Condado de Örebro
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia ![]() | ||||
Capital | Örebro ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 307.834 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 8.545,6 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1634 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Maria Larsson (pt) ![]() ![]() | ||||
ISO 3166-2 | SE-T e SE-18 ![]() | ||||
Código NUTS | SE124 ![]() | ||||
Páxina web | t.lst.se… ![]() |
O Condado de Örebro, ou Örebro län, é un condado ou län que se atopa no centro de Suecia. Fa O condado fai fronteira cos condados de Västra Götaland, Värmland, Dalarna, Västmanland, Södermanland e Östergötland.
Provincia[editar | editar a fonte]
Os condados de Suecia son principalmente unidades administrativas, mentres que as provincias axústanse a fronteiras culturais e históricas. O condado de Örebro está formado pola provincia de Närke, a metade occidental de Västmanland e pequenas partes do leste de Värmland e do nordés de Västergötland. O condado de Örebro chámase así pola súa capital, Örebro, que no ano 2010 era a sexta cidade máis grande de Suecia. Os datos oficiais de 2010 indicaban que o 38% da poboación do condado vivía na súa capital. Örebro ten tantos habitantes como as outras 23 grandes localidades do condado xuntas, e a súa poboación medrou significativamente dende finais dos anos 60.
Concellos[editar | editar a fonte]
- Askersund
- Degerfors
- Hallsberg
- Hällefors
- Karlskoga
- Kumla
- Laxå
- Lekeberg
- Lindesberg
- Ljusnarsberg
- Nora
- Örebro
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fc/%C3%96rebro_County.png/200px-%C3%96rebro_County.png)