Saltar ao contido

Concello de Hudiksvall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Hudiksvall
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 61°44′00″N 17°07′00″L / 61.7333, 17.1167
EstadoSuecia
Condadocondado de Gävleborg Editar o valor en Wikidata
CapitalHudiksvall (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación37.609 (2024) Editar o valor en Wikidata (8,31 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie4.524,18 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Kaskinen
Namsos (en) Traducir
Maribo (pt) Traducir
Namsos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webhudiksvall.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: hudiksvallskommun Twitter: HudiksKommun Instagram: hudiksvallskommun LinkedIn: hudiksvalls-kommun Youtube: UC5LbQxnjx8qWInBeZI2AAQg Flickr: 88046318@N03 GitHub: Hudiksvallskommun Editar o valor en Wikidata

Hudiksvall é un municipio sueco (kommun) do condado de Gävleborg.[1] A súa capital é Hudiksvall. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 37 746 habitantes.[2]

O municipio atópase no nordés do landskap de Hälsingland, co golfo de Botnia ao leste. Ao sur limita co concello de Söderhamn, ao suroeste co de Bollnäs, ao oeste co de Ljusdal e ao norte co de Nordanstig, todos no condado de Gävleborg.

Administración histórica

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Bjuråker, Delsbo, Enånger, Forsa, Hälsingtuna, Hög, Idenor, Nianfors, Njutånger, Norrbo e Rogsta. Nestas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862, aínda que o de Nianfors fundouse un pouco máis tarde, en 1869. Na zona tamén estaba a cidade de Hudiksvall que dende 1582 ata 1863 creou unha cidade municipal (stadskommun).

Na área esableceuse o 23 de novembro de 1906 a localidade municipal de Åvik que foi disolta a finais do ano 1910 cando partes dos concellos rurais de Hälsingtuna e Idenor (incluída a área da localizade municipal) fusionáronse coa cidade de Hudiksvall.

Coa reforma municipal de 1952 o resto de Idenor incorporouse a Hudiksvall, e ao mesmo tempo fundáronse os seguintes grandes concellos: Hälsingtuna (a partir dos concellos de Hälsingtuna e Rogsta), Njutånger (de Nianfors e Njutånger), Enånger (sen cambios), Delsbo (sen cambios), Bjuråker (de Bjuråker e Norrbo) e Forsa (de Forsa e Hög).

En 1963 fundouse o municipio rural de Iggesund a partir dos de Enånger e Njutånger. En 1965 o concello rural de Hälsingtuna incorporouse á cidade de Hudiksvall. O concello de Hudiksvall naceo coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Hudiksvall e dos concellos rurais de Bjuråker, Delsbo, Forsa e Iggesund.[3]

Entre 1987 e 2007 o concello dividiuse nas áreas de goberno local de Iggesund, Dellenbygden, Forsa e Hudiksvall.[4] En 1996 estableceuse tamén även o Svågadalsnämnden, que é un intento de democracia local nas zonas rurais do noroeste do concello. O Svågadalsnämnden aínda existe.

O concello Kommunen pertence dende a súa fundación ao partido xudicil de Hudiksvall.[5]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-02. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-02. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784. 
  4. "Verksamhetsberättelse 2006" (PDF). hudiksvall.se. Archived from the original on 07 de novembro de 2016. Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  5. "Hudiksvalls tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 8 de outubro de 2022.