Concello de Vansbro
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Dalarna ![]() | ||||
Capital | Vansbro (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.752 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.657,32 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | vansbro.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Vansbro é un concello sueco no condado de Dalarna. A súa capital é a localidade de Vansbro.
A área que conforma o municipio é accidentada e en gran parte está cuberta de bosque. A través do concello flúe o río Västerdalälven.
Desde principios do século XX, a economía local estivo dominada pola agricultura, a silvicultura e a industria da madeira. Ata principios da década de 2020 a actividade económica ampliouse para incluír empresas das industrias do metal, plásticos, electrónica e alimentos.
Salvo algúns anos, a tendencia poboacional foi negativa desde a constitución do concello en 1971. En decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 6 752 habitantes.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Vansbro atópase no suroeste do condado de Dalarna. Limita ao sueste co municipio de Ludvika, ao leste co de Gagnef, ao nordés co de Leksand, ao norte co de Mora, e ao oeste co de Malung-Sälen, todos eles en Dalarna. Ao sur ten fronteira co concello de Filipstad, no condado de Värmland.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-04.