Faramundo
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Rei dos francos | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Familia![]() | |
Familia | Dinastía Merovinxia ![]() |
Fillos | Clodión ![]() |
Pai | Marcomir ![]() |
Parentes | Clodión (may be child (en) ![]() ![]() |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9b/01_Pharamond.jpg/220px-01_Pharamond.jpg)
Faramundo ou Faramond (en francés Pharamond) está considerado tradicionalmente como o primeiro monarca merovinxio: Dise que o seu fillo foi Chlodion ou Clodión "o Cabeludo" (o seu sucesor) e o seu neto Meroveo, o que probabelmente é máis lenda que realidade histórica. É o primeiro Duque dos francos salios de Francia. No ano 420, atravesou o río Rhin preto de Colonia, en dirección oeste e separou a tribo dos francos en dúas metades:
- os francos salios
- os francos renanos ou ripuarios
Algúns historiadores consideran que Faramundo foi o primeiro rei de Francia, pero a extensión dos seus dominios era moito máis limitada: os actuais Bélxica, Países Baixos e noroeste de Alemaña. Cara ao ano 420, reinando os emperadores Honorio no Imperio Romano de Occidente e Teodosio "o Mozo" en Oriente, foi alzado sobre un escudo, presentado a todo os exércitos, e recoñecido como Xefe das tribos. Non se saben con certeza as súas obras, a súa morte, o lugar onde foi sepultado e o nome da súa esposa. Dise que tamén foi pai de Cleno, cuxo destino se descoñece. Faramundo morreu no ano 428, logo de oito anos de reinado.
Fundou a familia dos merovinxios.