Clasificación para a Eurocopa 2016
A clasificación para a Eurocopa 2016 é o torneo de fútbol no que se determinan as seleccións que xogan a final da Eurocopa 2016 que se vai celebrar en Francia. O torneo principiou o 7 de setembro de 2014 e o seu remate está previsto para o 17 de novembro de 2015.
A selección de Francia non participa do torneo por estar de seu clasificada na súa calidade de país anfitrión da fase final da Eurocopa 2016, son xa que logo as outras 53 asociacións afiliadas á UEFA as que disputan os outros 23 postos.
A competición marcou a estrea da selección de Xibraltar en competicións europeas logo que a UEFA a admitira como membro de pleno dereito en maio de 2013.[1]
Sorteo
[editar | editar a fonte]O 24 de xaneiro de 2014 a UEFA estableceu os bombos para o sorteo da fase de clasificación, dividindo as 53 seleccións participantes entre 6 bombos segundo a súa orde no coeficiente UEFA a 12 de decembro de 2013.[2] Cinco bombos conformáronse con 9 equipos e o sexto acolleu ás 8 seleccións co peor coeficiente.
O coeficiente UEFA calculouse tendo en conta os puntos logrados por cada selección nas seguintes competicións:
- Fase de clasificación na fase final da Copa do Mundo FIFA de 2010, é o 20% do coeficiente.
- Fase de clasificación na fase final da Eurocopa de 2012, é o 40% do coeficiente
- Fase de clasificación da Copa do Mundo FIFA de 2014, é o 40% do coeficiente.
Entre paréntese indícase o coeficiente de cada equipo.
Bombo 1 | Bombo 2 | Bombo 3 |
---|---|---|
1.España (42 158) |
10. Ucraína (31 156) |
19. Serbia (25 985) |
Bombo 4 | Bombo 5 | Bombo 6 |
28. Montenegro (22 991) |
37. Islandia (19 243) |
46. Luxemburgo (14 050) |
O sorteo efectuouse no Palais das Congrès Acropolis de Niza, Francia o 23 de febreiro de 2014 e o procedemento aplicado polo Comité Executivo da UEFA foi o seguinte:[2][3]
- Realizouse en primeiro lugar o sorteo do bombo 1 e os seus equipos colocáronse na primeira casa dos grupos en orde alfabética do grupo A ao grupo I.
- Continuouse cos oito equipos do bombo 6 que se encadraron na casa 6 desde o grupo A o H.
- Logo sorteáronse os 9 equipos do bombo 5, colocándose na casa 5 e en orde alfabética do grupo A o grupo I.
- O mesmo procedemento anterior aplicouse para os bombos 4, 3 e 2 nesa rigorosa orde.
Para a realización do sorteo o Comité Executivo da UEFA tomou en consideración o seguinte:
- Por razóns de dereitos televisivos Inglaterra, Alemaña, España, Italia e os Países Baixos habían estar nos grupos de 6 equipos.
- Por razóns políticas o comité executivo da UEFA estableceu que Armenia e Acerbaixán non podían quedar encadrados no mesmo grupo, nin tampouco España e Xibraltar.
Dese xeito quedaron conformados o nove grupos do torneo.[4]
Formato da competición
[editar | editar a fonte]O torneo clasificatorio consta dunha fase de grupos e a fase de play-offs:[5][6]
As 53 seleccións participantes divídense en 9 grupos, 8 grupos de 6 equipos e un grupo de 5. Xógase en todos os grupos cun sistema de todos contra todos a partidos de ida e volta, os equipos clasifícanse consonte os puntos logrados, que se outorgados da seguinte maneira:
- 3 puntos por partido gañado.
- 1 punto por partido empatado.
- 0 puntos por partido perdido.
Se ao remate dos partidos de grupo, dous ou máis equipos terminan empatados en puntos aplícanse os seguintes criterios de desempate:
- Maior número de puntos obtidos nos partidos xogados entre os equipos igualados.
- Maior diferenza de goles resultado dos partidos xogados entre os equipos igualados.
- Maior número de goles marcados nos partidos xogados entre os equipos igualados.
- Maior número de goles marcados de visitante nos partidos xogados entre os equipos igualados.
- Se despois de aplicar os 4 criterios anteriores hai equipos que aínda manteñen a igualdade, os criterios 1 a 4 vólvense aplicar exclusivamente aos partidos xogados entre estes equipos para determinar a súa posición final. Se este procedemento non conduce a unha decisión, aplícanse os seguintes 5 criterios:
- Maior diferenza de goles en todos os partidos de grupo.
- Maior número de goles marcados en todos os partidos de grupo.
- Maior número de goles marcados de visitante en todos os partidos de grupo.
