dayton, Duncan; Burns, Ken (2001). Mark Twain: An Illustrated Biography (en inglés). Nova York: Alfred A. Knopf. ISBN 0-375-40561-5.
- Trombley, Laura Skandera (2010). Mark Twain's Other Women: The Hidden Story of His Final Years (en inglés). Nova York: Alfred A. Knopf. ISBN 978-0-307-27344-4.