Consuelo Gil
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 |
Morte | 26 de setembro de 1995 (89/90 anos) |
Educación | Universidade de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | editora |
Familia | |
Cónxuxe | José María Franco Bordóns |
Irmáns | Marga Gil Roësset |
Parentes | María Roësset Mosquera, tía |
Consuelo Gil Roësset, que tras o seu matrimonio engadiu de Franco, nada en Madrid en 1905 e finada na mesma cidade o 26 de setembro de 1995, foi unha editora española.[1] Entre as revistas que produciu destacan Chicos (1938-1955), Mis Chicas (1941-1950) ou El Gran Chicos (1945-1950). Foi tamén directora da revista Mujer e creou a Editorial Gilsa.[2][3] Era irmá da escultora Margarita Gil Roësset, considerada membro da Xeración do 27, e sobriña da pintora María Roësset Mosquera.[4][5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do enxeñeiro militar Julián Gil Clemente e de Cecilia Margot Roësset Mosquera, «preocupáronse de que as súas fillas recibisen unha educación o máis completa posíbel, máis parecida á que recibían os nenos da época que á que se lles ofrecía ás nenas.»[4] Amais de Consuelo (1905) e Marga (1908) tiveron outros dous fillos, Pedro (1910) e Enrique (1912). As fillas estudaron nas Ursulinas e aprenderon piano, violín e francés, segundo os canons educativos da época.
Con seis anos empezou a aprender debuxo e pintura con José María López Mezquita. Polas tardes, xunto á súa irmá Margarita, o pai impartíalles clases de física e matemática na casa. Coa axuda das ilustracións da súa irmá, con trece anos xa publicara El niño de oro en Madrid e "Rose des Bois en París.[6][7]
En 1926 contraeu matrimonio con José María Franco Bordons, músico e compositor. Escribiu poemas que el musicou como Canciones de niños.[7]
Sendo xa nai, estudou na Universidade Central de Madrid e foi «unha das poucas mulleres universitarias da época».[4] Converteuse en catedrática de inglés e impartiu clases nesa mesma universidade. Tamén traduciu varias obras do inglés e do francés.[7]
Actividade editorial
[editar | editar a fonte]Pouco antes de estalar a Guerra civil española, Gil trasladárase a Donostia cos seus tres fillos de veraneo.[2] Alí centralizouse a produción editorial da zona sublevada. Colaborou en La Ametralladora e en Pelayos[8] e dirixiu a revista Mujer.
En 1938 fundou, xunto co empresario catalán Juan Baygual, a revista Chicos. Amais de dirixila, levaba as seccións de correspondencia co público lector, El Club de Chicos e Mis Chicas, as cales asinaba cos pseudónimos de L. de Villadiego e Madriña.[9] Lanzou logo a publicación Mis Chicas, a primeira revista para nenas da posguerra, amais de Chiquitito (1942) e El Gran Chicos (1945).[10] Porén, posteriormente centrouse en Chicas, dirixida a lectoras de máis idade.[10]
En 1942, cando se puido recuperar a propiedade privada, creou a Editorial Gilsa (Consuelo Gil S.A.). Comprou a revista Chicos e desde ela xestionou a edición de moitas destas publicacións e doutras novas.[11] Incorporou a cor e mantivo no cadro de persoal a Emilio Freixas, quen chegara en 1939 e permaneceu dez anos na revista. Máis adiante incorporou a Jesús Blasco e aos seus irmáns Alejandro e Pilar. En 1945 entra na editora Mariano Zaragüeta:
«A fazaña desta gran editora, ademais do feito de ser muller nun período conflitivo para estas, cando case só se lles permitía seren amas de casas, permanece como un exemplo inalcanzábel -nun posto ao que só podían acceder os homes naqueles momentos en España-, de talento e inventiva inigualábeis.» Mari Pepa Lara García, 12 de xuño de 2020
Terminada a guerra volveu a Madrid onde impartiu clases no Instituto Lope de Vega. Mostrou «gran interese pola pedagoxía infantil, e logo se deu de conta da importancia da banda deseñada como ferramenta de apoio á educación dos máis pequenos».[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cuadrado, Jesús (1996). "Diccionario de 100 autores con 100 ausencias". CLIJ: Cuadernos de literatura infantil y juvenil (en castelán) 9 (85): 18–36. ISSN 0214-4123.
- ↑ 2,0 2,1 (Ballesteros Aguayo et al. 2016, p. 77)
- ↑ García Padrino, Jaime (2001). Así pasaron muchos años: en torno a la literatura infantil española (en castelán). Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha. p. 205. ISBN 9788484271352. OCLC 48569160. Consultado o 1 de xaneiro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "La 'otra' generación del 27". Ministerio de Cultura y Deporte (en castelán). 6 de marzo de 2020. Consultado o 18 de setembro de 2022.
- ↑ Bianco, Serena (2018). "Las Sinsombrero: mujeres olvidadas de la Generación del 27". En Romano Martín, Yolanda; Velázquez García, Sara. Las inéditas: voces femeninas más allá del silencio. Aquilafuente (en castelán) 246. Cuenca: Ediciones Universidad de Salamanca. pp. 21–33. ISBN 9788490128879.
- ↑ ""El niño de oro"". La Correspondencia de España (22933) (Madrid). 24 de xaneiro de 1921. p. 1. Consultado o 18 de setembro de 2022.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Siso Monter, Montserrat (2 de xuño de 2016). "Las Roësset, una familia de artistas femeninas". II Jornadas Predoctorales en Humanidades (en castelán) (Girona). Consultado o 15 de novembro de 2022.
- ↑ Martín (02/1968), p. 64.
- ↑ Martín (02/1968), pp. 71 a 72.
- ↑ 10,0 10,1 Martín (03/1968), pp. 131 a 132
- ↑ (Ballesteros Aguayo 2016, p. 136)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ballesteros-Aguayo, Lucía (2016). Las revistas infantiles y juveniles de FET y de las JONS y de Acción Católica durante la posguerra española (1938-53): la prensa al servicio del adoctrinamiento del Estado franquista (en castelán). tese doutoral dirixida por Juan Antonio García Galindo. Universidad de Málaga.
- Lara García, Mari Pepa (12 de xuño de 2020). "CONSUELO Y MARGA GIL ROËSSET". Real Academia de Bellas Artes de San Telmo de Málaga (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2022.
- Martín Martínez, Antonio (febreiro de 1968). "Apuntes para una historia de los tebeos III. Tiempos heroicos del tebeo español (1936-1946)" (PDF). Revista de Educación (en castelán) (196) (Madrid). pp. 61–74. Consultado o 18 de setembro de 2022.
- Martín Martínez, Antonio (marzo de 1968). "Apuntes para una historia de los tebeos IV. El tebeo, cultura de masas (1946-1963)" (PDF). Revista de Educación (en castelán) (197) (Madrid). pp. 125–141. Consultado o 18 de setembro de 2022.