- A conduta Fair Play en todos os partidos de grupo.
- Posición no Coeficiente UEFA con que se iniciou este torneo.
Os 9 gañadores de grupo, os 9 segundos de grupo e o mellor terceiro clasifican directamente para a fase final da Eurocopa. Para determinar o mellor dos terceiros lugares elimínase o resultado que estes equipos obteñan contra o último situado do seu respectivo grupo, salvante o terceiro lugar do grupo I que só conta con 5 equipos, e elabórase unha táboa baixo os seguintes criterios, en orde de aparición:
- Maior número de puntos obtidos.
- Maior diferenza de goles.
- Maior número de goles marcados.
- Maior número de goles marcados de visitante.
- A conduta Fair Play en todos os partidos de grupo.
- Posición no Coeficiente UEFA con que se iniciou este torneo.
Os 8 restantes terceiros lugares pasan a disputar a fase de play-offs para definir os últimos catro clasificados, estes 8 equipos emparéllanse en 4 series de dous equipos que se enfrontan en partidos de local e visitante cun sistema de eliminación directa. En cada serie, clasifícase para a Eurocopa 2016 o equipo que marque máis goles en ambos os dous partidos. Se ambos os equipos marcan a mesma cantidade de goles nos dous partidos aplícase a regra do gol de visitante, se os goles marcados de visitante polos equipos é o mesmo ou se os dous partidos terminan en empate a cero procédese a xogar un tempo extra de dous períodos de 15 minutos cada un ao finalizar o partido de volta. De non marcaren no tempo extra establécese o gañador mediante tiros desde o punto de penal. De marcaren os dous equipos o mesmo número de tantos declárase gañador ao equipo visitante en base á regra do gol de visitante.
Calendario
[editar | editar a fonte]As datas das xornadas foron decidiunas a UEFA o 1 de marzo de 2013, o calendario completo coas datas dos partidos confirmouno o 23 de febreiro de 2014, despois de se realizar o sorteo.[6][7][8]
Fase | Xornada | Data |
---|---|---|
Fase de grupos | Xornada 1 | Do 7 ao 9 de setembro de 2014 |
Xornada 2 | Do 9 ao 11 de outubro de 2014 | |
Xornada 3 | Do 12 ao 14 de outubro de 2014 | |
Xornada 4 | Do 14 ao 16 de novembro de 2014 | |
Xornada 5 | Do 27 ao 29 de marzo de 2015 | |
Xornada 6 | Do 12 ao 14 de xuño de 2015 | |
Xornada 7 | Do 3 ao 5 de setembro de 2015 | |
Xornada 8 | Do 6 ao 8 de setembro de 2015 | |
Xornada 9 | Do 8 ao 10 de outubro de 2015 | |
Xornada 10 | Do 11 ao 13 de outubro de 2015 | |
Play-offs | Ida | Do 12 ao 14 de novembro de 2015 |
Volta | Do 15 ao 17 de novembro de 2015 |
A "Semana do Fútbol"
[editar | editar a fonte]A partir deste proceso clasificatorio a UEFA adoptou o concepto da "Semana do Fútbol" que se aplicará nos torneos de clasificación para a Eurocopa e a Copa Mundial de Fútbol, este novo concepto comprende as seguintes consideracións:[9][10]
- Os partidos disputaranse nun lapso máximo de 6 días, de xoves a martes.
- Nos sábados e domingos os horarios de inicio dos partidos serán ás 18:00 e 20:45 da Hora Central Europea (CET), mentres que nos xoves, venres, luns e martes os partidos principiarán ás 20:45 tamén en horario CET.
- Nas semanas onde coincidan dúas xornadas seguidas as seleccións xogarán os días xoves/domingo, venres/luns ou sábado/martes
- Cada día da Semana do Fútbol terá entre oito e dez partidos.
