Saltar ao contido

Compositor, compositora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Compositora»)
Algúns dos compositores de música clásica máis coñecidos da historia. De esquerda a dereita: Vivaldi, Bach, Händel, Mozart, Beethoven; Rossini, Mendelssohn, Chopin, Wagner, Verdi; Johann Strauss II, Brahms, Bizet, Chaikovsky, Dvořák; Grieg, Elgar, Rakhmáninov, Gershwin e Khachaturian.
Retrato de Fanny Mendelssohn, realizado polo seu marido en 1829. Ao longo da historia, desde a antigüidade até a época contemporánea, houbo numerosas compositoras mulleres, que, a pesar de diversos prexuízos e barreiras sociais, conseguiron ter unha carreira musical destacada, entre elas por exemplo Clara Schumann, Nannerl Mozart, Cécile Chaminade ou Lili Boulanger.

Un compositor ou compositora é alguén que escribe (compón) música.[1]

A canadense Loreena McKennit en concerto no anfiteatro de Ostia Antica Roma. Ademais de compositora, é intérprete de violoncello, arpa e arcordeón.

Algúns compositores traballan escribindo a súa música en partituras (tradicionalmente no papel, hoxe tamén en programas dixitais) mediante o que se chama "notación musical". Os escritores de música clásica traballan deste xeito para facer as súas composicións musicais; Os compositores de música para televisión e películas tamén adoitan escribir deste xeito, para que unha orquestra ou outros intérpretes poidan ler a música e reproducila.

Composición mediante improvisación

[editar | editar a fonte]

Algúns músicos son moi bos na improvisación. Isto significa que pensan (inventan) a música mentres a tocan. Algúns organistas de igrexa son bos para improvisar; durante un servizo poden ter que tocar algo de música de órgano para cubrir os ocos mentres a xente está a recoller diñeiro ou a recibir a comuñón. Alén da capacidade para improvisar, ou para compor dun xeito moi rápido, algúns organistas foron especialmente prolíficos, como o músico Johan Sebastian Bach, que durante a súa estadía en Leipzig compuña unha peza distinta para cada misa dos domingos, chegando a facer máis de 300 cantatas.[2]

Os músicos de jazz tamén adoitan ser excelentes improvisadores. A improvisación non se anota, polo que cada vez é diferente.

McCartney e Lennon en 1964.

Composición sen partituras

[editar | editar a fonte]

Os escritores de música popular e de rock ou soul moitas veces non son capaces de ler nin escribir música. Moitos compositores de pop ou rock compoñen as súas cancións cunha guitarra ou un piano. Por exemplo, Cole Porter e Irving Berlin compoñían normalmente ao piano.

Numerosos compositores destes estilos populares non podían ler partituras con fluidez, como Jimi Hendrix, Eric Clapton ou Bob Dylan, que compuxeron sen notación musical tradicional. Hendrix, recoñecido pola súa habilidade revolucionaria coa guitarra eléctrica, dependía exclusivamente do seu oído musical e non tiña formación clásica;[3] O mesmo se aplica a Dylan, cuxa forza creativa estaba máis nas súas letras, polas que recibiu o Nobel de Literatura.[4]

Composición por varios autores

[editar | editar a fonte]

É habitual que dúas persoas traballen xuntas para escribir cancións. Moitas cancións son escritas por dúas ou máis persoas, como Lennon/McCartney, reflectido así nos créditos mesmo cando algunha canción fora composta maiormente por un só deles.[5]

Ás veces, unha persoa escribe a música e outra as palabras para ser cantadas (por exemplo John Williams compuxo cancións para O retorno do Jedi con letra do seu fillo Joseph Williams).[6]

Acordeón con partituras de "A saia da Carolina" no Museo Galego do Entroido en Xinzo de Limia.

