Mundial de Fútbol de 1970
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol ![]() |
---|---|
Mascota | Juanito (pt) ![]() ![]() |
Organizador | FIFA ![]() |
Composto por | |
Número de participantes | 16 ![]() |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización |
Estádio León (pt) ![]() Estádio Jalisco (pt) ![]() Estádio Cuauhtémoc (pt) ![]() Estadio Azteca (Coyoacán) Estadi Nemesio Díez (Toluca de Lerdo) ![]() |
País | México ![]() |
Intervalo de tempo | 31 de maio de 1970 – 21 de xuño de 1970 ![]() |
Número de edición | 9 (1970) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Brasil (3º) ![]() |
Datos estatísticos | |
Partidos | 32 ![]() |
Goles | 95 ![]() |
Máis goles marcados | Gerd Müller↔ Alemaña (10) ![]() |
Número de espectadores | 1.603.975 ![]() |
O Mundial de Fútbol de 1970 foi a novena edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo da FIFA. O torneo celebrouse entre o 31 de maio e o 21 de xuño en México, sendo esta a primeira edición do torneo con sede en América do Norte, así como a primeira fóra de Europa e América do Sur. Na fase de clasificación para o torneo, que comezou en maio de 1968, participaron seleccións representando a 75 países de seis continentes. Deste proceso saíron catorce equipos que se uniron á anfitrioa México e aos defensores do título Inglaterra. As seleccións debutantes neste torneo foron Israel, Marrocos e O Salvador.
O campión do torneo foi o equipo do Brasil, o cal venceu na final celebrada no Estadio Azteca de Cidade de México á selección italiana por 4−1. Esta vitoria supuxo o terceiro título para os brasileiros, o que lles permitiu ficar co Trofeo Jules Rimet en propiedade. Isto supuxo que para a seguinte edición, en 1974, a FIFA introducise un novo trofeo. Esta selección do Brasil, que contaba con xogadores como Pelé, Gérson, Jairzinho, Rivellino ou Tostão, esta considerada como unha das mellores en teren participado do Mundial.[1] De feito, os brasileiros conseguiron gañar todos os seus encontros tanto da fase de clasificación como da fase final.
Pese aos problemas derivados da altitude e as altas temperaturas,[2] o torneo destacou polo seu fútbol ofensivo e a cantidade de goles marcados, sendo a media de goles por encontro deste torneo a máis alta de toda a historia. Cos avances en comunicacións por satélite, este torneo supuxo un récord de audiencia televisiva, sendo os encontros retransmitidos en directo para todo o mundo, algúns deles incluso en cor por vez primeira.[3][4]
Antecedentes
[editar | editar a fonte]De acordo aos criterios de rotación continental, despois da celbración da edición de 1966 en Inglaterra, o torneo de 1970 debía ser organizado por un país americano. Os candidatos foron México, que presentaba candidatura por vez primeira, e a Arxentina, na cal era a súa cuarta tentativa (previamente tentara organizar os campionatos de 1934, 1942 e 1962). Outras candidaturas foron presentadas, mais abandonaron antes da votación. A candidatura de México supuxo unha grande controversia debido a que o país xa fora escollido en 1963 sede dos Xogos Olímpicos de 1968. A FIFA xunto co Comité Olímpico Internacional, analizaron se organizar dúas competicións da devandita magnitude nun lapso de dous anos non sería prexudicial para a organización dos seus respectivos eventos. Con todo, o máximo organismo do fútbol chegou á conclusión de que a infraestrutura que se herdaría da Olimpíada sería beneneficiosa para a organización do mundial. Este feito, xunto coa maqueta do Estadio Azteca e maior estabilidade política do país norteamericano nese momento inclinaron a balanza ao seu favor, converténdose o 8 de outubro de 1964 no primeiro país en organizar uns Xogos Olímpicos e unha Copa do Mundo de Fútbol de forma consecutiva.
Resultados da votación | |
---|---|
País | Votos |
![]() |
|
![]() |
Renunciaron antes da votación Australia, Colombia, o Perú e o Xapón.
Clasificación
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7d/1970_TelstarDurlast.jpg/220px-1970_TelstarDurlast.jpg)
Na fase de clasificación para o Mundial foron inscritos setenta e cinco equipos, cinco dos cales retiráronse antes do comezo. Descontando os clasificados automáticos, México e Inglaterra, organizador e campión defensor, respectivamente, participaron sesenta e oito equipos, disputando 170 partidos e anotando 542 goles. A diferenza do torneo anterior, os equipos africanos recibiron por vez primeira unha praza directa na fase final (Exipto se clasificara en 1934 debido ao retiro dos seus adversarios). Esta praza foi conseguida por Marrocos. De igual forma, unha praza foi entregada ao gañador da clasificatoria de Asia e Oceanía, na que participou de maneira extraordinaria Rhodesia, excluída da CAF. Finalmente, clasificouse Israel tras vencer a Australia.
