Clara Ponsatí
Clara Ponsatí i Obiols, nada en Barcelona o 19 de marzo de 1957, é unha economista e política catalá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seu pai era Josep Maria Ponsatí e súa nai Montserrat Obiols, filla do pintor novecentista Josep Obiols e irmá do político Raimon Obiols.
Actividade académica
[editar | editar a fonte]Clara licenciouse en economía na Universidade de Barcelona en 1980 e realizou o mestrado na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) (1982) e doutorouse en 1988 na Universidade de Minnesota coa tese Incomplete Information Two Person Bargaining with a Finite Set of Posible Agreements[1]. Unha especialista na teoría de xogos e economía pública, con interese na negociaión e a resolución de conflitos.[2] Nos Estados Unidos de clases na Universidade de Minnesota no curso 1986/87 e en 1989 volveu a Barcelona como profesora na UAB[3] con interrupcións para exercer como profesora visitante nas Universidades de California en San Diego (1993/94) e Toronto (2000/01). En 2001 incorpourose como investigadora ao Institut d’Anàlisi Econòmica (IAE) do CSIC e foi a súa directora entre 2006 e 2012. No curso 2012/13 foi profesora visitante da cátedra Príncipe de Asturias da Universidade de Georgetown. En 2013 o ministro de educación e cultura do goberno español, José Manuel García-Margallo, recoñeceu en sede parlamentaria que a súa non renovación fora unha decisión política pola postura favorable de Ponsatí ao dereito de decidir en Cataluña[4]. De volta a Cataluña exerceu como profesora-investigadora de novo no IAE ata xaneiro de 2016 cando a Universidade de St Andrews en Escocia nomeouna profesora e directora da súa escola de economía. Publicou diversos artigos académicos en revistas internacionais de teoría e investigación económica tales como o Journal of Public Economic Theory, Games and Economic Behavior, Social Choice and Welfare, Journal of Economic Theory, International Journal of Industrial Organization, Economica ou Economics Letters.
Actividade política
[editar | editar a fonte]Durante a súa mocidade formou parte da Joventut Comunista de Catalunya e en 1979 entrou a militar no Partit Socialista Unificat de Catalunya [3] pero logo mantívose fóra de toda actividade política pública ata a segunda década do século XXI cando apoiou publicamente o dereito de decidir. En 2014 apareceu no documental sobre o independentismo L'endemà de Isona Passola. Nas eleccións catalás de 2015 foi como suplente pola circunscrición de Barcelona na lista de Junts pel Sí[5]. En maio de 2016 entrou a formar parte do secretariado nacional da Assemblea Nacional Catalana, aliñada co sector crítico da organización[6] permaneceu no posto ata o 17 de xullo de 2017 ao asumir a consellería de ensinanza da Generalitat de Cataluña logo da cesación de Meritxell Ruiz e outros dous conselleiros reticentes a asumiren as consecuencias dun referendo de independencia[7]. Ponsatí colocouse á fronte dun departamento que tiña un papel importante no preparativo do referendo ao localizarense os colexios electores en establecementos de ensino. Tras a celebración do referendo o 1 de outubro e como consecuencia da aplicación do artigo 155 da Constitución española o goberno español interveu o 27 de outubro a autonomía catalá e procedeu, entre outras medidas, á cesación dos conselleiros da Generalitat. Ponsatí canda o presidente Carles Puigdemont e outros tres conselleiros do goberno, Lluís Puig, Antoni Comín e Meritxell Serret marcharon a un exilio autoimposto[8] en Bruxelas o 30 de outubro.
Nas eleccións catalás de 2017 saíu deputada na lista Junts per Catalunya[9][10] porén renunciou á acta de deputada o 28 de xaneiro de 2018[11]. O 10 de marzo anunciou que se ía establecer en Escocia para volver á actividade académica e, xa que logo, oficializaba a súa retirada da política institucional.
