Historia altomedieval de Galicia
Historia altomedieval de Galicia | |
Mapa do Reino de Galicia de c. 1603 | |
Historia | Historia de Galicia |
Cronoloxía | Cronoloxía de Galicia |
Categoría | Historia de Galicia |
Prehistoria | |
Prehistoria de Galicia | |
Idade Antiga | |
Historia antiga de Galicia | |
Idade Media | |
Historia medieval de Galicia Historia altomedieval de Galicia Historia baixomedieval de Galicia | |
Século V | |
409 - 585: Reino suevo de Gallaecia | |
Século VI | |
572: Diocese de Britonia 585 - 721: Reino visigodo na Gallaecia | |
Século VIII | |
711: Invasión musulmá 718 - 1230: Reinos cristiáns de Gallaecia | |
Século IX | |
813: Camiño de Santiago 844 - 1066: Invasións viquingas 848 - 1128: Condado portucalense | |
Idade Moderna | |
Historia moderna de Galicia | |
Idade Contemporánea | |
Historia contemporánea de Galicia |
A época altomedieval esténdese desde a caída do Imperio Romano de Occidente até o ano 1000. Para comprender mellor este período consulte o artigo sobre a Idade Media.
O Imperio Romano caeu baixo a presión dos movementos migratorios xermanos. A comezos do século V, tres destes pobos repartíronse a Península Ibérica a través de foedus e a Gallaecia pasou así en 411 a mans de suevos e vándalos asdingos (que posteriormente a abandonarían).
Orixe. Imperio Romano
[editar | editar a fonte]Séculos IV e comezos do V d.C
[editar | editar a fonte]A finais do século V e comezos do século VI, a provincia de romana de Gallaecia, integrada esta no Imperio Romano de Occidente, estendíase por todo o Noroeste da Península Ibérica, desde as costas cantábricas no norte, ata o río Douro e o Sistema Central polo sur. Compoñíase administrativamente de catro conventos (conventus) xurídicos con cadansúa capital, así o Conventus lucensis con capital na cidade de Lucus Augusti (Lugo), o Conventus bracarensis con capital na cidade de Bracara Augusta (Braga), o Conventus asturicensis con capital na cidade de Asturica Augusta (Astorga) e o Conventus Cluniensis con capital na cidade de Clunia, sendo este último o que foi integrado máis tardiamente na Gallaecia (século IV), pois antes pertencera á Provincia Tarraconensis. Cabe destacar que entre todas estas capitais de convento (Lugo, Braga, Astorga e Clunia) era a cidade de Bracara (Braga) a que exercía de capital provincial de toda a Gallaecia
Así, polas descricións de numerosos autores da época como Paulo Orosio, Hidacio ou Santo Isidoro coñécense algunhas das rexións humanas e xeográficas que posuía a provincia romana de Galicia (Gallaecia):
- Cantabria, rexión montañosa sita no Conventus Cluniensis onde vivían os cantabros.
- Campus Gallaeciae (Campos de Galicia), extensa chaira sita entre o Conventus Asturicensis e o Conventus cluniensis, antigamente habitada polos vacceos, coñecida actualmente co nome de Tierra de Campos, na actual Castela e León.
- Asturia, rexión habitada polos astures coincidente grosso modo co Conventus Asturicensis.
- Pars Gallaeciae (Partes de Galicia), foi a rexión netamente galega composta polo Conventus Lucensis e o Conventus Bracarensis, sendo o núcleo da Gallaecia e co que se designou ao conxunto da provincia.
Establecemento. A monarquía sueva
[editar | editar a fonte]Goberno inicial. Século V
[editar | editar a fonte]Os suevos entraron no noroeste peninsular seguindo a costa e evitando a zona de León, para evitaren así enfrontamentos coa milicia romana. De vida itinerante, estaban dirixidos por unha aristocracia guerreira e preferíanse asentar no medio rural e non nas cidades ou vilas. Coa tomada de Lugo, os xermánicos adquiriron o controlo definitivo da provincia. A cultura material non diferirá moito da galaico-romana. Os suevos, dado o seu escaso número, concentráronse no territorio que arrodea Braga.
Entre 429 e 456 emprenderon expedicións de saqueo fóra; coa derrota no río Órbigo, pasaron á área de influencia dos visigodos (chegados á Península co obxectivo pactado con Roma de contelos), á que se incorporan definitivamente no 585. Convertéronse ao catolicismo no 449 reinando Requiario, aínda que non moito despois tornarían ao arianismo ao entraren na órbita visigótica, para volveren por fin á ortodoxia coa conversión do rei Teodomiro no 559 en tempos do bispo Martiño de Dumio.
Expansión e formación. Século VI.