Europa contaba con oito prazas alén da de Inglaterra. Para escoller aos equipos participantes dividiuse aos vinte e nove candidatos en oito grupos, obtendo a clasificación o campión de cada un. No grupo 2, Checoslovaquia e Hungría empataron no primeiro lugar, polo que xogaron un encontro de desempate en campo neutral (Marsella). O partido foi gañado polos checoslovacos por 4−1, obtendo así a súa clasificación. América do Sur, por outra banda, dispoñía de tres prazas para dez equipos. Nun sistema semellante ao europeo, os equipos foron divididos en tres grupos, sendo o campión de cada un deles o que disputaría o Mundial. Cómpre destacar a ausencia da Arxentina despois de finalizar última no seu grupo. Foi esta a súa primeira ausencia despois de fallar nas eliminatorias.
América do Norte contaba cunha praza para trece equipos. O feito máis máis lembrado desta fase de clasificación da CONCACAF foi a chamada Guerra do Fútbol. Honduras e O Salvador levaban meses de tensión debido a diversas disputas de carácter económico, político, fronteirizo e migratorio. Durante a segunda fase da clasificatoria, ambos os países tiñan que se enfrontar en encontros de ida e volta para definir que equipo pasaba á terceira fase. No primeiro partido disputado en Tegucigalpa o 8 de xuño de 1969, o combinado local venceu por 1−0, pero en San Salvador, os salvadoreños lograron unha vitoria por 3−0, provocando o descontrol nos seareiros. Doce afeccionados hondureños serían asasinados pola multitude local, mentres en Honduras os inmigrantes salvadoreños foron atacados. As fronteiras foron pechadas e a tensión chegaría a niveis límites. Por outro lado, a federación de fútbol de Honduras presentou reclamacións á FIFA acusando ameazas de morte cara aos seus xogadores. Un terceiro partido de desempate disputado o 26 de xuño no Estadio Azteca, confirmaría a clasificación salvadoreña cunha vitoria por 3−2. Esta vitoria permitiulles xogar a terceira e definitiva eliminatoria. Nele conseguiron vencer a Haití, obtendo así o pase á fase final do Mundial. Con todo, a tensión entre ambos os países non finalizou, Aprovocando a invasión do exército salvadoreño a Honduras o 14 de xullo de 1969. Polo menos 2000 persoas faleceron durante o conflito bélico, que terminou seis días despois grazas á mediación da Organización de Estados Americanos.[5]
Lista de participantes
[editar | editar a fonte]Os seguintes foron os dezaseis equipos participantes nesta edición do torneo.
|
|
|
Sedes
[editar | editar a fonte]Para a organización dos xogos do tornos, foron seleccionados cinco estadios en cinco cidades. Alén das cidades escollidas, foron propostas sedes en Hidalgo e na cidade portuaria de Veracruz.[6] Cada un dos catro grupos nos que foron dividos os participantes no torneo disputouse nunha única sede. A única excepción foi o Grupo 2, o cal se xogou entre Puebla e Toluca. Excepto o Estadio Luis Dosal, todos os campos foron construídos durante a década de 1960, xa que México se preparaba para acollar tanto a Copa do Mundo como os Xogos Olímpicos de 1968.[7]
Dos cinco estadios utilizados para os trinta e dous partidos disputados. O máis grande e máis utilizado foi o Estadio Azteca de Cidade de México, o cal albergou dez xogos. Isto inclúe a final, o partido polo terceiro e cuarto lugar e todos os encontros do Grupo 1, no cal estaba a selección mexicana. O Estadio Jalisco de Guadalaxara albergou oito encontros, incluído todos os xogos do Grupo 3 e unha semifinal. No Estadio León xogáronse sete partidos, incluíndo todos os do Grupo 4 e un de cuartos de final. Por outra banda, o Luis Dosal de Toluca acolleu catro encontro e o Cuauhtémoc Puebla tres. Este último foi o único dos cinco que non albergou ningún encontro das eliminatorias finais.
