Copa do Rei de Rugby 2019-2020
Localización e Datas | |
---|---|
País | España |
Na tempada 2018-2019 levouse a cabo a 87ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español, organizado pola F.E.R..
Disputaron esta competición da Copa do Rei os catro equipos que quedaron en primeiro lugar nos resultados habidos na primeira volta da División de Honra de cada un dos catro grupos de tres equipos que foron creados por sorteo entre os doce equipos que constituían a División de Honra, de xeito que cada equipo xogou dentro do seu grupo un encontro como local e outro como visitante.
As eliminatorias de semifinais disputáronse a partido único, por sorteo entre os catro equipos clasificados. A final disputouse a partido único entre os dous vencedores das semifinais nun campo designado pola federación, que nun principio foi o Estadio Ruta de la Plata de Zamora, pero que tralo adiamento por mor da pandemia da COVID foi o Campo de Rugby de San Amaro en Burgos.
Clasificación a través do torneo de liga
[editar | editar a fonte]Os doce equipos da División de Honra foron agrupados por sorteo de tres en tres, resultando catro grupos. Empregando os resultados da primeira volta do campionato de liga quedaron clasificados para as semifinais da Copa do Rei os primeiros clasificados de cada grupo.
Nesta tempada adoptouse o novo sistema de puntos bonus por ensaios. En anteriores edicións o bonus ofensivo acadábase anotando catro ensaios ou máis. Dende a tempada 2019-2020 o bonus ofensivo acádase gañando o encontro anotando tres ensaios ou máis que o equipo rival. Por outra banda os puntos bonus defensivos seguen acadándose cando se perde o encontro por unha diferenza de sete puntos ou inferior.
|
|
Torneo da Copa do Rei
[editar | editar a fonte]O Copa do Rei comezou propiamente coas semifinais, de xeito que nesta edición o torneo contou oficialmente con catro participantes e constou de tres encontros: as dúas semifinais e a final.
- Semifinais: Encontro único (22 de decembro de 2019) [1]
- VRAC 11-15 Alcobendas
- El Salvador 31-20 Barcelona
- Final: Encontro único (18 de outubro de 2020) [2]
- Alcobendas 24-18 El Salvador
- Cadro da competición
Semifinais | Final | ||||||
22/12/19 - Pepe Rojo (Valladolid) | |||||||
VRAC | 11 | ||||||
Alcobendas | 15 | ||||||
18/10/20 - San Amaro (Burgos)[3] | |||||||
Alcobendas | 24 | ||||||
El Salvador | 18 | ||||||
22/12/19 - Pepe Rojo (Valladolid) | |||||||
El Salvador | 31 | ||||||
Barcelona | 20 |
A final da Copa do Rei de rugby tivo lugar en Burgos, cidade que xa acollera unha final de Copa no ano 1984. O encontro rematou co resultado de 24 a 18 a prol do Club Alcobendas Rugby, que deste xeito acadou o seu segundo título consecutivo nesta competición.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alcobendas y El Salvador jugarán la final de la Copa del Rey en Zamora, artigo en Marca. (en castelán)
- ↑ Javi López da la Copa del Rey al Alcobendas, artigo en Marca. (en castelán)
- ↑ Burgos será finalmente la sede de la final de Copa del Rey tras la renuncia del Zamora RC, artigo en Marca. (en castelán)