Algunhas cancións da tradición popular ou folk foron compostas hai moitos anos e son anónimas: ninguén sabe quen as compuxo, e poden ter variantes segundo o lugar onde se toquen. Por exemplo, A Carolina ten unha letra similar pero con variacións en Galiza, Asturias, León e Portugal, e unha melodía que tamén varía, con similitudes a unha peza bretoa.

Discapacidades, doenzas e outras dificultades para compoñer

[editar | editar a fonte]

A historia da música está chea de exemplos de compositores e compositoras que superaron serias dificultades físicas e mentais, e mesmo severas discapacidades, para a práctica da escritura musical.

Compositores con xordeira

[editar | editar a fonte]
A compositora escocesa Evelyn Glennie dá numerosos concertos a pesar da xordeira.

Ludwig van Beethoven é un dos exemplos máis coñecidos; a pesar de tornarse completamente xordo na última parte da súa vida, continuou a compór e produciu algúns dos seus traballos máis importantes durante este período.[7]

Evelyn Glennie, é unha compositora e percusionista escocesa que, após perder case toda a súa audición aos 12 anos, alcanzou un éxito moi relevante como solista, con máis de cen concertos anuais de media. Glennie explica que usa o tacto para sentir as vibracións dos instrumentos, permitíndolle executar con precisión extraordinaria. A súa abordaxe innovadora sobre a sensación do son cambiou o modo en que moitos conciben a música e a discapacidade.[8]

Bedřich Smetana, un dos máis importantes compositores checos, xunto con Dvořák , tamén sufriu xordeira case total nos seus dez últimos anos de vida. Porén, continuou compondo e nesa época produciu a súa obra máis famosa, Má vlastA miña patria»).[9]

Gabriel Fauré, outro compositor e pedagogo que sufriu unha progresiva xordeira, adaptou o seu estilo de composición á medida que a súa condición avanzaba. A pesar da súa discapacidade, Fauré compuxo algúns dos seus traballos máis aclamados neste período, incluíndo a súa última obra para piano, o undécimo "Nocturne".[10]

Actuación na Casa Branca. Stevie Wonder, a pesar de non poder ver as partituras, destacou desde os dez anos como multi-instrumentista e compositor.

Compositores con cegueira

[editar | editar a fonte]

Ray Charles e Stevie Wonder, ambos os dous cegos dende a infancia, compuxeron e interpretaron numerosas obras de diversos xéneros xéneros como soul , R&B, pop rock ou reggae.[11][12]

Outro exemplo é Joaquín Rodrigo: o compositor do famoso "Concierto de Aranjuez" quedou cego aos tres anos debido a unha doenza e foi quen de compoñer usando técnicas especiais para escribir música.[13]

Georg Friedrich Händel tamén experimentou graves problemas de visión cara ao final da súa vida, o que resultou en cegueira case absoluta. Con todo, Händel continuou compondo e dirixindo, e mesmo estreou obras importantes como o "Messias" durante esta etapa.[14][15]

Louis Thomas Hardin, Moondog, un compositor e músico estadounidense ficou cego dende a adolescencia debido a un accidente con un explosivo, Moondog creou un corpo de obra musical que abrangue desde a música clásica até o jazz e o minimalismo musical, a quen algúns músicos como Philip Glass atribúen a paternidade do xénero.[16]

Doenzas mentais

[editar | editar a fonte]

Algunhas figuras prominentes na historia da música sufriron de enfermidades mentais, o que influíu nas súas carreiras creativas.

Robert Schumann é un dos exemplos máis coñecidos; padecía posibelmente de trastorno bipolar e esquizofrenia,[17] o que levou a períodos de intensa creatividade seguidos por outros de profunda depresión nos que sufría alucinacións auditivas.[18]

Outro caso é o de Peter Warlock, compositor británico coñecido tanto pola súa música innovadora como pola súa vida tumultuosa e o seu tráxico final, que algúns estudosos atribúen a problemas psicolóxicos.[19][20]

Compositores con saúde fráxil

[editar | editar a fonte]

