Saltar ao contido

Conversa:Dodro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No apartado Festas non inclúo a Romaría da Cruz de Avelán, a Festa do Carneiro, posteriormente Feira rural de Dodro nin o Festivalo de Manselle porqué son eventos recentes que se celebraron durante algúns anos pero non tiveron continuidade ou non se chegaron a consolidar. Actualmente non se está a celebrar ningunha delas.

Malia todo, menciónoas brevemente. --Dodro (conversa) 6 de decembro de 2023 ás 23:40 (UTC)[responder]

Canto ás festas patronais, poño o nome polo que son coñecidas popularmente en Dodro e na redonda. --Dodro (conversa) 16 de novembro de 2014 ás 18:04 (UTC)[responder]

Quitar mapa de situación

[editar a fonte]

Propoño quitar o mapa de situación da sección Situación porque é repetitivo, a situación do concello xa se aprecia no mapa da caixa de concello, e porque non encaixa na maquetación do artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2014 ás 10:32 (UTC)[responder]

Por min non hai inconveniente ningún si é preferible retirar este plano.--Dodro (conversa) 6 de decembro de 2014 ás 11:30 (UTC)[responder]
Vale, xa o quitei, penso que así queda mellor. Grazas Dodro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de decembro de 2014 ás 23:54 (UTC)[responder]

Estrutura artigo concello

[editar a fonte]

Estaría ben estruturar o artigo segundo o Modelo de concello da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de novembro de 2014 ás 02:41 (UTC)[responder]

Feito! Feito!, penso que está. --Dodro (conversa) 26 de novembro de 2014 ás 10:53 (UTC)[responder]

Morfoloxía urbana

[editar a fonte]

Dodro é un concello rural; o concello de Dodro non ten ningún núcleo de poboación de entidade, a estrada AC-305 atravesa o concello por onde se sitúan os núcleos de poboación máis importantes. Indícanse no artigo os núcleos onde se concentra a maior parte da poboación de Dodro, sendo núcleo de máis entidade Lestrobe. --Dodro (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 11:37 (UTC)[responder]

Os apartados do modelo de concello nos que non se poida achegar información abondo non se cubren, no caso de Dodro posiblemente esa parte non sexa necesaria. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 12:11 (UTC)[responder]
Ó ser Dodro un concello rural con menos de 3000 habitantes non ten ningún núcleo urbano propiamente dito. Retiro o apartado o non aportar nada nese sentido pero para que non se perda toda a información inclúo parte dela nos apartados Parroquias e Lugares de Dodro, onde cadra mellor. --Dodro (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 12:58 (UTC)[responder]
Moi ben, creo que así queda mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2014 ás 01:32 (UTC)[responder]

Para a elección do observatorio tivéronse en conta diversos factores relacionados directamente con variables importantes, como a proximidade da estación á zona de estudo, orientación, altitude e relevo similar, seguindo estas prioridades.

Para o estudo climatolóxico elixiuse a estación meteorolóxica de Herbón (Padrón), que cumpre as condicións que acabamos de expoñer.

As características da estación metereoloxica son as seguintes:

  • Altitude: 58 m.

Os datos dos que se dispoñen para elaborar este estudo corresponden a unha serie continua de datos de 27 anos para as temperaturas e de 28 anos para as precipitacións. --Dodro (conversa) 23 de novembro de 2014 ás 14:41 (UTC)[responder]

Feito! Actualizado Para o estudo climatolóxico elixiuse a estación meteorolóxica de Cespón (Boiro), que cumpre os requisitos.
As características da estación metereoloxica son as seguintes:
  • Altitude: 59 m.
Os datos dos que se dispoñen para elaborar este estudo corresponden a unha serie continua de datos de 13 anos para as temperaturas e para as precipitacións e que van dende o ano 2011 ó ano 2023. --Dodro (conversa) 3 de xaneiro de 2024 ás 15:23 (UTC)[responder]

Traducir citas

[editar a fonte]

As citas deben traducirse ó galego, salvo as que xa o estén aínda que sexa galego non normativo, e poñer a cita orixinal nunha nota indicando que a tradución é da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2014 ás 11:21 (UTC)[responder]

Mirei a correr e agora só vin a de Sarmiento así que xa fixen a tradución. Logo revisarei se queda algunha máis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2014 ás 11:51 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Non vin máis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de novembro de 2014 ás 11:51 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 9 ligazóns externas en Dodro. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 04:11 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Dodro. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de febreiro de 2019 ás 14:52 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 11 ligazóns externas en Dodro. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de novembro de 2019 ás 08:52 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2020)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 12 ligazóns externas en Dodro. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de marzo de 2020 ás 20:25 (UTC)[responder]

Posible copyvio

[editar a fonte]

Boas, varios parágrafos son copia literal do texto que se pode consultar acó, e que non viña citado nas fontes. Suxiro reformular esas partes. Maria zaos (conversa) 17 de decembro de 2023 ás 15:52 (UTC)[responder]

Penso que te precipitaches un pouco @Maria zaos: é ó revés, de feito ó final dese documento indican que a información a sacaron da Galipedia. --Dodro (conversa) 17 de decembro de 2023 ás 16:16 (UTC)[responder]
aaah! pois iso viña preguntar , que era antes o ovo ou a galiña. Grazas! pois vou suprimir o comentario da votación e retirar entón as referencias que incluín, xa que serían circulares. Maria zaos (conversa) 17 de decembro de 2023 ás 16:22 (UTC)[responder]
Pois si, a primeira vez que se arquivou o folleto foi en 2021, que nos conste, e eses textos apareceron sobre o 2008, efectivamente. Perfecto, grazas! Maria zaos (conversa) 17 de decembro de 2023 ás 16:37 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Xa coñecía esa publicación. Obviamente eu de aí non saquei nada de nada. E tampouco se pode usar como fonte porque fixeron o documento coa información que sacaron do noso proxecto. --Dodro (conversa) 17 de decembro de 2023 ás 16:47 (UTC)[responder]

Si, claro, serían circulares. Mira unha cousa, e perdoa a miña ignorancia. Non cabería unha referencia ao Valo de Manselle? ou no festivalo ou na sección de literatura ou non sei onde. Maria zaos (conversa) 17 de decembro de 2023 ás 17:46 (UTC)[responder]

O valo de Manselle

[editar a fonte]

Mira unha cousa, e perdoa a miña ignorancia. Non cabería unha referencia ao Valo de Manselle? ou no festivalo ou na sección de literatura ou non sei onde. Maria zaos (conversa) 17 de decembro de 2023 ás 17:46 (UTC)[responder]

@Maria zaos: o Festivalo de Manselle (o nome do festival) fai referencia ó libro de Anxo Angueira O valo de Manselle (1996) que se celebra no campo que quedou cando os veciños fixeron o valo ("e fano eles"). Este artigo fala da reedición do libro polo 25º aniversario da súa publicación, que se fixo coincidindo co festival. Xa lera o artigo, e estívenlle dando algunha volta, mais non se me ocorre onde metelo. --Dodro (conversa) 17 de decembro de 2023 ás 21:59 (UTC)[responder]
Feito! Feito!, queda así. --Dodro (conversa) 19 de decembro de 2023 ás 17:32 (UTC)[responder]