Fase de grupos
[editar | editar a fonte]Clasificado para a Eurocopa 2016. | |
Vai aos Play-offs. |
Grupo A
[editar | editar a fonte]Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Islandia | 19 | 8 | 6 | 1 | 1 | 15 | 3 | 12 |
República Checa | 19 | 8 | 6 | 1 | 1 | 16 | 10 | 6 |
Turquía | 12 | 8 | 3 | 3 | 2 | 11 | 9 | 2 |
Países Baixos | 10 | 8 | 3 | 1 | 4 | 13 | 10 | 3 |
Letonia | 4 | 8 | 0 | 4 | 4 | 4 | 16 | -12 |
Casaquistán | 2 | 8 | 0 | 2 | 6 | 5 | 16 | -11 |
Grupo B
[editar | editar a fonte]Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gales | 18 | 8 | 5 | 3 | 0 | 9 | 2 | 7 |
Bélxica | 17 | 8 | 5 | 2 | 1 | 17 | 3 | 14 |
Israel | 13 | 8 | 4 | 1 | 3 | 14 | 9 | 5 |
Bosnia e Herzegovina | 11 | 8 | 3 | 2 | 3 | 12 | 10 | 2 |
Chipre | 9 | 8 | 3 | 0 | 5 | 12 | 13 | -1 |
Andorra | 0 | 8 | 0 | 0 | 8 | 3 | 30 | -27 |
Grupo C
[editar | editar a fonte]Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
España | 18 | 7 | 6 | 0 | 1 | 17 | 3 | 14 |
Eslovaquia | 18 | 7 | 6 | 0 | 1 | 13 | 5 | 8 |
Ucraína | 15 | 7 | 5 | 0 | 2 | 12 | 3 | 9 |
Belarús | 4 | 7 | 1 | 1 | 5 | 5 | 14 | -9 |
Luxemburgo | 4 | 7 | 1 | 1 | 5 | 4 | 17 | -13 |
Macedonia | 3 | 7 | 1 | 0 | 6 | 6 | 15 | -9 |
Grupo D
[editar | editar a fonte]Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alemaña | 19 | 8 | 6 | 1 | 1 | 22 | 7 | 15 |
Polonia | 17 | 8 | 5 | 2 | 1 | 29 | 7 | 22 |
Irlanda | 15 | 8 | 4 | 3 | 1 | 17 | 5 | 12 |
Escocia | 11 | 8 | 3 | 2 | 3 | 14 | 10 | 4 |
Xeorxia | 6 | 8 | 2 | 0 | 6 | 5 | 14 | -9 |
Xibraltar | 0 | 8 | 0 | 0 | 8 | 2 | 46 | -44 |
Grupo E
[editar | editar a fonte]Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inglaterra | 21 | 7 | 7 | 0 | 0 | 24 | 3 | 21 |
Suíza | 15 | 7 | 5 | 0 | 2 | 16 | 6 | 10 |
Estonia | 10 | 7 | 3 | 1 | 3 | 4 | 5 | -1 |
Eslovenia | 9 | 7 | 3 | 0 | 4 | 14 | 10 | 4 |
Lituania | 6 | 7 | 2 | 0 | 5 | 4 | 13 | -9 |
San Mariño | 1 | 7 | 0 | 1 | 6 | 0 | 25 | -25 |
Grupo F
[editar | editar a fonte]Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Irlanda do Norte | 17 | 8 | 5 | 2 | 1 | 12 | 6 | 6 |
Rumania | 16 | 8 | 4 | 4 | 0 | 7 | 1 | 6 |
Hungría | 13 | 8 | 3 | 4 | 1 | 6 | 4 | 3 |
Finlandia | 10 | 8 | 3 | 1 | 4 | 7 | 8 | -1 |
Illas Feroe | 6 | 8 | 2 | 0 | 6 | 5 | 12 | -7 |
Grecia | 3 | 8 | 0 | 3 | 5 | 2 | 8 | -6 |
Grupo G
[editar | editar a fonte]Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Austria | 19 | 7 | 6 | 1 | 0 | 12 | 2 | 10 |
Suecia | 12 | 7 | 3 | 3 | 1 | 10 | 5 | 5 |
Rusia | 11 | 7 | 3 | 2 | 2 | 10 | 4 | 6 |
Montenegro | 8 | 7 | 2 | 2 | 3 | 6 | 8 | -2 |
Liechtenstein | 5 | 7 | 1 | 2 | 4 | 2 | 14 | -12 |
Moldavia | 2 | 7 | 0 | 2 | 5 | 3 | 10 | -7 |
Grupo H
[editar | editar a fonte]Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Italia | 18 | 8 | 5 | 3 | 0 | 11 | 5 | 6 |
Noruega | 16 | 8 | 5 | 1 | 2 | 10 | 8 | 2 |
Croacia | 14 | 8 | 4 | 3 | 1 | 16 | 5 | 11 |
Bulgaria | 8 | 8 | 2 | 2 | 4 | 7 | 9 | -2 |
Acerbaixán | 6 | 8 | 1 | 3 | 4 | 6 | 13 | -7 |
Malta | 2 | 8 | 0 | 2 | 6 | 3 | 13 | -10 |
Grupo I
[editar | editar a fonte]Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Portugal | 15 | 6 | 5 | 0 | 1 | 8 | 4 | 4 |
Dinamarca | 12 | 7 | 3 | 3 | 1 | 8 | 4 | 4 |
Albania1 | 11 | 6 | 3 | 2 | 1 | 7 | 3 | 4 |
Armenia | 2 | 7 | 0 | 2 | 5 | 5 | 11 | -6 |
Serbia1 | 1 | 6 | 1 | 1 | 4 | 5 | 11 | -6 |
Mellor terceiro
[editar | editar a fonte]Para elaborar a táboa dos mellores terceiros han eliminarseos resultados que estes equipos lograran contra os últimos clasificados dos seus respectivos grupos co obxectivo de equiparar o número de partidos xogados co terceiro do grupo I, o que só conta con 5 equipos. Ao terceiro do grupo I queda tal cal está, sen lle quitar puntos.