Compositores como Frédéric Chopin e Vaughan Williams tiveron que loitar contra a saúde fráxil ao longo das súas vidas. Chopin, que sufría de tuberculose, compuxo algunhas das pezas máis evocadoras e tecnicamente desafiantes para piano a pesar da súa doenza crónica.[21] Vaughan Williams, por outra banda, loitou con problemas de saúde durante a súa vellez, pero continuou a compoñer, incluíndo obras sinfónicas e corais.[22]

Compositores con problemas graves nas extremidades

[editar | editar a fonte]

Algúns compositores acadaron a excelencia musical mesmo sendo amputados ou tendo danado algún membro superior.

Django Reinhardt, quen sufríu queimaduras graves na man esquerda, desenvolveu unha técnica de guitarra que se adaptaba á súa limitación.[23]

Itzhak Perlman e Paul Wittgenstein son outros exemplos de músicos que superaron a perda do uso das súas extremidades. Perlman, afectado pola polio, utilizou muletas e centrouse no violín, mentres que Wittgenstein, quen perdeu o seu brazo dereito na guerra, dedicouse a interpretar e escribir cartas para encargar obras para a súa man esquerda.[24][25]

  1. "compositor, compositora". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-05. 
  2. Bozo, Miguel (2021-11-18). "Grandes Compositores: Johann Sebastian Bach". Cultura UNAB (en castelán). Consultado o 2024-11-05. 
  3. Kevin (2024-04-07). "The Guitar Style Of Jimi Hendrix: Techniques And Influences". Kevin Lee Guitars (en inglés). Consultado o 2024-11-05. 
  4. Music, P. D. (2024-02-26). "20 Famous Musicians Who Couldn’t Read Music You Should Know". Public Domain Music (en inglés). Consultado o 2024-11-05. 
  5. Alves, João Renato (2024-08-17). "Quando John Lennon explicou quem compôs cada música dos Beatles". Igor Miranda (en portugués). Consultado o 2024-11-05. 
  6. "John Williams (Ft. The London Symphony Orchestra) – Ewok Celebration and Finale". Genius. Consultado o 2024-11-05. 
  7. "Ludwig van Beethoven". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 2023-11-24. 
  8. "How to Truly Listen". Ted Talks. Consultado o 2023-11-24. 
  9. "Bedřich Smetana". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 2023-11-24. 
  10. "Gabriel Fauré: Facts, music, and biography". Classic FM. Consultado o 2023-11-24. [Ligazón morta]
  11. "Ray Charles Biography". Biography.com. Consultado o 2023-11-24. 
  12. "Stevie Wonder Biography". Biography.com. Consultado o 2023-11-24. 
  13. "Joaquín Rodrigo". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 2023-11-24. 
  14. "George Frideric Handel". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 2023-11-24. 
  15. Watkins Shaw (1963). The story of Handel's Messiah, 1741-1784: a short popular history. Novello. 
  16. "Moondog Biography". AllMusic. Consultado o 2023-11-24. 
  17. Estes termos psiquiátricos non se desenvolveron até décadas despois da súa morte, pero os seus síntomas, documentados en cartas, diarios e relatos de familiares e amigos, incluían episodios son consistentes con eses criterios diagnósticos. Son especulacións retrospectivas, xa que Schumann non foi diagnosticado oficialmente con esas condicións.
  18. "Robert Schumann". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 2023-11-24. 
  19. "Peter Warlock". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 2023-11-24. 
  20. PWAdmin. "Peter Warlock Society – Website for the Peter Warlock Society". Peter Warlock Society (en inglés). Consultado o 2024-11-05. 
  21. "Frédéric Chopin". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 2023-11-24. 
  22. "Ralph Vaughan Williams". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 2023-11-24. 
  23. "Django Reinhardt". AllMusic. Consultado o 2023-11-24. 
  24. "Itzhak Perlman". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 2023-11-24. 
  25. "The Left-Handed Monk of the Keyboard". The New York Times. Consultado o 2023-11-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.