Saltar ao contido

Clytus arietis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

C. arietis sobre Rubus

Clytus arietis é unha especie de escaravello da familia dos cerambícidos que no seu aspecto imita a unha avespa.[1][2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Acada os 9-18 mm de lonxitude e voa ben á luz do sol desde maio a xullo, a miúdo visitando as flores buscando pole e néctar. É inofensivo pero está protexido polo seu padrón de cores que imita as avespas e tamén imita os seus movementos, o que é un caso de mimetismo batesiano, que asusta aos depredadores. As larvas viven en madeira podre. Tamén emite un son rumbante cando está ameazado. Pode verse vagando polas flores desde finais da primavera a principios do verán e facilmente pode ser confundido cunha avespa. Non debe ser confundido con outro escaravello que tamén imita as avellas, que pertence á especie Rutpela maculata.

  1. Clytus arietis na Encyclopedia of Life
  2. Clytus arietis Arquivado 29 de marzo de 2023 en Wayback Machine. at the Watford Coleoptera Group website

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.