Cidade de México | Guadalaxara | Puebla | Toluca | León |
---|---|---|---|---|
Estadio Azteca | Estadio Jalisco | Estadio Cuauhtémoc | Estadio Luis Dosal | Estadio León |
Capacidade: 107.247 | Capacidade: 71.100 | Capacidade: 35.563 | Capacidade: 26.900 | Capacidade: 23.609 |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() | |
Fase de grupos
[editar | editar a fonte]Grupo 1
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 6 | 1 | +5 |
![]() |
5 | 3 | 2 | 1 | 0 | 5 | 0 | +5 |
![]() |
2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | −1 |
![]() |
0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0 | 9 | −9 |
México | 0 - 0 | Unión Soviética | 31 de maio de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 107.160 Árbitro: Kurt Tschenscher (Alemaña Federal) |
Informe |
|||
Bélxica | 3 - 0 | O Salvador | 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 92.205 Árbitro: Andrei Rădulescu (Romanía) |
Van Moer ![]() ![]() Lambert ![]() |
Informe |
||
Unión Soviética | 4 - 1 | Bélxica | 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 95.261 Árbitro: Rudolf Scheurer (Suíza) |
Byshovets ![]() ![]() Asatiani ![]() Khmelnytskyi ![]() |
Informe |
Lambert ![]() | |
México | 4 - 0 | O Salvador | 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 103.058 Árbitro: Ali Kandil (República Árabe Unida) |
Valdivia ![]() ![]() Fragoso ![]() Basaguren ![]() |
Informe |
||
Unión Soviética | 2 - 0 | O Salvador | 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 89.979 Árbitro: Rafael Hormazábal Díaz (Chile) |
Byshovets ![]() ![]() |
Informe |
||
México | 1 - 0 | Bélxica | 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 108.192 Árbitro: Ángel Norberto Coerezza (Arxentina) |
Peña ![]() |
Informe |
||
Grupo 2
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
4 | 3 | 1 | 2 | 0 | 1 | 0 | +1 |
![]() |
3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 1 | +1 |
![]() |
3 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 0 |
![]() |
2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 1 | 3 | −2 |
Uruguai | 2 - 0 | Israel | 2 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla Asistencia: 20.654 Árbitro: Bobby Davidson (Escocia) |
Maneiro ![]() Mujica ![]() |
Informe |
||
Italia | 1 - 0 | Suecia | 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca Asistencia: 13.433 Árbitro: Jack Taylor (Inglaterra) |
Domenghini ![]() |
Informe |
||
Uruguai | 0 - 0 | Italia | 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla Asistencia: 29.968 Árbitro: Rudi Glöckner (Alemaña Democrática) |
Informe |
|||
Suecia | 1 - 1 | Israel | 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca Asistencia: 9.624 Árbitro: Seyoum Tarekegn (Etiopía) |
Turesson ![]() |
Informe |
Spiegler ![]() | |
Suecia | 1 - 0 | Uruguai | 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla Asistencia: 18.163 Árbitro: Henry Landauer (Estados Unidos) |
Grahn ![]() |
Informe |
||
Italia | 0 - 0 | Israel | 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca Asistencia: 9.890 Árbitro: Ayrton Vieira de Moraes (Brasil) |
Byshovets ![]() ![]() |
Informe |
||
Grupo 3
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
6 | 3 | 3 | 0 | 0 | 8 | 3 | +5 |
![]() |
4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 2 | 1 | +1 |
![]() |
2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | −1 |
![]() |
0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 7 | −5 |
Inglaterra | 1 - 0 | Romanía | 2 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 50.560 Árbitro: Vital Loraux (Bélxica) |
Hurst ![]() |
Informe |
||
Brasil | 4 - 1 | Checoslovaquia | 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 52.897 Árbitro: Ramón Barreto (Uruguai) |
Rivelino ![]() Pelé ![]() Jairzinho ![]() ![]() |
Informe |
Petráš ![]() | |
Romanía | 2 - 1 | Checoslovaquia | 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 56.818 Árbitro: Diego De Leo (México) |
Neagu ![]() Dumitrache ![]() |
Informe |
Petráš ![]() | |
Brasil | 1 - 0 | Inglaterra | 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 66.843 Árbitro: Abraham Klein (Israel) |
Jairzinho ![]() |
Informe |
||
Brasil | 3 - 2 | Romanía | 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 50.804 Árbitro: Ferdinand Marschall (Austria) |
Pelé ![]() ![]() Jairzinho ![]() |
Informe |
Dumitrache ![]() Dembrovschi ![]() | |
Inglaterra | 1 - 0 | Checoslovaquia | 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 49.292 Árbitro: Roger Machin (Francia) |
Clarke ![]() |
Informe |
||
Grupo 4
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
6 | 3 | 3 | 0 | 0 | 10 | 4 | +6 |
![]() |
4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 5 | +2 |
