Perez Hilton
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1978 (46 anos) Miami, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Nova York |
Actividade | |
Ocupación | locutor, escritor, actor, blogueiro, xornalista |
Período de actividade | 2005 - |
Partido político | Partido Demócrata |
Pseudónimo literario | Perez Hilton |
Sitio web | perezhilton.com |
|
Mario Armando Lavandeira Jr.[1] nado en Miami (Florida) o 23 de marzo de 1978,[2] é un xornalista blogueiro estadounidense, especializado en novas rosas e ruxerruxes. O seu pseudónimo é Perez Hilton, imitando o nome da actriz Paris Hilton. É neto de galegos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes de comezar coa súa carreira de blogueiro, foi axudante de comunicación na GLAAD, unha asociación que loita contra a homofobia nos medios de comunicación e traballou e dirixiu diversas revistas gais. A finais de 2004 abre o seu primeiro blog, chamado PageSixSixSix, que se converte nunha referencia da prensa rosa na costa oeste estadounidense, e que en só seis meses recibe o cualificativo da web máis odiada de Hollywood. En 2006 pecha ese blog e abre PerezHilton, co título do seu pseudónimo, o blog co que se fixo mundialmente famoso. El mesmo[3] sinala que tiña en xullo de 2007 case nove millóns de páxinas vistas nun só día. En setembro de 2007 iniciou a súa primeira experiencia televisiva como condutor da serie de seis episodios O que larga Pérez (What Perez Sez) na canle VH1[4].
A súa carreira profesional céntrase en ruxerruxes da vida persoal de actores e cantantes, o que lle provocou numerosas críticas. Ademais dos seus acertos, tamén ten cometido grandes erros, como cando o 17 de agosto de 2007 Lavandeira anunciou a morte de Fidel Castro. Tamén é coñecido pola súa posición anti-homofóbica, denunciando no seu blog comentarios ou actitudes en contra da homosexualidade, así como polo coming-out (desvelar publicamente a homosexualidade) de políticos que votaron contra leis que favorecían a gais e lesbianas, pero tamén de coñecidos cantantes, actores ou xornalistas.
O seu estilo é ácido e informal, e abonda en montaxes fotográficas.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Os seus pais son cubanos emigrados a Miami, pero de procedencia galega[5]. Na actualidade vive nos Ánxeles.
Recoñécese amigo da actriz Paris Hilton.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Navarro, Mireya (29 de xullo de 2007). "Love Him or (He Prefers) Hate Him". The New York Times. Consultado o 22 de decembro de 2015.
- ↑ "Perez's Mad Hatter 34th Birthday Bash!". PerezHilton.com. 26 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2013.
- ↑ http://perezhilton.com/?p=2601
- ↑ http://www.variety.com/article/VR1117968491.html?categoryId=14&cs=1
- ↑ http://www.vieiros.com/nova/60597/un-neto-de-galegos-axita-a-bloguesfera-do-corazon
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O blog PerezHilton (en inglés)