[editar | editar a fonte]A mediados do século VI, as fontes histórico documentais realizadas na propia Galicia, amosan un alto grao de artellamento político-administrativo sobre todo o territorio. A estrutura política e eclesiástica toma forma e propicia o establecemento de núcleos administrativos tales como sedes eclesiásticas, ao que se lles adxudican un número de territorios para seren tutelados. De gran transcendencia é o compromiso real na tarefa de organización plasmada na convocatoria de Concilios e nos documentos da coroa. Entre toda a documentación do período suevo, sobresae sen dúbida a coñecida como Divisio Theodemiri (coñecido comunmente como Parroquial suevo), redactada entre os anos 527 e 582 e que pon de relevo a extensión territorial do goberno suevo así como a estrutura administrativa interna do reino. Segundo esta, o reino conta coas seguintes dioceses:
- Diocese de Ourense: Auriensem, Palla Aurea, Verugio, Bibalos, Teporos, Geurros, Pincia, Cassauio, Verecanos, Sanabria, Calapacios maiores.
- Diocese de Astorga: Astorica, Legio, Bergido, Petra speranti, Comanca, Ventosa, Maurelos superiores et inferiores, Senimure, Fraucelos, Pesicos.
- Diocese de Braga: Bracarensem, Centumcelas, Caetos, Remeto, Anoaste, Milia, Ciliolis, Ad Portum, Agilio, Carandonis, Tauris, Cilotao, Cetanio, Oculis, Cerecis, Petrometo, Equesis, Ad Saltum. Así como os pagus: Panonias, Laetera, Brigantia, Astiotico, Tureco, Auneco, Merobrio, Berese, Palantucio, Celo, Superlegio, Senequio.
- Diocese de Bretonha: Britonorum, Monasterio Maximi,
- Diocese de Conimbriga: Conembrica, Eminio, Selio, Lurbine, Insula, Antunane, Portucale Castrum Antiquum.
- Diocese de Dume: Dumio.
- Diocese de Idanha: Egitania, Municipio, Francos.
- Diocese de Iria: Iria, Morracio, Salinense, Contenos, Celenos, Metacios, Mercienses, Pestemarcos,
- Diocese de Lamego: Lamego, Tuentica, Arauoca, Cantabriano, Omina, Camianos.
- Diocese de Lugo: Lugo, Carioca, Seuios, Cauarcos,
- Diocese de Porto: Portugalensem in castro nouo, Villanoua, Betaonia, Visea, Menturio, Torebrio, Bauvaste, Bonzoaste, Lumbo, Nescis, Napoli, Curmiano, Magneto, Leporeto, Melga, Tongobria, Villa Gomedei, Tauvase. Tamén os distritos (pagus) Labrencio, Aliobrio, Aritia, Truculo, Cepis, Mandote, Palentiaca.
- Diocese de Tui: Tudensem, Turedo, Tabulela, Lucoparre, Aureas, Langetude, Carisiano, Marciliana, Turonio, Celesantes, Toruca, Aunone, Sacria, Herbilione, Cauda, Ovinia, Cartase.
- Diocese de Viseu: Viseu, Rodomiro, Submontio, Subverbena, Ósanos, Ovellione, Tutela, Coleia, Calibrica.
Consolidación. Séculos VI-VIII
[editar | editar a fonte]A feudalización da sociedade xa ía avanzada cando o reino visigodo foi destruído pola invasión musulmá de 711. En 813, o bispo Teodomiro anunciou a descuberta do sepulcro do Apóstolo Santiago.
Cultura e relixión
[editar | editar a fonte]Varios autores destacan na época: Paulo Orosio coñeceu a Agostiño de Hipona e a San Xerome. É o autor da Historiarum adversus Paganos Libri VII (Os sete libros da historia contra os pagáns) contra Prisciliano; Hidacio, orixinario da Limia e bispo da Diocese de Aquæ Flaviæ desde 427, é autor do Chronicon, que chega até o ano 469; Martiño de Dumio, orixinario da Panonia, escribe De correctione rusticorum, obra de catequese pedagóxico-moral, e o Parrochiale Suevum (572-582); Froitoso de Braga, xa no século VII, redacta a Regula Monachorum e a Regula Monastica communis, que perfilan o modelo de mosteiro agrícola xermánico-galaico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carriedo Tejedo, Manuel (2005). "Pervivencia altomedieval (714-1080) de la “Gallaecia” suevo-visigoda (561-714)". Memoria Ecclesiae (en castelán) (Oviedo: Asociación de Archiveros de la Iglesia en España) (27): 553–590.
- Rodríguez Castillo, Héctor (2005). Os mosteiros dúplices en Galicia na alta Idade Media. Un traballo sobre modelos sociais. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-96259-56-0.
- Rodríguez Resino, Álvaro (2005). Do Imperio Romano á Alta Idade Media. Arqueoloxía da Tardoantigüidade en Galicia (séculos V-VIII). Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-96259-45-5.
- Varela Sieiro, Xaime (2003). Léxico cotián na alta idade media de Galicia: o enxoval. Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-120-6.