![]() |
1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 5 | 9 | −4 |
![]() |
1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 6 | −4 |
Perú | 3 - 2 | Bulgaria | 2 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León Asistencia: 13.765 Árbitro: Antonio Sbardella (Italia) |
Gallardo ![]() Chumpitaz ![]() Cubillas ![]() |
Informe |
Dermendzhiev ![]() Bonev ![]() | |
Alemaña Federal | 2 - 1 | Marrocos | 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León Asistencia: 12.942 Árbitro: Laurens van Ravens (Países Baixos) |
Seeler ![]() Müller ![]() |
Informe |
Jarir ![]() | |
Perú | 3 - 0 | Marrocos | 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León Asistencia: 13.537 Árbitro: Tofiq Bahramov (Unión Soviética) |
Cubillas ![]() ![]() Challe ![]() |
Informe |
||
Alemaña Federal | 5 - 2 | Bulgaria | 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio León, León Asistencia: 12.710 Árbitro: José María Ortiz de Mendíbil (España) |
Libuda ![]() Müller ![]() ![]() ![]() Seeler ![]() |
Informe |
Nikodimov ![]() Kolev ![]() | |
Alemaña Federal | 3 - 1 | Perú | 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León Asistencia: 17.875 Árbitro: Abel Aguilar Elizalde (México) |
Müller ![]() ![]() ![]() |
Informe |
Cubillas ![]() | |
Bulgaria | 1 - 1 | Marrocos | 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León Asistencia: 12.299 Árbitro: António Ribeiro Saldanha (Portugal) |
Zhechev ![]() |
Informe |
Ghazouani ![]() | |
Eliminatorias
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5e/Brazil_national_team_1970.jpg/300px-Brazil_national_team_1970.jpg)
Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||
Cidade de México, 14 de xuño | ||||||||||
![]() | 0 | |||||||||
Guadalaxara, 17 de xuño | ||||||||||
![]() | 1 | |||||||||
![]() | 1 | |||||||||
Guadalaxara, 14 de xuño | ||||||||||
![]() | 3 | |||||||||
![]() | 4 | |||||||||
Cidade de México, 21 de xuño | ||||||||||
![]() | 2 | |||||||||
![]() | 4 | |||||||||
Toluca, 14 de xuño | ||||||||||
![]() | 1 | |||||||||
![]() | 4 | |||||||||
Cidade de México, 17 de xuño | ||||||||||
![]() | 1 | |||||||||
![]() | 4 | |||||||||
León, 14 de xuño | ||||||||||
![]() | 3 | Terceiro posto | ||||||||
![]() | 3 | |||||||||
Cidade de México, 20 de xuño | ||||||||||
![]() | 2 | |||||||||
![]() | 1 | |||||||||
![]() | 0 | |||||||||
Cuartos de final
[editar | editar a fonte]Unión Soviética | 0 - 1 | Uruguai | 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 26.085 Árbitro: Laurens van Ravens (Países Baixos) |
Informe |
Espárrago ![]() | ||
Brasil | 4 - 2 | Perú | 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 54.233 Árbitro: Vital Loraux (Bélxica) |
Rivellino ![]() Tostão ![]() ![]() Jairzinho ![]() |
Informe |
Gallardo ![]() Cubillas ![]() | |
Italia | 4 - 1 | México | 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca Asistencia: 26.851 Árbitro: Rudolf Scheurer (Suíza) |
Guzmán ![]() Riva ![]() ![]() Rivera ![]() |
Informe |
González ![]() | |
Alemaña Federal | 3 - 2 | Inglaterra | 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio León, León Asistencia: 23.357 Árbitro: Ángel Norberto Coerezza (Arxentina) |
Beckenbauer ![]() Seeler ![]() Müller ![]() |
Informe |
Mullery ![]() Peters ![]() | |
Semifinais
[editar | editar a fonte]Uruguai | 1 - 3 | Brasil | 17 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara Asistencia: 51.261 Árbitro: José María Ortiz de Mendíbil (España) |
Cubilla ![]() |
Informe |
Clodoaldo ![]() Jairzinho ![]() Rivellino ![]() | |
Italia | 4 - 3 | Alemaña Federal | 17 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 102.444 Árbitro: Arturo Yamasaki (México) |
Boninsegna ![]() Burgnich ![]() Riva ![]() Rivera ![]() |
Informe |
Schnellinger ![]() Müller ![]() ![]() | |
Terceiro posto
[editar | editar a fonte]Alemaña Federal | 1 - 0 | Uruguai | 20 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 104.403 Árbitro: Antonio Sbardella (Italia) |
Overath ![]() |
Informe |
||
Final
[editar | editar a fonte]Brasil | 4 - 1 | Italia | 21 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México Asistencia: 107.412 Árbitro: Rudi Glöckner (Alemaña Democrática) |
Pelé ![]() Gérson ![]() Jairzinho ![]() Carlos Alberto ![]() |
Informe |
Boninsegna ![]() | |
Campión do Mundo |
---|
![]() Brasil Terceiro título |
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Goleadores
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a9/Muller_1974.jpg/150px-Muller_1974.jpg)
Con dez goles, Gerd Müller foi o máximo goleador do torneo. En total, foron marcados 95 goles por 55 xogadores, sendo tan só un deles considerado en propia meta.
