Galegos no Brasil
Os galegos no Brasil son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron no Brasil. No ano 2016, eran 47 753 habitantes,[1] concentrados principalmente nas cidades de Río de Xaneiro e São Paulo.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]A inmigración galega no Brasil foi un dos fluxos migratorios máis importantes da historia do país, constituíndo a maioría dos inmigrantes españois nese país.[2] Os galegos emigraron entre os séculos XIX e XX, fuxindo da fame, a falta de traballo, as presións políticas e na procura de progreso social, sendo a segunda maior comunidade de galegos no estranxeiro, só por detrás da Arxentina.
América do Sur ten o meirande número de descendentes de galegos fóra de España. Varios millóns de persoas en América do Sur son descendentes de inmigrantes galegos, a maioría na Arxentina, Venezuela e o Brasil. No Brasil, especialmente no nordeste, a xente cunha complexión delgada, de ollos azuis ou claros e de pelo claro son chamados galegos,[3][4][5] mesmo sen ser descendentes reais, xa que un gran número de galegos se asentou nesa rexión a comezos do século XX.
Censo electoral de galegos residentes no Brasil por provincia de inscrición, a 1/9/2023 [6] | |
---|---|
Provincia da Coruña | 10.001 |
Provincia de Lugo | 1.958 |
Provincia de Ourense | 10.396 |
Provincia de Pontevedra | 22.683 |
Total de galegos no Brasil | 45.038 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Míguez, Marcos (15 de marzo de 2017). "Unos 8.000 gallegos emigraron en el 2016". Consultado o 15 de marzo de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Galegos no Brasil". La Voz de Galicia. 16 de xuño de 2019. Consultado o 4 de abril de 2022.
- ↑ aulete.com.br (ed.). "Galego no dicionario en liña Aulete". Consultado o 4 de maio de 2022.
- ↑ dicionario.priberam.org (ed.). "Galego no dicionario en liña Priberam". Consultado o 4 de maio de 2022.
- ↑ michaelis.uol.com.br (ed.). "Galego no dicionario en liña Michaelis". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2021. Consultado o 4 de maio de 2022.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Leal Braga, Celia (1992). "La presencia gallega en Brasil". Galicia & América, cinco siglos de historia (en castelán). Consello da Cultura Galega. Xunta de Galicia. pp. 178–184. ISBN 84-87172-70-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Corbacho Quintela, Antón (2009) A aculturação e os galegos do Brasil : o vazio galeguista Arquivado 29 de outubro de 2023 en Wayback Machine. (tese). USC (en portugués).