Copa do Rei de Rugby 2013-2014
Tipo | tempada deportiva |
---|---|
Deporte | rugby |
Número de participantes | 8 |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 2013-2014 |
Intervalo de tempo | – 12 de xaneiro de 2013 |
Competición | |
Primeiro posto | Valladolid Rugby Asociación Club |
Na tempada 2013-2014 disputouse a 81ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., acadaron o dereito a competir no torneo os oito equipos que ocuparon os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga regular.
Na final, xogada no Estadio Nueva Balastera de Palencia o 27 de abril de 2014, o VRAC Quesos Entrepinares de Valladolid acadou o seu terceiro título copeiro derrotando por 40 a 18 ó Bathco Independiente de Santander, equipo que disputaba a primeira final da súa historia.
Formato
[editar | editar a fonte]O formato do torneo contou con 3 fases eliminatorias:
- Cuartos de final: Un único encontro xogado no campo do equipo mellor situado na liga. Os enfrontamentos foron 1º vs 8º, 2º vs 7º, 3º vs 6º, 4º vs 5º.
- Semifinais: Por sorteo puro, disputáronse a ida e volta.
- Final: Un único encontro xogado nun campo elixido pola Federación Española de Rugby.
Participantes
[editar | editar a fonte]Os oito equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaron o dereito a participar na Copa do Rei os oito primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta.
Así quedou a táboa da liga trala primeira volta (os oito equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul):[1]
Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | P+ | P- | Bonus |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | Independiente | 41 | 11 | 9 | 0 | 2 | 281 | 201 | 5 |
2º. | VRAC | 41 | 11 | 8 | 0 | 3 | 307 | 209 | 9 |
3º. | El Salvador | 39 | 11 | 8 | 0 | 3 | 305 | 199 | 7 |
4º. | At.Madrid | 38 | 11 | 8 | 0 | 3 | 300 | 236 | 6 |
5º. | Ordizia | 34 | 11 | 7 | 0 | 4 | 266 | 215 | 6 |
6º. | Cisneros | 31 | 11 | 6 | 0 | 5 | 264 | 283 | 7 |
7º. | Getxo | 30 | 11 | 6 | 0 | 5 | 264 | 226 | 6 |
8º. | Gernika | 24 | 11 | 4 | 0 | 7 | 292 | 280 | 8 |
9º. | Hernani | 20 | 11 | 4 | 0 | 7 | 227 | 308 | 4 |
10º. | Vigo | 18 | 11 | 3 | 0 | 8 | 239 | 320 | 6 |
11º. | Santboiana | 15 | 11 | 2 | 0 | 9 | 188 | 328 | 7 |
12º. | Ciencias | 11 | 11 | 1 | 0 | 10 | 192 | 323 | 7 |
Torneo
[editar | editar a fonte]- Cuartos de final: Encontro único (11/12 de xaneiro de 2014)
- Independiente 22-13 Gernika
- El Salvador 21-26 Cisneros
- At.Madrid 13-18 Ordizia
- VRAC 37-26 Getxo
- Semifinais: Encontros de ida e volta (19 de xaneiro e 2 de marzo de 2014)
- Cisneros 13-19 Independiente
- Ordizia 17-16 VRAC
- Independiente 18-18 Cisneros
- VRAC 26-21 Ordizia
- Final: Encontro único (27 de abril de 2014)
- VRAC 40-18 Independiente[2]
- Cadro da competición
Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||||
Independiente | 22 | |||||||||||
Gernika | 13 | |||||||||||
Independiente | 19 | 18 | ||||||||||
Cisneros | 13 | 18 | ||||||||||
El Salvador | 21 | |||||||||||
Cisneros | 26 | |||||||||||
Independiente | 18 | |||||||||||
VRAC | 40 | |||||||||||
At.Madrid | 13 | |||||||||||
Ordizia | 18 | |||||||||||
Ordizia | 17 | 21 | ||||||||||
VRAC | 16 | 26 | ||||||||||
VRAC | 37 | |||||||||||
Getxo | 26 |