Conversa usuario:Vímara Peres
Benvido(a) á Galipedia, Æþelwulf!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.--AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 14:40 (UTC)
Benvido
[editar a fonte]Boas Æþelwulf, se cadra, xa que a túa especialidade é a historia da Alta Idade Media, poderías botarlle unha ollada á Categoría:Historia en progreso, que na que hai máis dun artigo por mellorar desa época. Saúdos!--AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 14:43 (UTC)
Silingos
[editar a fonte]Boas, lembra que se estás traballando nun artigo podes engadir {{enuso}} no cabezallo e así ninguén o editará mentres apareza ese marcador. Dígocho por que vín que no resumo de edición puxeches Pendente de rematar. Por favor, non borren nada ata mañá. que en realidade é difícil que alguén o lea se non vai mirando resumos normalmente. Saúdos! --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 13:23 (UTC)
- Boas, AMPERIO. Grazas pola información. Non sabía como poñelo, xa que acabo de comezar a escribir na Galipedia. En canto poida rematarei o artigo "Silingos", que é un dos que está en "Historia en Progreso". Un saúdo! Æþelwulf (conversa) 5 de febreiro de 2015 ás 21:25 (UTC)
Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos
[editar a fonte]Ola Æþelwulf.
É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:
Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2015 ás 12:58 (UTC)
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
[editar a fonte]Ola Æþelwulf.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- →
- Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 15 de febreiro de 2015 ás 09:50 (UTC)
Re
[editar a fonte]Pois unicamente podo dicir: desculpa, grazas polo artigo e grazas pola corrección.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 16 de febreiro de 2015 ás 22:57 (UTC)
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola Vímara Peres. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación →
Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 1 de febreiro de 2017 ás 19:01 (UTC)
Gonzalo Sánchez
[editar a fonte]Boas Vímara, desfixen a túa edición na páxina Wikipedia:Artigos con problemas porque esa é unha páxina que xa non se usa, só se mantén por motivos "históricos". Xa lle metiches o cartel de atención, iso fai que vaia a unha categoría especial de mantemento, Categoría:Wikipedia:Todos os artigos que requiren atención, polo que se un usuario revisa os artigos desa categoría xa o poderá atopar e traballar nel se o estima oportuno. Pola túa páxina de usuario vexo ti es especialista no tema, podes contactar co usuario que creou o artigo, Isili0n, e ver se el pode aclarar as dúbidas que vexas. O que importa é que o artigo teña referencias, precisamente nas partes das que dubidas non as hai así que todo ese texto hai que revisalo ben e poñer fontes fiables nas que basealo. Se non se poden atopar fontes para basear eses contidos haberá que cambiar o artigo.
Se precisas axuda para engadir referencias, ou outra cousa da wiki, podes deixarme unha nota na miña páxina de conversa e botareiche unha man sen problema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de febreiro de 2017 ás 03:25 (UTC)
- Eu só traducín o artigo en castelán, e todos os contidos e fontes bibliográficas proceden desta Wikipedia tamén. Se buscas a este persoeiro en Google si que hai datos del, mais como dis ti, pode tratarse dun erro xeral. Non posúo suficiente información sobre o caso, así que non podo axudarche moito, síntoo. Séntete libre de facer as edicións que vexas oportunas (sinalando as fontes pertinentes). P. D.: Déixoche aquí un artigo en castelán do Faro de Vigo no que podemos atopar a figura deste persoeiro: Desembarco en Jakobsland. Saúdos.--Isili0n (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 14:48 (UTC)