- 10 goles
- 7 goles
- 5 goles
- 4 goles
- 3 goles
- 2 goles
- 1 gol
- 1 autogol
|
Premios
[editar | editar a fonte]- Bota de Ouro ao máximo goleador:
Gerd Müller
- Mellor xogador novo (outorgado retrospectivamente):
Teófilo Cubillas
- Premio ao xogo limpo:
Perú
Clasificación retrospectiva
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e9/Jairzinho_1974.jpg/220px-Jairzinho_1974.jpg)
En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[8] A clasificación de 1970 foi a seguinte:
P | Selección | G | X | V | E | D | GF | GC | DF | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | ![]() |
3 | 6 | 6 | 0 | 0 | 19 | 7 | +12 | 12 |
2 | ![]() |
2 | 6 | 3 | 2 | 1 | 10 | 8 | +2 | 8 |
3 | ![]() |
4 | 6 | 5 | 0 | 1 | 17 | 10 | +7 | 10 |
4 | ![]() |
2 | 6 | 2 | 1 | 3 | 4 | 5 | −1 | 5 |
Eliminados en cuartos de final | ||||||||||
5 | ![]() |
1 | 4 | 2 | 1 | 1 | 6 | 2 | +4 | 5 |
6 | ![]() |
1 | 4 | 2 | 1 | 1 | 6 | 4 | +2 | 5 |
7 | ![]() |
4 | 4 | 2 | 0 | 2 | 9 | 9 | 0 | 4 |
8 | ![]() |
3 | 4 | 2 | 0 | 2 | 4 | 4 | 0 | 4 |
Eliminados na fase de grupos | ||||||||||
9 | ![]() |
2 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 0 | 3 |
10 | ![]() |
1 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | −1 | 2 |
![]() |
3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | −1 | 2 | |
12 | ![]() |
2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 1 | 3 | −2 | 2 |
13 | ![]() |
4 | 3 | 0 | 1 | 2 | 5 | 9 | −4 | 1 |
14 | ![]() |
4 | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 6 | −4 | 1 |
15 | ![]() |
3 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 7 | −5 | 0 |
16 | ![]() |
1 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0 | 9 | −9 | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Story of the 1970 World Cup" [A historia da Copa do Mundo de 1970] (en inglés). BBC. 12 de maio 2010.
- ↑ "Soccer play in Mexico stirs altitude controversy" [A práctica do fútbol en México suscita controversia pola altitude]. Free-Lance Star (en inglés) (Fredericksburg, VA). Associated Press. 2 de xuño de 1970. p. 6.
- ↑ "1970 FIFA World Cup Mexico" [Copa do Mundo da FIFA de México 1970] (en inglés). FIFA. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2008.
- ↑ "40 years since first World Cup in colour" [40 anos desde a primeira Copa do Mundo en cor] (en inglés). TVlicensing.co.uk.
- ↑ Montero, Daniel (4 de maio de 2020). "La chispa del fútbol para ir a una guerra" [A faísca do fútbol para ir a unha guerra]. La Región.
- ↑ "Del 31 de mayo al 21 de junio de 1970" [Do 31 de maio ao 21 de xuño de 1970]. La Nación (en castelán). 30 de xuño de 1967.
- ↑ "Building for the future" [Construíndo para o futuro]. The Christian Science Monitor (en inglés). 19 October 1967. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2020.
- ↑ "FIFA World Cup: Milestones, facts & figures. Statistical Kit 7" [Copa Mundial da FIFA: Fitos, feitos e figuras. Documento estatístico 7] (PDF) (en inglés). FIFA. 26 March 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de maio de 2013. Consultado o 03 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web sobre o mundial en da FIFA.com Arquivado 29 de xuño de 2020 en Wayback Machine.