Saltar ao contido

Concello de Mora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Mora
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 61°01′00″N 14°32′00″L / 61.0167, 14.5333
EstadoSuecia
CondadoCondado de Dalarna Editar o valor en Wikidata
CapitalMora (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación20.540 (2024) Editar o valor en Wikidata (6,6 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie3.111,48 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Changchun (2005–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webmorakommun.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: morakommun Instagram: morakommun LinkedIn: mora-kommun Youtube: UCEAVV9wrBd0pC8dIKdBplnQ Editar o valor en Wikidata

Mora é un concello sueco no condado de Dalarna.[1] A súa capital é a localidade de Mora. No mes de decembro de 2024 vivían no municipio 20 540 persoas.[2]

No concello de Mora a actividade económica caracterízase por unha gran tradición fabril e turística. O municipio ten unha longa historia de traballos co metal, a carpintería e a talla, con teares, mobles, kyrkbåtar (pequenas embarcacións de remos) e cabalos Dalarna como exemplos típicos da artesanía local. Produtos de Mora, como coitelos, billas e cabalos de Dalarna, son obxectos comúns nas casas suecas e representan a forte tradición emprendedora do concello. A actividade económica inclue tamén a empresas innovadoras, como Next Green, que fabrica estacións de carga para coches eléctricos. A vida natural e cultural do municipio atrae turistas e creou unha industria turística con moitas empresas do sector.

Administración histórica

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Mora, Sollerön, Venjan e Våmhus. Nelas fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.

A localidade municipal de Morastrand estableceuse o 8 de outubro de 1893 e disolveuse en 1908 cando se formou o köping de Morastrand a través dunha excisión do municipio rural de Mora.

A reforma municipal de 1952 non afectou a ningunha división da zona.En 1959 o concello rural de Mora incorporouse ao köping que ao mesmo tempo pasou a chamarse Mora köping.

O concello de Mora fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir do köping e dos municipios rurais de Sollerön, Våmhus e Venjan.[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello atópase no centro de Dalarna e limita ao leste co municipio de Rättvik, ao sueste co de Leksand, ao sur co de Vansbro, ao oeste co de Malung-Sälen, ao noroeste co de Älvdalen e ao norte co concello de Härjedalen.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-12-29. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-06. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7. OCLC 33359784.