Clotario II
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (la) Chlotarius (la) Chlotacharius ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 584 (Gregoriano) ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | 18 de outubro de 629 ![]() valor descoñecido ![]() |
Lugar de sepultura | Abadia de Saint-Germain-des-Prés (pt) ![]() ![]() |
Rei dos francos | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino franco ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Outro![]() | |
Título | Rei dos francos (613–623) Rei dos francos (613–629) Rei dos francos (584–629) ![]() |
Familia | Dinastía Merovinxia ![]() |
Cónxuxe | Haldetrude Bertrude Sichilda |
Fillos | Dagoberto I ( ![]() ![]() Meroveo (pt) ![]() ( ![]() ![]() Berta (en) ![]() ( ![]() ![]() Emma da Austrásia (pt) ![]() ( ![]() ![]() Cariberto II ( ![]() ![]() Enimia (en) ![]() ( ![]() ![]() |
Pais | Khilperico I ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Basina, daughter of Chilperic I (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2a/Clotaire_II_Lombards.jpg/220px-Clotaire_II_Lombards.jpg)
Clotario II, nado en 584 e finado en 629, foi rei de Neustria, París e finalmente dos francos. Fillo de Khilperico I e de Fredegunda. Pai de Dagoberto I.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Proclamado rei de Neustria á morte do seu pai con só meses de idade. A rexencia lévaa a súa nai Fredegunda. Pronto comezou a ter problemas cos nobres que lle reprochaban a forma en que obtivera o poder.
Non podendo gobernar só, chamou ao seu cuñado Gontrán I, que xa controlaba a maioría do reino franco. Este fai promulgar no ano 587 mediante o tratado de Andelot numerosas reformas conducentes a simplificar a xestión do reino.
Gontrán fai tamén recoñecer, baixo o nome da lei sálica, un costume segundo a cal o rei non necesitará dividir o reino entre os seus herdeiros. Debe designar un só e único sucesor. Se non o fai, terase en conta a primoxenitura masculina ou o parentesco próximo.
Gontrán morreu no 592, deixando ao seu sobriño baixo a tutela dun consello formado por leudes e Mordomos de Palacio. Fredegunda morreu no 597, deixando ao seu fillo con enormes dificultades.
Gontrán deixara a maior parte das súas posesións ao seu outro sobriño, Khildeberto II. Á súa morte Clotario convértese no rei de todos os francos.
Un dos primeiros actos de Clotario foi de vinganza. Fai asasinar a Brunequilda, nunha ofrenda póstuma á súa nai.
Desde o 613 ata a súa morte no 629, Clotario II goberna un país franco unificado, pacificado, pero con xordas loitas de influencia entre o poder central e os seus leudes, que non puidera eliminar, necesitando numerosos administradores para un reino tan grande. Neste momento é cando comeza o poderío dos mordomos de palacio, aos cales cede o mando dos exércitos e recoñece como hereditario o cargo de mordomo. Constituíndo unha ameaza para o trono.
Á súa morte, Clotario II deixa o xerme da decadencia merovinxia, aínda que o seu comezo estará atrasada pola acción do seu fillo, o último gran rei merovinxio, Dagoberto I.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clotario II |