Conversa Wikipedia:Entradas do Diccionario de escritores en lingua galega
"Elsa Fernández"
[editar a fonte]Estevoaei, nesta lista falta unha tal Elsa Fernández, podes dicirme o segundo apelido ou algún dato máis para poder atopar datos dela na rede? É que só con "Elsa Fernández" hai demasiadas páxinas e non se pode atopar nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 11:16 (UTC)
- @Elisardojm: A tal Elsa Fernández G., segundo Del Riego, naceu en Buenos Aires no 1933, filla de pais ourensáns, finou, tamén en BBAA, en 1966.
- Nunha biblioteca tes máis información, por exemplo, en:
- "Fernández, Elsa". Enciclopedia Galega Universal 9. Ir Indo. 1999-2002. p. 77. ISBN 84-7680-288-9.
- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 94. ISBN 84-85311-96-5.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 156. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Neira Vilas, Xosé (1995). Eduardo Blanco-Amor, dende Buenos Aires. Ediciós do Castro.
- Neira Vilas, Xosé (1995). Memoria da emigración II. Ediciós do Castro. pp. 85–91.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 207. ISBN 84-8288-019-5.
- Na rede, en:
- "Elsa Fernández". Álbum da Emigración do Consello da Cultura Galega. (no Álbum hai unha ligazón a máis info que está quebrada, a ligazón correcta é: esta)
- E no teu PC, en:
- Palmás, Ricardo (2005). "Fernández, Elsa". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. ;-) --. HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2018 ás 23:21 (UTC)
- Vale, moitas grazas HombreDHojalata. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2018 ás 10:28 (UTC)
Homónimo
[editar a fonte]E alguén pode desfacer o homónimo a RODRÍGUEZ, Antonio, 706. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2018 ás 10:32 (UTC)
- Refírese a Antonio Rodríguez, poeta nado en Monforte de Lemos en 1961. E corrixido desfasamento de páxinas. --. HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2018 ás 11:27 (UTC)
- Moitas grazas de novo polos arranxos HombreDHojalata, porén, non entendo por que puxeches PITA ROMELO, Emilio, non é Emilio Pita Romero? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2018 ás 23:32 (UTC)
- Si. "Romelo", con "l". Así é como aparece no libro. Outras fontes indican "Romero", con "r", pero a maioría omiten o segundo apelido, así que non está claro. Posiblemente sexa un erro, pero sería un erro de Del Riego, non da Galipedia. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 06:46 (UTC)
- Ah, vale, HombreDHojalata. E entón, non sería ben poñerlle un sic ou unha nota, ou algo? Para que se entenda ben o que pasa... Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 09:49 (UTC)
- -) Penseino, máis non o fixen porque, como digo, non teño a certeza de se o apelido verídico é Romelo ou Romero. Poñerlle o sic implica dar a entender que Romelo é incorrecto. Non vexo a necesidade. É unha listaxe das entradas do libro e esa é a entrada do libro, sexa correcta ou incorrecta. Xa leva ligazón interna ao noso artigo (Emilio Pita), polo que non hai dúbida posible de a quen fai referencia. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 09:58 (UTC)
- Pero é que hai un problema, na listaxe ponse que é Romelo e no artigo dicimos que é Romero, co cal non cadra a información... Se o segundo apelido non está referenciado, entón habería que quitalo no artigo que temos nós... O artigo está referenciado coa GEG pero non puiden mirar se ten o segundo apelido, revisareino pola tardiña, pero se non ten referencia, haberá que quitalo do artigo, ou poñer Romelo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 11:01 (UTC)
Ou poñer os dous, coas súas referencias. En todo caso, iso será, como ben dis, no artigo de Emilio Pita, non nesta listaxe. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 11:21 (UTC)
- Escusas de buscar na GEG. Aí non consta o segundo apelido. Xa cho digo eu. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 11:30 (UTC)
- Vale, moi ben, grazas por engadir a información no artigo de Emilio Pita. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 11:52 (UTC)
Xa teño unha resposta definitiva. O segundo apelido non é nin Romero nin Romelo!, é Robelo. Máis info no propio artigo. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 15:18 (UTC)
- Xenial, entón agora si podemos poñer o sic, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 19:42 (UTC)
- Poñido[sic]. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 20:14 (UTC)
- Xenial, estupenda investigación! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 20:25 (UTC)
- Poñido[sic]. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 20:14 (UTC)
Nome e apelidos?
[editar a fonte]Pasamos tamén esta lista ó formato "natural" de Nome+Apelidos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de maio de 2018 ás 13:18 (UTC)