Clodión
Nome orixinal | (la) Chlogio, Clodio, Cloio (fr) Clodion «le Chevelu» |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 393 valor descoñecido |
Morte | 448 (Gregoriano) (54/55 anos) valor descoñecido |
Rei dos francos | |
← valor descoñecido – Meroveo → | |
Datos persoais | |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | King of Salian Franks (en) (–451) |
Familia | Dinastía Merovinxia |
Fillos | Clodebaud, Meroveo |
Pai | Teodemiro |
Parentes | Teodemiro, may be father Faramundo, may be father |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Clodion o Cabeludo, finado no 448, foi xefe dos francos salios e segundo rei da Dinastía Merovinxia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Talvez fillo de Faramundo e irmán de Cleno, foi alcumado "o Cabeludo", porque tiña moito pelo ou porque levaba o pelo máis longo có dos seus predecesores.
Comezaba a reinar cando o xeneral romano Aecio o atacou á fronte dun grande exército. Derrotouno e desposuíuno de todas as súas propiedades na Galia. Clodión para vingarse dos romanos, cae sobre a Turinxia e dedicouse á pillaxe, sorprendendo un castelo denominado Disparg. Aecio marcha de novo contra el e logo de volvelo a vencer instauran a paz. Esta paz durou pouco, xa que vendo Clodión que todas as vilas da fecunda Bélxica estaban sen defensa, conquistou o país ata a proximidade do río Somme. Pero non puido conservar esta conquista, sorprendéndoo Aecio cando estaba celebrando a voda dun gran señor do seu exército. Perdeu todo o que conquistara a este lado do Rhin. Logo de vinte anos de reinado morre cara ao ano 448, segundo algúns, debido á dor pola morte do seu primoxénito, morto durante o asedio de Soissons. Descoñécese o nome da raíña e o dos seus fillos.
Sucédeo no trono Meroveo.
Reino franco | ||
---|---|---|
Segue a: Faramundo |
Clodión | Precede a: Meroveo |
Merovinxios |