O 24 de marz de 2018 o maxistrado do Tribunal Supremo español Pablo Llarena emitiu unha orde de detención europea contra Ponsatí[12]. Mais o 28 a xustiza escocesa deixouna en liberdade aínda que lle retirou o pasaporte[13] e o 19 de xullo o xuíz Llarena retirou a euroorde contra ela e outros políticos cataláns ao saber que a xustiza de Schleswig-Holstein rexeitaba a entrega a España de Puigdemont polo delito de rebelión[14].
O 5 de novembro de 2019 Llarena emitiu outra euroorde contra Ponsatí[15] que se devolveu a España para clarificación. Finalmente, o 14 de novembro de 2019 declarou diante a xustiza escocesa que a deixou en liberdade sen lle retirar o pasaporte e fixou a vista para o 12 de decenbro de 2019[16] pero Ponsatí, que fora nas listas de Lliures per Europa nas eleccións europeas do 26 de maio de 2019 sen resultar elixida, converteuse en europarlamentaria tras o Brexit, ao aumentar en cinco os europarlamentarios españois[17] o que supuxo a suspensión do procedemento de extradición ao considerar a xustiza escocesa que o posto lle concedía inmunidade[18].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CV Clara Ponsatí School of Economics and Finance University of St Andrews" (PDF).
- ↑ "Clara Ponsatí, de la ANC al Govern pasando por Georgetown". La Vanguardia. 14 de xullo de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 "L’economista que ve d’Escòcia en vigílies de l’1-O". La Vanguardia. 5 de agosto de 2017.
- ↑ "Margallo reconeix que va cessar Ponsatí per sobiranista". NacioDigital. 8 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2021. Consultado o 25 de xullo de 2020.
- ↑ "Clara Ponsatí, una economista de l’ANC per pilotar Ensenyament". El País. 14 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 26 de xullo de 2020.
- ↑ "Dotze noms clau del nou secretariat de l’ANC: del Cercle Català de Negocis a l’esquerra ‘indepe’". El Crític. 25 de maio de 2016.
- ↑ "Puigdemont relleva quatre càrrecs per esvair els dubtes sobre l'1-O". Ara. 15 de xullo de 2017.
- ↑ "Catalonia election: Puigdemont calls for talks with Spain". BBC. 22 de decembro de 2017.
- ↑ "Composició del Parlament - Resultats provisionals - Eleccions al Parlament de Catalunya 2017". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 26 de xullo de 2020.
- ↑ "Junts per Catalunya, la llista del PDECat que liderarà Puigdemont". VilaWeb. 13 de novembro de 2017.
- ↑ Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals, ed. (28 de xaneiro de 2018). "Ponsatí, Serret i Puig renuncien a l'acta de diputat des de Bèlgica".
- ↑ "La policía escocesa recibe y activa la orden de detención contra la exconsellera Clara Ponsatí". El Diario. 25 de marzo de 2018.
- ↑ "La justícia escocesa deixa Ponsatí en llibertat condicional i mesures cautelars". Ara.
- ↑ "El juez Llarena retira la euroorden contra Puigdemont, rechaza su entrega y acusa al tribunal alemán de extralimitarse". Europa Press. 19 de xullo de 2018.
- ↑ "Clara Ponsati: New European arrest warrant issued". BBC. 5 de novembro de 2019.
- ↑ "Clara Ponsati bailed in Edinburgh and allowed to keep passport". 14 de novembro de 2019.
- ↑ "Ponsati's role as MEP 'could halt extradition'". BBC News. 23 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Catalan academic's extradition to Spain suspended". BBC News. 5 de marzo de 2020.
- Nados en 1957
- Nados en Barcelona
- Conselleiros da Generalitat de Cataluña
- Deputados do Parlamento de Cataluña
- Europarlamentarios de Cataluña
- Membros da Assemblea Nacional Catalana
- Alumnos da Universidade de Barcelona
- Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona
- Alumnos da Universidade de Minnesota
- Profesores da Universidade Autónoma de Barcelona