Clasificado para a Eurocopa 2016. | |
Vai aos Play-offs. |
Selección | Gr. | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ucraína | C | 12 | 6 | 4 | 0 | 2 | 11 | 3 | 8 |
Hungría | F | 12 | 7 | 3 | 3 | 1 | 6 | 4 | 2 |
Croacia | H | 11 | 7 | 3 | 3 | 1 | 14 | 5 | 9 |
Albania | I | 11 | 6 | 3 | 2 | 1 | 7 | 3 | 4 |
Rusia | G | 10 | 6 | 3 | 1 | 2 | 9 | 3 | 6 |
Irlanda | D | 9 | 6 | 2 | 3 | 1 | 6 | 5 | 1 |
Israel | B | 7 | 6 | 2 | 1 | 3 | 6 | 8 | -2 |
Turquía | A | 6 | 6 | 1 | 3 | 2 | 7 | 8 | -1 |
Estonia | E | 6 | 5 | 2 | 0 | 3 | 2 | 5 | -3 |
Fase de play-offs
[editar | editar a fonte]Oito seleccións, divididas en 4 series de 2 equipos, participan nos play-offs. Os emparellamentos quedarán definidos mediante un sorteo que se realizará o 18 de outubro de 2015 en Nyon, Suíza.
Goleadores
[editar | editar a fonte]Atualizado a 08 de setembro de 2015, 00h30[15]
Clasificados
[editar | editar a fonte]Equipo | Fase | Data | Participacións previas1 |
---|---|---|---|
Francia | Organizador | 28 de maio de 2010 | 8 (1960, 1984, 1992, 1996, 2000, 2004, 2008, 2012) |
Inglaterra | Grupo E | 5 de setembro de 2015 | 81968, 1980, 1988, 1992, 1996, 2000, 2004, 2012) | (
República Checa2 | Grupo A | 6 de setembro de 2015 | 81960, 1976, 1980, 1996, 2000, 2004, 2008, 2012) | (
Islandia | Grupo A | 6 de setembro de 2015 | 0 (estrea) |
- 1 Negra indica campión dese ano. Cursiva indica organizador dese ano.
- 2 1960–80 como Checoslovaquia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A UEFA recoñece a Xibraltar malia as amenazas e presións do Estado español". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 8 de setembro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "Bombos del sorteo de la fase de clasificación". UEFA. 24 de xaneiro de 2014.
- ↑ "UEFA EURO 2016 Qualifying Draw Procedure" (PDF). UEFA (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2014.
- ↑ "España ya conoce sus rivales". UEFA. 23 de febreiro de 2014.
- ↑ "Regulations of the UEFA European Football Championship 2014-16" (PDF). UEFA (en inglés). 12 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xuño de 2015. Consultado o 08 de setembro de 2015.
- ↑ 6,0 6,1 "Formato de la clasificación UEFA EURO 2016". UEFA. 1 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2015. Consultado o 08 de setembro de 2015.
- ↑ "Calendario confirmado". UEFA. 23 de febreiro de 2014.
- ↑ "Fixture List-UEFA EURO 2016 Qualifying Competition" (PDF). UEFA (en inglés). 23 de febreiro de 2014.
- ↑ Adrian Harte (10 de abril de 2013). "Derechos de emisión de los partidos de clasificación". UEFA. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 08 de setembro de 2015.
- ↑ "Explicación de la 'Semana del Fútbol'". UEFA. 1 de setiembro de 2014.
- ↑ "Reducción de un punto para Croacia en la fase de clasificación". UEFA. 23 de xuño de 2015.
- ↑ Agencia EFE (23 de xullo de 2015). "La UEFA le quita un punto a Croacia, que jugará dos partidos a puerta cerrada". Marca.
- ↑ «Decisiones disciplinarias sobre el Serbia - Albania» Arquivado 15 de xullo de 2015 en Wayback Machine..
- ↑ Axencia AP (10 de xuño de 2015).
- ↑ "Estatísticas da Qualificações Européia". UEFA (en portugués). 08 de setembro de 2015.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Torneo clasificatorio para a Eurocopa 2016 Arquivado 13 de setembro de 2015 en Wayback Machine. en UEFA.com