Copa do Rei de Rugby 2014-2015
Tipo | tempada deportiva |
---|---|
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 2014-2015 |
Na tempada 2014-2015 disputouse a 82ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., tiñan dereito a competir no torneo os oito equipos que ocupasen os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga regular. A UE Santboiana, que lideraba o campionato de liga nese intre, rexeitou participar no campionato copeiro, de xeito que finalmente os participantes na Copa do Rei foron os oito equipos situados entre o segundo e o noveno posto da liga. Na final, disputada o 19 de abril de 2015 nos Campos de Pepe Rojo de Valladolid, o VRAC Quesos Entrepinares derrotou ó Complutense Cisneros por 33 a 15, facéndose coa súa cuarta Copa do Rei.
Formato
[editar | editar a fonte]O formato do torneo contaba con 3 fases eliminatorias:
- Cuartos de final: Un único encontro xogado no campo do equipo mellor situado na liga. Os enfrontamentos foron 2º vs 9º, 3º vs 8º, 4º vs 7º, 5º vs 6º.
- Semifinais: Por sorteo puro, disputáronse a ida e volta.
- Final: Un único encontro xogado nun campo elixido pola Federación Española de Rugby.
Participantes
[editar | editar a fonte]Os oito equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaban o dereito a participar na Copa do Rei os oito primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta. Trala renuncia da UE Santboiana ampliouse a clasificación para a Copa do Rei ó noveno posto da liga.[1]
Así quedou a táboa da liga trala primeira volta (os oito equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul):[2]
Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | P+ | P- | BO | BD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | Santboiana | 48 | 11 | 10 | 0 | 1 | 383 | 192 | 8 | 0 |
2º. | El Salvador | 46 | 11 | 10 | 0 | 1 | 333 | 159 | 6 | 0 |
3º. | VRAC | 45 | 11 | 9 | 0 | 2 | 301 | 213 | 7 | 2 |
4º. | Cisneros | 39 | 11 | 8 | 0 | 3 | 356 | 226 | 7 | 0 |
5º. | Independiente | 33 | 11 | 7 | 0 | 4 | 277 | 245 | 4 | 1 |
6º. | Gernika | 25 | 11 | 5 | 0 | 6 | 232 | 290 | 3 | 2 |
7º. | CRC | 21 | 11 | 4 | 1 | 6 | 174 | 245 | 1 | 2 |
8º. | Vigo | 19 | 11 | 3 | 0 | 8 | 199 | 316 | 3 | 4 |
9º. | Ordizia | 18 | 11 | 4 | 0 | 7 | 224 | 274 | 1 | 1 |
10º. | Getxo | 15 | 11 | 3 | 0 | 8 | 215 | 312 | 1 | 2 |
11º. | Barcelona | 15 | 11 | 1 | 1 | 9 | 247 | 285 | 3 | 6 |
12º. | Hernani | 6 | 11 | 1 | 0 | 10 | 152 | 336 | 0 | 2 |
Torneo
[editar | editar a fonte]- Cuartos de final: Encontro único (20/21 de decembro de 2014)
- Cisneros 26-0 CRC
- Independiente 80-39 Gernika
- El Salvador 30-13 Ordizia
- VRAC 92-8 Vigo
- Semifinais: Encontros de ida e volta (11 de xaneiro e 1 de febreiro de 2015)
- Cisneros 38-30 Independiente
- El Salvador 12-22 VRAC
- Independiente 19-23 Cisneros
- VRAC 9-0 El Salvador
- Final: Encontro único (19 de abril de 2015)[3]
- VRAC 33-15 Cisneros[4]
- Cadro da competición
Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||||
Cisneros | 26 | |||||||||||
CRC | 0 | |||||||||||
Cisneros | 38 | 23 | ||||||||||
Independiente | 30 | 19 | ||||||||||
Independiente | 80 | |||||||||||
Gernika | 39 | |||||||||||
Cisneros | 15 | |||||||||||
VRAC | 33 | |||||||||||
El Salvador | 30 | |||||||||||
Ordizia | 13 | |||||||||||
El Salvador | 12 | 0 | ||||||||||
VRAC | 22 | 9 | ||||||||||
VRAC | 92 | |||||||||||
Vigo | 8 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Arranca la Copa del Rey, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ La Santboiana se proclama campeón de invierno, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ VRAC y Cisneros alcanzan la final de Copa, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ El VRAC no da opciones y revalida la Copa del Rey, artigo de Marca. (en castelán)