Saltar ao contido

Conca do Mediterráneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaConca do Mediterráneo
Imaxe
Tipobioregion (en) Traducir
sea basin (en) Traducir
conca fluvial
localización xeográfica Editar o valor en Wikidata
EpónimoMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Parte deconca do océano Atlántico Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 0°N 0°L / 0, 0
Bañado porMar Mediterráneo, Río Xúcar, Río Segura, Río Ebro, Río Ródano, Mar Balear, Mar Tirreno, mar Adriático, Mar Xónico, Mar Exeo, Mar Negro, Dardanelos, Mar de Mármara, Bósforo, Río Danubio, Río Dniepr, Río Dnister, Río Don, Río Po, Río Orontes, Río Kevin, Golfo de Tarento (pt) Traducir, Lagoa de Venecia, Golfo de Corinto, Golfo Termaico (pt) Traducir, Mar de Alborán, Golfo de Valencia, Golfo de León, Mar de Liguria, Mar da Sardenha (pt) Traducir, Mar Menor, Albufera of Valencia (en) Traducir, Ebro Delta (en) Traducir, Camarga, Golfo de Gênova (pt) Traducir, Golfo de Nápoles, Río Turia, Río Llobregat, Río Ter, Río Tíber e Estreito de Xibraltar Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
AtravesaEspaña, Francia, Italia, Grecia, Croacia, Turquía, Siria, Exipto, Israel, Libia, Tunisia, Alxeria, Marrocos, Albania, Montenegro, Chipre e Malta Editar o valor en Wikidata
Superficie4.000.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
ClimaClima mediterráneo Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451432
Mapa das concas de drenaxe aos océanos e aos mares Mediterráneo e Caribe. Os territorios que drenan as súas augas no Mediterráneo aparecen coloreados de azul claro

A conca do Mediterráneo é un concepto xeográfico con connotaciones históricas e culturais.

Nela desenvolvéronse as denominadas civilizacións mediterráneas, cuxa continuidade no tempo ata a actualidade maniféstase nunha cultura mediterránea en gran parte común por riba das fondas diferenzas políticas e relixiosas. Tal unidade de cultura ou civilización viuse afectada na época contemporánea por varios factores: por unha banda aparece homoxeneizada coas do resto do mundo por efecto da globalización; e doutra banda presenta unha contraditoria relación co fenómeno do turismo, que por unha banda a magnifica e por outro a desvirtúa. Adoitan definirse como trazos comúns desa cultura mediterránea, ademais da herdanza cultural da Antigüidade clásica e do enfrontamento secular de civilizacións (grecorromana, xudeocristiá, islámica), moitos da vida cotiá, como a dieta mediterránea (legumes, froitas e verduras, peixe; e os tres alimentos básicos elaborados dende a máis remota antigüidade a partir de produtos agrícolas e cultivos especificamente adaptados á rexión: pan do trigo, aceite da oliveira e viño da vide -ás veces denominados triloxía mediterránea-); a animada vida e o espírito de festa estimuladas pola benignidade do clima mediterráneo; multitude de tópicos e estereotipos, como unha certa forma, á vez vitalista e fatalista, de entendela vida.[1]

A unidade do Mediterráneo preténdese activar periodicamente por certas iniciativas políticas (Proceso de Barcelona: Unión para o Mediterráneo) e ata deportivas (Xogos do Mediterráneo).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]