Saltar ao contido

Coral Polifónica Eumesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coral Polifónica Eumesa
Tipocoro
Data de fundación1970
SedePontedeume
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

A Coral Polifónica Eumesa é unha agrupación coral de Pontedeume fundada en 1970 polo interese do seu primeiro director, o músico eumés Antonio Leira Díaz, máis coñecido polo seu alcume, O Patolo. É membro da Federación Coral Galega (FECOGA).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No mes de febreiro de 1970 Antonio Leira impulsa a formación dunha coral en Pontedeume, axudando a formar a directiva da sociedade e ofrecéndose el mesmo a exercer a dirección musical. O domingo 29 de marzo dese ano, a coral fai a súa presentación oficiosa na igrexa parroquial da vila, cantando a misa e tres salmos, amais de dous motetes de Mason e Haendel[1]. A presentación oficial ten lugar o 19 de xuño de 1970 no desaparecido Cine Eume. Nestas dúas primeiras actuacións integran a coral 75 e 70 voces respectivamente.

Antonio Leira dirixe a coral ata o ano 1982 no que, por motivos de saúde, cede a batuta a Antonio Illobre Toimil, mais a comezos de 1984 retoma a dirección o primeiro ata que abandona esta definitivamente a finais dese ano. O director desde 1985 é Xosé Paz Fernández, estudoso da tradición musical eumesa. Actualmente son arredor de 35 as voces da coral.

Durante todos estes anos actuou en numerosos lugares da xeografía galega e española. Así mesmo colabora co Concello na organización do Festival de Habaneras que se celebra desde 2004.

O seu repertorio é moi amplo, estando integrado por unha morea de estilos, fundamentalmente polifonía galega, clásica e antiga, habaneras, panxoliñas e música sacra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Recensión da Coral no caderniño do volume II do CD colectivo Musiceum. D.L. VG569-98.