Conversa:Historiografía do Reino medieval de Galicia
![]() | Este é un dos artigos máis longos da Wikipedia en galego. |
![]() | Este artigo foi elixido como un artigo destacado sobre Galicia na portada. A proposta e votación correspondente atópase nesta páxina. |
![]() | Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Título
[editar a fonte]Sintacticamente non sería mellor "O reino de Galicia e..." en vez de "Reino de Galicia e..."?--Miguelferig (conversa) 5 de xullo de 2020 ás 12:34 (UTC)
Penso que si. Recuperei o artigo e levaba ese nome. Vouno mudar. Cossue (conversa) 5 de xullo de 2020 ás 20:22 (UTC)
- Outros títulos posibles poderían ser "Reino de Galicia na historiografía tradicional española", "O Reino de Galicia na historiografía tradicional española", "Reino de Galicia segundo a historiografía tradicional española", "O Reino de Galicia segundo a historiografía tradicional española" ... (en lugar de "segundo" tamén podería ser "conforme", "consoante" ou "consonte"). Non si?
- Quizais deberiamos facer as correspondentes redireccións. --. HombreDHojalata.conversa 22 de setembro de 2020 ás 11:21 (UTC)
- Parecenme todos axeitados. Algunha preferencia? Cossue (conversa) 22 de setembro de 2020 ás 16:26 (UTC)
- Eu algunha preferencia teño, pero como tamén me valen as outras formas, paréceme máis axeitado deixar que escolla a persoa que leva o peso de facer o artigo. Fago as redireccións. --. HombreDHojalata.conversa 22 de setembro de 2020 ás 20:51 (UTC)
- Parecenme todos axeitados. Algunha preferencia? Cossue (conversa) 22 de setembro de 2020 ás 16:26 (UTC)
Sobre o "Instituto Arnamagnaeanisches" de Reykjavik
[editar a fonte]Na sección de cartografía aparece un mapa islandés do 1250 do Instituto Arnamagnaeanisches de Reykjavik. Quería aclarar que Arnamagnaeanisches está escrito en alemán, e refírese ao Instituto Árni Magnússon para os Estudos Islandeses. O mapa pertence a un manuscrito islandés sobre filosofía do século XIII e pódese ver aquí: https://handrit.is/en/manuscript/imaging/is/GKS04-1812#page/5v++(12+of+77)/mode/2up —o anterior comentario sen asinar foi feito por 176.86.122.121 (conversa • contribucións) 18 de outubro de 2021 ás 23:44
- Moitas grazas pola información. Corrixin o texto. Orixinalmente a fonte debeu ser a publicación alemá citada na páxina do mapa. One2 (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 21:07 (UTC)
- De nada, saúdos! 176.86.122.121 21 de outubro de 2021 ás 13:04 (UTC)
Título
[editar a fonte]Boas @One2, vin que volviches cambiar o nome. Por que limitar o tema á Idade Media? Do outro xeito permítese engadir información sobre a historiografía xeral da historia do Reino de Galicia ao longo da historia, non só da súa historiografía medieval. A non ser que pretendas facer outros artigos como Historiografía do Reino moderno de Galicia ou Historiografía do Reino contemporáneo de Galicia non lle vexo utilidade a limitar o contido deste. Saúdos, O Breixo (conversa) 7 de novembro de 2024 ás 15:38 (UTC)
- @O Breixo, pois non era por limitar o artigo, senón pra que se axustase máis o título ó contido... Tamén tendo en conta que o artigo trata da historiografía en relación co nome do reino (medieval), tampouco vexo como se podería engadir información da época non-medieval. Sexa como for, eu prefería un título máis semellante ó dos títulos orixinais (algo como O reino medieval de Galicia e a historiografía), xa que o artigo presenta primeiro as fontes orixinais contemporáneas ao reino medieval, e despois a interpretación da historiografía. One2 (conversa) 8 de novembro de 2024 ás 21:14 (UTC)
- Boas @One2, inda que entendo o teu razoamento penso que é interesante ter artigos con títulos máis básicos (véxase libro de estilo) de xeito que sexan expandibles e máis abertos a ser editados. Antes de facer un artigo de "O reino medieval de Galicia e a historiografía" penso que sería mellor mover a información pertinente a "Reino de Galicia" ou a "Historia medieval de Galicia" e deixar o contido historiográfico como propiamente de Historiografía do Reino de Galicia. Dito isto penso que tanto as fontes contemporáneas como as interpretacións actuais que comentas, entran ben dentro do título "historiografía de ..." e entendo que, ao ser un artigo de historiografía, é imposible non caer nun contido semellante ao de "historia de medieval de Galicia" ou "Reino de Galicia".
- En canto a historiografía non medieval do Reino de Galicia, precisamente estou lendo un libro que trata a historiografía do Reino de Galicia durante a Idade Moderna do que me gustaría incluír información nun futuro.
- Penso que é máis interesante procurar ter títulos de artigos máis xerais, que sexan máis fáciles de atopar, e que faga máis fácil e aberta a súa edición como entrada enciclopédica, que facer un artigo específico quizais máis ao estilo do artigo dunha revista ou traballo académico, máis difíciles de editar ou expandir. Algunha información penso que tamén cadraría noutros artigos máis xerais que falan dos mesmos temas, xusto preciso axuda 😊 con Historia medieval de Galicia que é precisamente a idea de xuntar e aumentar nun artigo a información disgregada en Galicia altomedieval e A Galicia feudal.
- Saúdos, O Breixo (conversa) 10 de novembro de 2024 ás 17:20 (UTC)
- Ola, @O Breixo, entendo o que dis mais cómpre ter en conta que hai artigos xerais e hai outros máis específicos. O do Reino de Galicia ou o de Historia medieval de Galicia serían máis xerais, mais este da historiografía xa é dos específicos. Ademais, o do Reino de Galicia xa é moi grande e non se pode aumentar moito máis; de feito, xa ten unha pequena sección titulada «O Reino de Galiza e a historiografía tradicional» onde se liga este artigo en calidade de artigo principal. E ainda máis, este xa é dos máis grandes da Galipedia, polo que coido que pra a etapa non-medieval o máis conveniente sería facer outro. (Ollo, este artigo non vai sobre a historiografía medieval, senón sobre a interpretación que fai a historiografía (non-medieval) da documentación medieval)
- Sobre o dos artigos seren doados de atopar, pois existen as redireccións, non creo que iso sexa un problema. Xa sobre os artigos de Galicia altomedieval, Galicia na monarquía visigoda, A Galicia feudal etc. coido que son artigos moi específicos que foron creados coa idea de iren sendo expandidos no futuro. One2 (conversa) 10 de novembro de 2024 ás 18:55 (UTC)