Conversa usuario:BraisSieira
Benvido(a) á Galipedia, BraisSieira!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo..--Maria zaos (conversa) 30 de setembro de 2019 ás 21:43 (UTC)
Problemas de guerra de edicións
[editar a fonte]Bo día, vexo que estás a ter problemas con outro usuario polo tema dunha guerra de edicións. Revisando o caso vexo que por unha banda o outro usuario ten razón ao non tomar como válido o blog que estas a citar. A razón é que ese blog está a reproducir un texto saltándose os dereitos de autoría do libro orixinal. Podes ver que este tipo de prácticas están dentro dos criterios de exclusión nesta Wikipedia aquí. Porén, considero que a fonte que achegas é unha fonte válida polo que creo que o máis recomendable é:
- Que non revirtas máis veces as contribucións deste usuario, xa que te expós a un bloqueo por guerra de edicións. Isto inclúe tamén novas edicións sobre as partes controvertidas.
- Vou tentar verificar esa obra (a orixinal, non o escaneado do blog) e unha vez confirmada entrarei a modificar a referencia do blog pola da publicación de orixe. Isto debería abondar para solucionar o conflito.
- Igualmente, logo dos outros pasos, poreime en contacto co outro usuario, xa que non pertence a esta comunidade.
Agardo que todo isto sexa suficiente, pero levarame uns días. Para calquera consulta ou dúbida, por favor, escríbeme na miña páxina de conversa. Un saúdo.Maria zaos (conversa) 3 de outubro de 2019 ás 08:58 (UTC)
- Ola, si, vin o autor claro no blogue O martes terei acceso ao libro físico e xa axusto as referencias. Se polo que sexa consideras que sería moi tarde, vin que ten a súa tese dixitalizada e penso que podería valer? (Non a lin aínda). Avísame de ser o caso e axusto o texto en función do texto da tese ou buscolle outra volta ao tema. Un saúdo.Maria zaos (conversa) 4 de outubro de 2019 ás 15:57 (UTC)
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola BraisSieira. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 7 de abril de 2022 ás 20:17 (UTC)
- Pronto! Un saúdo BraisSieira (conversa) 7 de abril de 2022 ás 20:35 (UTC)