Galegos nos Estados Unidos de América
Os galegos nos Estados Unidos de América ou galegoamericanos son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron nos Estados Unidos de América. En 2023 eran máis de 22 000.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]A migración galega aos Estados Unidos tivo lugar principalmente entre 1868 e 1930,[3] aínda que houbo unha segunda vaga migratoria máis pequena a finais da década de 1940 e na de 1950, época na que os galegos chegaron a formar unha pequena comunidade en Newark.[4]
Censo electoral de galegos residentes nos EEUU [5] por provincia de inscrición, a 1/9/2023 [2] | |
---|---|
Provincia da Coruña | 10.343 |
Provincia de Lugo | 2.999 |
Provincia de Ourense | 4.297 |
Provincia de Pontevedra | 5.280 |
Total de galegos nos Estados Unidos [5] | 22.919 |
Hai varias personalidades galegas que viven ou viviron un tempo nos Estados Unidos, pero que non están nacionalizados norteamericanos, como a música Cristina Pato ou o mestre Anxo Brea.[6] A lista de máis abaixo refírese só a aqueles que teñen a nacionalidade estadounidense con ascendencia total ou parcial galega.
Galegoamericanos notables
[editar | editar a fonte]- Familia Estevez
- Joe Estevez (n. 1946)
- Martin Sheen (n. Ramón Gerardo Antonio Estévez, 1940)
- Emilio Estevez (n. 1962; fillo de Martin)
- Ramón Estevez (n. 1963; fillo de Martin)
- Charlie Sheen (n.. Carlos Irwin Estévez, 1965; fillo de Martin)
- Renée Estevez (n.. 1967; filla de Martin)
- Jerry Garcia (1 de agosto de 1942 - 9 de agosto de 1995) foi un músico e escritor de cancións.
- Ramón Verea – xornalista, enxeñeiro e escritor. Inventor dunha calculadora cunha táboa de multiplicar interna
- Familia Yglesias
- José Yglesias – (29 de novembro de 1919 – 7 de novembro de 1995) foi un novelista e xornalista norteamericano. Yglesias naceu na sección de Ybor City de Tampa, Florida, e tiña descendencia galega (por parte de pai) e cubana.
- Rafael Yglesias – Rafael Yglesias (12 de maio de 1954, Nova York) é un novelista e guionista norteamericano. Os seus pais foron o novelista José Yglesias e Helen Yglesias.
- Matthew Yglesias – Matthew Yglesias (18 de maio de 1981) é un xornalista económico norteamericano e blogueiro político.
- Rafael Yglesias – Rafael Yglesias (12 de maio de 1954, Nova York) é un novelista e guionista norteamericano. Os seus pais foron o novelista José Yglesias e Helen Yglesias.
- José Yglesias – (29 de novembro de 1919 – 7 de novembro de 1995) foi un novelista e xornalista norteamericano. Yglesias naceu na sección de Ybor City de Tampa, Florida, e tiña descendencia galega (por parte de pai) e cubana.
- Perez Hilton – Mario Armando Lavandeira, Jr. (nado o 23 de marzo de 1978), coñecido profesionalmente como Perez Hilton é un blogueiro norteamericano e personaxe da televisión.
- Carmen Fariña é unha mestra e política.
- Octavio Vazquez (n. 1972) é un compositor e profesor do Nazareth College (Nova York).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vida Gallega. Número 21, 31/5/1910
- ↑ 2,0 2,1 Instituto Nacional de Estadística
- ↑ "Los gallegos en USA se hacen visibles". La Opinion Coruña newspaper. Consultado o 2015-05-04.
- ↑ "La Pequeña Galicia de EE.UU.". La Voz de Galicia. Consultado o 2015-05-04.
- ↑ 5,0 5,1 Inclúe Porto Rico.
- ↑ "Un galego, mellor profesor de Historia do Estado de Nova York". Galicia Confidencial. Consultado o 2015-05-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Álvarez Estévez, Mónica (2020). "Entre dos orillas: la inmigración gallega en Nueva York. Morriña e identidades transnacionales". Estudios del Observatorio/Observatorio Studies (en castelán) (Instituto Cervantes at FAS - Harvard University ed.). ISSN 2688-2930.
- García-Rodeja Arribí, Carmen; Pérez Rey, Nancy (2007). "Mulleres galegas na emigración das Mariñas a Nova York". VII Congreso Internacional de Estudos Galegos 2. Ediciós do Castro. pp. 425–435. ISBN 978-84-8485-266-7.
- Miranda Barreiro, David. "A emigración galega en Nova York e Nova Jersey". www.newyork.gal.
- Pena, A.; Mesquita, M.; Vicente, P. (coord.) (2015). Emigración e exilio nos Estados Unidos de América: experiencias de Galicia e Azores. Santiago de Compostela: CCG. ISBN 978-84-92923-63-2.
- Pérez Rey, Nancy (2001). Panorama do exilio galego en Nova York. Actas do congreso internacional “O exilio galego". Xunta de Galicia. pp. 600–614.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Galician Studies Research Group UW Arquivado 01 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.
- Casa Galicia de Nova York (Unidade galega de EE.UU)
- Galicia Restaurant NYC
- Casa Galicia's St. Patrick's Day Parade, YouTube